O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 10 de noviembre de 2012

O GRAN "NAPOLEÓN".UNHA ESTRELA NA NOSA AULA.

O NOSO CONSERXE,PABLO,TEN AMAESTRADA A UNHA MASCOTA MOI ESPECIAL,"NAPOLEÓN",UN PERIQUITO MOI LISTO QUE FIXO AS DELICIAS DE TÓDOLOS NEN@S DE 3 ANOS.QUEREDES VER ALGO DA SÚA ACTUACIÓN?
NUN PRIMEIRO INTRE,NAPOLEÓN ESTABA UN POUQUIÑO ASUSTADO E NON OBEDECÍA A PABLO.
PERO DESPOIS...MIRADE COMO VAI ,OBEDIENTE,CARA A SÚA GAIOLA.

FOTOS DA ACTUACIÓN E CANCIÓN QUE APRENDIMOS, 
"MEU PINTIÑO AMARELIÑO".
ESCOLMA DE PEQUENOS TRABALLIÑOS SOBRE O PINTIÑO AMARELIÑO E O PERIQUITO NAPOLEÓN, COLOREADO NO ORDENADOR,DEBUXOS DO PROTAGONISTA,CONFECCIÓN DA MONTAXE FOTOGRÁFICA DO PERIQUITO ...
POR SE QUEREDES TER UN PERIQUITO...

Periquito 01 O periquito é un excelente animal de compaña para aqueles amantes das aves. Logo de decidir que periquito escoller entre a gran gama que existe entre cromática e tipos, hai que saber como coidalo.

O primeiro a ter en conta é que os coidados do periquito son fáciles e sinxelos. Ademáis o noso peto non se verá moi afectado porque é bastante económico manter a este animaliño.

-Gaiola: Faranos falta ter unha gaiola adaptada ás súas medidas con forma rectangular( no mercado existen gaiolas especificas para periquitos). Esta debe levar barras metálicas separadas por 0,8 cm. O material da gaiola debe ser metal e dentro hai que situar un bebedoiro, un comedero e unha bañeira de plástico. Así mesmo, debemos introducir area para gatos e óso de choco.
- Limpeza: Debemos desinfectar a gaiola polo menos unha vez ao mes e cambiar a area unha vez á semana. A auga debe cambiarse todos os días e lavar o bebedoiro e comedero cada tres.


- Alimentación: O noso paxaro comerá alpiste, mijo, avena e cañamón. A verdura e a froita tamén son moi importantes na súa dieta.

- Convivencia: É mellor criar a dous periquitos á vez xa que en parella están mellor. Podemos ter unha femia e un macho ou dous machos, pero nunca dúas femias porque se pelexan.

- Temperatura: Hai que ter coidado coa temperatura á que lle exporemos, xa que esta debe estar entre os 20 e 26 graos. A estancia onde se atope debe estar iluminada e sen correntes de aire.

-Saúde: É moi resistente ás enfermidades, pero hai que prestar especial atención se o noso periquito ten diarrea, as ás caídas, o estómago ou os ollos máis grandes do normal,porque hai que acudir ao veterinario.

Estes son os coidados básicos do periquito. Ter un é algo sinxelo, económico e con poucos riscos. Así que vos animamos a adquirir un.
E por se queredes convertirvos en expertos en periquitos podedes visitar unha web moi completa ,premendo no seu nome: PERIQUITOLANDIA
E SE QUEREDES COLOREAR ON-LINE UN PERIQUITO,GARDAR O TEU DEBUXO OU IMPRIMILO,PREME NO DEBUXO QUE FERNANDO FIXO NA CLASE E...A DIVERTIRSE!.

MOITAS GRAZAS A PABLO E A NAPOLEÓN POLA SÚA SIMPÁTICA VISITA E UN BIQUIÑO MOI FORTE DOS NEN@S DE 3 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.