Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 13 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016 NA AULA E NA ESCOLA.


LEVAMOS XA ,CASE UN MES A TRABALLAR O OUTONO.
UNHA DAS FACETAS DESTE SON OS SEUS FROITOS,CARNOSOS E SECOS,OS ANIMAIS NO OUTONO,A NOSA CONTORNA E O MAGOSTO EN GALIZA,NA NOSA CONTORNA E NA ESCOLA.
NOUTRAS ENTRADS DOUTROS ANOS XA VOS EXPLICAMOS O QUE É O MAOSTO E ,NESTA ENTRADA,ABORDAREMOS AS SÚAS ORIXES.
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra. 
Hai quen a fai vir do latín magnus ustus 'gran fogueira', dentro dos cultos ígneos que, como a noite de san Xoán, marcaban o paso das estacións; outros, de magnus, que significaría ou ben 'magno, grande', ou ben 'mago, maxia'; e outros do celta mag, campo ou mesmo do protocelta *Magon- e *glustu- 'gran luz' ou *Magon- e *ouxto- 'gran frío'. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran boneco ou espantallo feito entrabando pólas e que simbolicamente presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras atlánticas.

Murguía relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían a morte e o viño novo a vida. Mariño Ferro tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos ritos funerarios. Sexa como for, si se atopou relación da castaña con ritos funerarios e documéntase dende antigo o costume de asar castañas ese día.
Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume de asar castañas. O historiador Bernardo Barreiro recolle esta descrición das enchentes que se celebraban xa no século XVI para celebra-lo Día de Defuntos:

Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais.
Mais, a explicación máis repetida lévanos a pór en relación este substantivo co verbo agostar, que significa ‘facer perder a humidade’, o que se pode dar por unha calor excesiva, como a que se lles aplica ás castañas no magosto.
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a san Martiño de Tours. Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera outra cousa.Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as ánimas viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.


 E AGORA UNHA PEQUENA MOSTRA DALGUNHAS ACTIVIDADES DE AULA E DE CENTRO.
*ESTUDO DOS ANIMAIS NO OUTONO:
O OURIZO RIZO E ESPINETE.
 COMO O FIXEMOS?


GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NA RECOLLIDA DE FROITOS DE OUTONO E FOLLAS SECAS.

 *COÑECEMENTO,ESTUDO,CLASIFICACIÓN E DEGOSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO.

*DISTINTIVOS DÍA DA FESTA.
 *CORNETES OU CUCURUCHOS PARA AS CASTAÑAS.
 *CANTIGAS,POEMAS,REFRÁNS...


 * DIVERSOS CONTOS E ACTIVIDADES LINK SOBRE A CASTAÑA E O MAGOSTO.


http://actividadeslim.blogspot.com.es/2011/11/castaneira.html
PREMER NA FOTO DA CASTAÑEIRA.
 *FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA.
  • OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS. Dende as nove da mañá un gran grupo de pais e nais colaboradores, adicaron todas as súas enerxías a atasnicar as castañas doadas pola ANPA da escola, revisar as traídas polas familias, preparar os asadores, pegar carteis, colaborar cos mestres na organización dos obradoiros de nenos,  e facer o gran cartel que presidía a festa.
  • OBRADOIROS PARA O ALUMNADO.Os nosos nenos e nenas, prepararonse de 9 a 11 nas clases, para celebrar do mellor xeito posible o Magosto. Foi dende as 11:30, cando en grupos cooperativos, con nenos de varias idades mezcladas, gozaron das distintas actividades preparadas para eles.
@S NEN@S DE ED. INFANTÍL,FIXEMOS DIFERENTES OBRADOIROS: XOGAMOS A TIRAR BOLOS,AO TRAGACASTAÑAS,A PESCAR A BOTELLA,CREATIVOS MURAIS DE OUTONO.
  DISTRIBUÍMONOS EN CATRO GRUPOS MIXTOS,DIFERENCIADOS POR CORES.

OS DA PROFE MARICRUZ FORON O GRUPO AZUL. MIRADE,MIRADE,QUE CAMPIÓNS E CAMPIONAS TEMOS!
ADEMÁIS,POIDEMOS DEGOSTAR AS CASTAÑAS COAS NOSAS FAMILIAS E ATA FACERNOS UNHA FOTO TOD@S XUNTOS.
PASÁMOLO FENOMENAL!
MOITÍSIMAS GRAZAS AO ANPA DA NOSA ESCOLA,POLO GRAN TRABALLO QUE FIXERON,PARA QUE ESTA FESTA SAÍRA MARABILLOSAMENTE BEN.


FESTA MAGOSTO 2.016 II

UNHA APERTA AFECTUOSA DOS NEN@S DE 4 ANOS E A PROFE MARICRUZ.