O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 19 de octubre de 2012

COMO RECOPILAN OS ROEDORES O ALIMENTO PARA O INVERNO?

MIRADE A ESTE HAMSTER,COMO ALMACENA A COMIDA QUE ATOPA,PARA LOGO LEVALA ATA A SÚA MADRIGUEIRA E ASÍ TER COMIDA DABONDO PARA HIBERNAR NO INVERNO.
OS ESQUÍOS,OS OURIZOS,AS DONICELAS...FAN DE IGUAL XEITO QUE O HAMSTER .
ASOMBRÁDEVOS DA CAPACIDADE DOS SEUS CACHETES(Mofletes).
É UNHA FABULOSA CESTA DA COMPRA.

SABEDES O QUE É HIBERNAR?
OS VOSOS FILLOS/AS SI QUE O SABEN.

Durante o inverno, nas rexións tépedas e frías, a natureza permanece como durmida. Vai frío, o chan cóbrese de neve, as plantas repousan (algunhas perderon as follas) e os insectos non abundan: as condicións de vida vólvense difíciles e o alimento escasea. A hibernación é un bo xeito de pasar a estación fría sen dificultades!
Coa calor da primavera... a natureza rexorde e o alimento volve estar dispoñible. Os animais que  hibernaron durante o inverno volven ao seu estado normal.
QUE ANIMAIS HIBERNAN?Os animais que hibernan son pequenos mamíferos, principalmente roedores.
Moitos roedores hibernan durante todo o inverno, como as marmotas, os hámsters, os esquios de terra,as donicelas ou os muscárdinos. Algunha vez oíches a expresión ,durmes como un lirón?? Dise iso porque os liróns son uns mamíferos pequenos que dormen durante todo o inverno. En climas moi fríos os liróns poden hibernar durante seis meses. Seguro que ti nunca durmiches tanto!
Ademáis dos roedores, tamén hibernan outros mamíferos, como o ourizo e algúns morcegos. As aves, xeralmente, non hibernan; pero realizan longas migracións ata zonas máis cálidas, onde pasan o inverno. O chotacabras pachacua ou chotacabras de Nattal, que vive en América do Norte, é unha das poucas aves que realmente hibernan. Estes paxaros pasan o inverno dormidos nos buracos das rochas. Outros paxaros, como o vencejo común ou a anduriña, son capaces de aletargarse e poden chegar a ese estado de letargo en calquera momento, cando o alimento empeza a escasear; con todo, non se considera unha verdadeira hibernación.
COMO SE PREPARAN Os ANIMAIS PARA HIBERNAR?Durante o verán e comezos do outono, os animais que van  hibernar empezan a comer moito máis que antes. Engordan e acumulan reservas en forma de graxas. Por exemplo, o lirón duplica o seu peso antes de empezar a hibernación.
Ademáis, os animais preparan coidadosamente o refuxio onde van pasar eses meses: a marmota fai un tobo no chan e recúbrea con herbas; o ourizo acondiciona un niño con follas ou herbas; o lirón elixe unha cavidade, como o buraco dunha árbore e o tapiza con plantas.
No tobo, os animais adoitan a forma dunha bóla para protexerse mellor do frío. Cando varios hibernan xuntos, se apelotonan uns xunto aos outros.
SE QUEREDES MIRAR FOTOS DE ANIMAIS QUE HIBERNAN,PREMEDE NESTA PRECIOSA FOTO DE OURIZOS.
UNHA COUSA MOI IMPORTANTE:
SE ATOPADES OURIZOS,DONICELAS...NESTA ÉPOCA DO ANO,NON OS COLLADES POIS AMEDRÉNTANSE E DESORIÉNTANSE DO SEU HÁBITAT E É MOI PERXUDICIAL PARA ELES.
NON ESQUEZAMOS QUE ESTÁN EN PERIGO DE EXTINCIÓN E PODEN MORRER,AÍNDA QUE OS DEIXEMOS DESPOIS EN LIBERDADE,AO NON ATOPAR A SÚA CASIÑA.
AGORA XA A TEÑEN MONTADA PARA O INVERNO E NON LLES DARÍA TEMPO A FACER OUTRO REFUXIO.
OBSERVÉMOLOS A DISTANCIA,CON ISO XA É DABONDO.
SE RESPEITAMOS Á NATUREZA,RESPEITÁMONOS A NÓS MESMOS.
NA NOSA AULA TRABALLAMOS UN FERMOSO CONTO QUE FALA DUN OSO QUE HIBERNOU E É UN CANTO Á AMIZADE.
"OSCAR TIENE FRÍO".
ESCOITAMOS O CONTO,TRABALLAMOS A SÚA DRAMATIZACIÓN,A COMPRENSIÓN DO TEXTO E O QUE NOS QUERE COMUNICAR O DESENLACE DO CONTO.
SE QUEREDES ESCOITALO,PREMEDE NA PORTADA DO LIBRO E ESCOITAREDES A VOZ DUNHA GRAN AMIGA E EXCOMPAÑEIRA DE ESCOLA DA PROFE MARICRUZ,A PROFE DOLO DO CEIP "CHANO PIÑEIRO" DE GONDOMAR,ANTIGA ESCOLA DA NOSA PROFE.
UNHA APERTA MOI FORTE A TÓDOLOS COMPAÑEIROS/AS E EXALUMNOS/AS DA PROFE MARICRUZ DO CEIP "CHANO PIÑEIRO".

1 comentario:

  1. Me gusta la informacion que das,maricruz,es muy positiva para los niños y para los padres.Enhonabuena por tu trabajo.Mª josé y Luis.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.