O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 25 de octubre de 2012

PREPARÁMONOS PARA "O SAMAÍN".

SABEDES QUÉ SE CELEBRA NO SAMAÍN?
SE QUEREDES SABELO,CONSULTADE AS ENTRADAS , NESTE BLOGUE,COAS ETIQUETAS DE SAMAÍN 2010 E SAMAÍN 2011.ATOPARÉDELAS NA PARTE DEREITA  CARA AO FINAL DO BLOGUE.
APRENDEREDES COUSAS INTERESANTES COMO QUE A FESTA AMERICANA DERIVA DA NOSA,"O SAMAÍN",QUÉ SE CELEBRA,ALGÚNS COSTUMES NA NOSA COMARCA E NO BAIXO MIÑO,CAL É A ORIXE DAS CABAZAS CON CANDEAS DENTRO...
LEMBRADE QUE A SEMANA QUE VEN IMOS FACER A EXPOSICIÓN DE CESTAS DE OUTONO,ELABORADAS POLAS FAMILIAS, E OUTRA COS CALACÚS(CABAZAS DE SAMAÍN).
CLASIFICAREMOS OS FROITOS DE OUTONO,DEGUSTARÉMOLOS ESCOMEZANDO POLOS CARNOSOS E REMATANDO POLOS SECOS,...E APRENDEREMOS UN MONTÓN DE COUSAS.
ALGÚNS NEN@S XA TROUXERON OS SEUS CALACÚS,COMO SILVIA E IRIA.
MIRADE QUE CHULAS!

NA NOTA QUE CHEGOU ÓS VOSOS FOGARES,EXPLICABA COMO SE BALEIRABA UNHA CABAZA.
SE NON VOS QUEDOU CLARO,CON ESTE VÍDEO MIRAREDES O SINXELO QUE É.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.



FIXEMOS PEQUENOS TRABALLIÑOS  DE SAMAÍN PARA DECORAR A NOSA AULA.
ESTÁ PRECIOSA,CONTAMOS CONTOS DE MEDO,FALAMOS DE MORCEGOS,BRUXAS,ESQUELETES...TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS E ADEMÁIS CONFECCIONAMOS UN PRENDEDOR DE CABAZA CON GOMA EVA E DIVERMAGIC PARA O DÍA DA FESTA,MOITÍSIMAS COUSAS QUE NON COLLEN NESTA ENTRADA DE BLOGUE.
A QUE ESTÁN CHULOS OS PRENDEDORES?
MIRADE O PROCESO DE ELABORACIÓN.

AGORA QUEREMOS QUE VEXADES COMO QUEDOU A NOSA AULA DE BONITA.
POR QUE NON LLE PREGUNTADES AOS VOSOS FILLOS POR ESTA POESÍA?
VAN SORPRENDERVOS.
UNHA BICO PARA TOD@S DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.