Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 26 de octubre de 2012

"LAGARTI":Unha sorpresa no patio da escola.


Imos falar das lagartijas máis normais que hai en Galicia, as que é máis probable que vexamos e/ou collamos saíndo ao campo ou en calquera pobo ou cidade. A máis normal de todas é a chamada “lagartija hispánica ou ibérica”, en latín “Podarcis hispanica”.

Esta é a que atopou Pablo,o noso novo conserxe,no patio do cole e tróuxonola á clase mentres acendiamos o precioso e terrorífico calacú de Iria coas luces apagadas da clase.

Tamén hai outra lagartija moi común que é a chamada “lagartija colilarga”, en latín “Psammodromus algirus”, chamada así pola extensión da súa cola, a cal supera a do propio corpo.
ESTE É LAGARTI.

Á mantenta diso,de todos é sabido a facilidade con que as lagartijas perden a súa cola. En realidade non é que lla quitemos,como pensaba Pablo,o noso conserxe, ao porlles a man enriza, senón que son elas mesmas as que a rachan mediante un mecanismo incrible. Desta forma a lagartija escápase e como ademáis a cola segue movéndose durante bastante tempo, moitas veces o animal que intentou cazala queda sorprendido e sen saber que facer. O caso é que moitas lagartijas sálvanse así dunha morte segura. E o máis sorprendente aínda é que a cola vólvelles a saír e de feito é frecuente ver lagartijas ás cales medroulles unha nova cola. Ata este fenómeno pódelles suceder máis dunha vez na súa vida.
Con todo ,a perda da cola ten consecuencias para o animal, posto que a nova non é nin tan grande nin tan flexible nin resistente como a primitiva. Así que as lagartijas con segundas ou terceiras colas móvense con máis dificultade, regulan peor a temperatura do seu corpo e perden parte do seu atractivo sexual, xa sexan machos ou femias. Así que coidado ao capturar lagartijas, procurade facelo con coidado para que non perdan a cola e, ante a dúbida, mellor será deixalas en paz e limitarnos a observalas e facerlles algunhas fotografías.


A vida das lagartijas vai entre os tres e os cinco anos (ás veces máis), gran parte dos cales pásanos hibernando nas covas ou gretas onde habitan. No entanto se o día é asollado, poden saír a tomar o sol ou ata capturar algún insecto se é que os hai.
Na primavera e verán aliméntanse de pequenos saltóns, escaravellos, pulgóns, grilos, etc. ou ben arañas, así como larvas de distintos insectos. Ás veces son capaces de comer ás súas propias críanzas se conseguen cazalas, claro. Á súa vez as lagartijas son bocado preferido de lagartos, víboras, culebras, aves como a pega, os mouchos, os alcotanes, os alcaudones, etc., ou mamíferos como a donicela, o gato montés ou o propio gato doméstico.

Os machos defenden o seu territorio dos outros machos, podéndose presenciar algunhas pelexas espectaculares. Isto ten lugar entre os meses de marzo e xuño. Os vencedores teñen acceso ás femias ás que practicamente “capturan”. Éstas escavan pequenos ocos na terra onde depositan os ovos (de 3 ó 4 ata 15 ou máis, segundo especies) e dos que ao cabo de cinco semanas ou ás veces ata case tres meses, saen unhas pequenas lagartijitas que tardan un ano en facerse maiores. No mesmo ano poden facer dous ou tres postas.
Logo de observala e aprender cousas sobre ela,puxémola en liberdade, onde a atopou Pablo,xunto coa súa coliña.Seguro que a estaba esperando a súa familia ,dentro dos muros do noso cole.
Puxémoslle de nome “Lagarti”.Lagarti,que teñas uns felices soños este inverno.Seguro que a voltamos a ver na primavera.Foi unha cousa rara vela nesta época do ano,pois debería estar xa hibernando.Non se quixo perder este marabilloso día de sol e calor de finais de outubro.


ATA PRONTO,LAGARTI!
E GRAZAS,PABLO,POLA SORPRESA.


Click to play this Smilebox slideshow

jueves, 25 de octubre de 2012

PREPARÁMONOS PARA "O SAMAÍN".

SABEDES QUÉ SE CELEBRA NO SAMAÍN?
SE QUEREDES SABELO,CONSULTADE AS ENTRADAS , NESTE BLOGUE,COAS ETIQUETAS DE SAMAÍN 2010 E SAMAÍN 2011.ATOPARÉDELAS NA PARTE DEREITA  CARA AO FINAL DO BLOGUE.
APRENDEREDES COUSAS INTERESANTES COMO QUE A FESTA AMERICANA DERIVA DA NOSA,"O SAMAÍN",QUÉ SE CELEBRA,ALGÚNS COSTUMES NA NOSA COMARCA E NO BAIXO MIÑO,CAL É A ORIXE DAS CABAZAS CON CANDEAS DENTRO...
LEMBRADE QUE A SEMANA QUE VEN IMOS FACER A EXPOSICIÓN DE CESTAS DE OUTONO,ELABORADAS POLAS FAMILIAS, E OUTRA COS CALACÚS(CABAZAS DE SAMAÍN).
CLASIFICAREMOS OS FROITOS DE OUTONO,DEGUSTARÉMOLOS ESCOMEZANDO POLOS CARNOSOS E REMATANDO POLOS SECOS,...E APRENDEREMOS UN MONTÓN DE COUSAS.
ALGÚNS NEN@S XA TROUXERON OS SEUS CALACÚS,COMO SILVIA E IRIA.
MIRADE QUE CHULAS!

NA NOTA QUE CHEGOU ÓS VOSOS FOGARES,EXPLICABA COMO SE BALEIRABA UNHA CABAZA.
SE NON VOS QUEDOU CLARO,CON ESTE VÍDEO MIRAREDES O SINXELO QUE É.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.



FIXEMOS PEQUENOS TRABALLIÑOS  DE SAMAÍN PARA DECORAR A NOSA AULA.
ESTÁ PRECIOSA,CONTAMOS CONTOS DE MEDO,FALAMOS DE MORCEGOS,BRUXAS,ESQUELETES...TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS E ADEMÁIS CONFECCIONAMOS UN PRENDEDOR DE CABAZA CON GOMA EVA E DIVERMAGIC PARA O DÍA DA FESTA,MOITÍSIMAS COUSAS QUE NON COLLEN NESTA ENTRADA DE BLOGUE.
A QUE ESTÁN CHULOS OS PRENDEDORES?
MIRADE O PROCESO DE ELABORACIÓN.

AGORA QUEREMOS QUE VEXADES COMO QUEDOU A NOSA AULA DE BONITA.
POR QUE NON LLE PREGUNTADES AOS VOSOS FILLOS POR ESTA POESÍA?
VAN SORPRENDERVOS.
UNHA BICO PARA TOD@S DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

viernes, 19 de octubre de 2012

COMO RECOPILAN OS ROEDORES O ALIMENTO PARA O INVERNO?

MIRADE A ESTE HAMSTER,COMO ALMACENA A COMIDA QUE ATOPA,PARA LOGO LEVALA ATA A SÚA MADRIGUEIRA E ASÍ TER COMIDA DABONDO PARA HIBERNAR NO INVERNO.
OS ESQUÍOS,OS OURIZOS,AS DONICELAS...FAN DE IGUAL XEITO QUE O HAMSTER .
ASOMBRÁDEVOS DA CAPACIDADE DOS SEUS CACHETES(Mofletes).
É UNHA FABULOSA CESTA DA COMPRA.

SABEDES O QUE É HIBERNAR?
OS VOSOS FILLOS/AS SI QUE O SABEN.

Durante o inverno, nas rexións tépedas e frías, a natureza permanece como durmida. Vai frío, o chan cóbrese de neve, as plantas repousan (algunhas perderon as follas) e os insectos non abundan: as condicións de vida vólvense difíciles e o alimento escasea. A hibernación é un bo xeito de pasar a estación fría sen dificultades!
Coa calor da primavera... a natureza rexorde e o alimento volve estar dispoñible. Os animais que  hibernaron durante o inverno volven ao seu estado normal.
QUE ANIMAIS HIBERNAN?Os animais que hibernan son pequenos mamíferos, principalmente roedores.
Moitos roedores hibernan durante todo o inverno, como as marmotas, os hámsters, os esquios de terra,as donicelas ou os muscárdinos. Algunha vez oíches a expresión ,durmes como un lirón?? Dise iso porque os liróns son uns mamíferos pequenos que dormen durante todo o inverno. En climas moi fríos os liróns poden hibernar durante seis meses. Seguro que ti nunca durmiches tanto!
Ademáis dos roedores, tamén hibernan outros mamíferos, como o ourizo e algúns morcegos. As aves, xeralmente, non hibernan; pero realizan longas migracións ata zonas máis cálidas, onde pasan o inverno. O chotacabras pachacua ou chotacabras de Nattal, que vive en América do Norte, é unha das poucas aves que realmente hibernan. Estes paxaros pasan o inverno dormidos nos buracos das rochas. Outros paxaros, como o vencejo común ou a anduriña, son capaces de aletargarse e poden chegar a ese estado de letargo en calquera momento, cando o alimento empeza a escasear; con todo, non se considera unha verdadeira hibernación.
COMO SE PREPARAN Os ANIMAIS PARA HIBERNAR?Durante o verán e comezos do outono, os animais que van  hibernar empezan a comer moito máis que antes. Engordan e acumulan reservas en forma de graxas. Por exemplo, o lirón duplica o seu peso antes de empezar a hibernación.
Ademáis, os animais preparan coidadosamente o refuxio onde van pasar eses meses: a marmota fai un tobo no chan e recúbrea con herbas; o ourizo acondiciona un niño con follas ou herbas; o lirón elixe unha cavidade, como o buraco dunha árbore e o tapiza con plantas.
No tobo, os animais adoitan a forma dunha bóla para protexerse mellor do frío. Cando varios hibernan xuntos, se apelotonan uns xunto aos outros.
SE QUEREDES MIRAR FOTOS DE ANIMAIS QUE HIBERNAN,PREMEDE NESTA PRECIOSA FOTO DE OURIZOS.
UNHA COUSA MOI IMPORTANTE:
SE ATOPADES OURIZOS,DONICELAS...NESTA ÉPOCA DO ANO,NON OS COLLADES POIS AMEDRÉNTANSE E DESORIÉNTANSE DO SEU HÁBITAT E É MOI PERXUDICIAL PARA ELES.
NON ESQUEZAMOS QUE ESTÁN EN PERIGO DE EXTINCIÓN E PODEN MORRER,AÍNDA QUE OS DEIXEMOS DESPOIS EN LIBERDADE,AO NON ATOPAR A SÚA CASIÑA.
AGORA XA A TEÑEN MONTADA PARA O INVERNO E NON LLES DARÍA TEMPO A FACER OUTRO REFUXIO.
OBSERVÉMOLOS A DISTANCIA,CON ISO XA É DABONDO.
SE RESPEITAMOS Á NATUREZA,RESPEITÁMONOS A NÓS MESMOS.
NA NOSA AULA TRABALLAMOS UN FERMOSO CONTO QUE FALA DUN OSO QUE HIBERNOU E É UN CANTO Á AMIZADE.
"OSCAR TIENE FRÍO".
ESCOITAMOS O CONTO,TRABALLAMOS A SÚA DRAMATIZACIÓN,A COMPRENSIÓN DO TEXTO E O QUE NOS QUERE COMUNICAR O DESENLACE DO CONTO.
SE QUEREDES ESCOITALO,PREMEDE NA PORTADA DO LIBRO E ESCOITAREDES A VOZ DUNHA GRAN AMIGA E EXCOMPAÑEIRA DE ESCOLA DA PROFE MARICRUZ,A PROFE DOLO DO CEIP "CHANO PIÑEIRO" DE GONDOMAR,ANTIGA ESCOLA DA NOSA PROFE.
UNHA APERTA MOI FORTE A TÓDOLOS COMPAÑEIROS/AS E EXALUMNOS/AS DA PROFE MARICRUZ DO CEIP "CHANO PIÑEIRO".

viernes, 12 de octubre de 2012

DÚAS VISITAS SORPRESA: "O BARDO ABELARDO"E PICOLINDO.



QUE É UN BARDO?
Entre os antigos celtas, un bardo (do celta *bardos, do PIE *gwerH2 e a través do latín bardus"erguer a voz, louvar") era unha especie de poeta oficial cuxa misión era celebrar os grandes feitos nacionais, especialmente as accións heroicas e as vitorias.
Os bardos da Galia (bardos), Bretaña (barz ou barth) e a Gran Bretaña (bard) constituían unha clase social con privilexios especiais. Continuou a existir en Irlanda (bard) e Escocia, onde na época medieval eran músicos itinerantes, empregados ás veces por un señor para o que compuñaneuloxios (ou sátiras, chegado o caso). Hoxe só se pode falar de bardos propiamente en Gales, onde reviviron a raíz de xogos florais, coñecidos como Eisteddfodau, que se recuperaron a partir de1822. No Gales moderno, un bardd é un poeta que participou nunha Eisteddfod.
Os bardos foron idealizados durante o Romanticismo por autores como Walter Scott e polosceltistas. O termo acabou significando "poeta lírico" e aplicóuselle tanto a William Shakespeare como a Eduardo Pondal. Durante o século XX o termo perdeu esa connotación celtista e acabou designando a calquera poeta.
Nós temos o noso bardo particular do DEPARTAMENTO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA do concello de Vigo,
”O bardo Abelardo”,que visitou a nosa escola e fixo as delicias de todos os nenos e nenas de ed. Infantil,do noso cole.
MOITAS GRAZAS,BARDO ABELARDO,POR FACERNOS UNHA VISITIÑA E FACERNOS SENTIR TAN FELICES.
VOLVE PRONTO!

MIRADE QUE BEN O PASAMOS E CÓMO DE SÚPETO APARECEU PICOLINDO.
VÍDEO DUNHA DAS ACTUACIÓNS.



A CASTAÑA CATARINA.

"A CASTAÑA CATARINA"  É UN CONTO PRECIOSO QUE TRABALLAMOS NA NOSA AULA.
LÉDEO.
Hai moitos anos, moitísimos anos, nun castiñeiro
do souto de Outeiro ,vivía moi feliz a castaña
Catarina.
A gustiño sentíase metida no seu ourizo, na
compaña da súa irmá. Un día de outono notou
tremelica-la súa casa:
- Qué estará ocorrendo?- Preguntábase
amedrentada.
A pachorrenta da súa irmá exclamou:
- Que ben! .Quen nos estará a bambear?
Curiosas abriron unha fendiña no ourizo, axexaron
e decatáronse de que era o vento que cada vez
sopraba con máis forza.
Tanto soprou e soprou que remataron no chan:
- Ai, ai, ai…!! As miñas costas- Dixo Catarina.
- Ui, ui, ui…!! Que traompada- Queixouse a súa
irmá.
Malia estar atornadas polo golpe, escoitaron unhas
voces que se achegaban. Eran os rapaces do Cole Rocío,
 na procura de castañas para face-lo magosto.
- Mirade! Este ourizo xa está algo aberto, voulle
saca-las castañas…
- Que frío! .Qué será de nós? .Cara a onde nos
levará?
Preguntábanse as irmás.
Como os nenos e as nenas ían a todo correr polo
souto abaixo, Catarina caeu do saco onde a gardaban
e foi dar a un burato que había no chan, alí quedou
feliz ao cuberto do frío.
Mentres, o resto do grupo chegaba ao cole,onde
había unha fogueira recén acendida.
- Repartámo-las castañas para picalas- Dixo unha
das nenas.
- Ou queredes que estouren?
- Nooooon! .A picar!- Respostou o resto.
Despois de picalas, asáronas e coméronas.
As mans quedáronlles negrísimas, cheas de borralla
e decidiron xogar a tisna-las caras.
E…Qué sería de Catarina?...
Pois…veredes… co paso do tempo Catarina
converteuse nun fermoso CASTIÑEIRO.
Mirade o bonito traballo que fixemos na aula,baseándonos no conto e a sorpresa de Perecho.
Fixemos a nosa árbore particupar.

MINICONTO DA NOSA BIBLIOTECA DE AULA .
Estamos a relacionar a castaña cos porquiños.
PREMEDE NA FOTO PARA LER O CONTO.
GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NA RECOLLIDA DE FOLLAS PARA A NOSA ÁRBORE E TAMÉN A PERECHO POLA SÚA SORPRESA.

sábado, 6 de octubre de 2012

CHEGOU O OUTONO Á NOSA AULA!



ESTAMOS A TRABALLAR O OUTONO E ESTE É UN XOGO PARA APRENDER MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA E QUE OS VOSOS FILL@S COÑECEN BEN.
OS NOSOS NENOS/AS DE 3 ANOS SABEN XA ALGUNHAS DESAS COUSAS.
O XOGO SERVIRALLES PARA LEMBRALAS CONVOSCO NA CASA.
PREMEDE  NA FOTO E A XOGAR CON ELES!

TAMÉN PODEDES DISPOR DÉL NO LATERAL ESQUERDO DO NOSO BLOGUE ,DEBAIXO DO TEMPO.
A PROFE MARICRUZ PEDÍU AOS NEN@S FOLLAS SECAS E SÓ ELIA TROUXO UN MONTÓN DELAS.
PRECISAMOS MÁIS DE CORES:LARANXA,AMARELO E VERMELLO,POIS MARRÓNS XA TEMOS MOITAS,PARA DECORAR A NOSA ÁRBORE.
MIRADE QUE BONITO ESTÁ A QUEDAR.
A NOSA ÁRBORE É "A CASTAÑA CATARINA" CONVERTIDA EN ÁRBORE,PERO ESTO É UNHA SORPRESA QUE  TEMOS PREPARADA SOBRE O CONTO QUE ESTAMOS A TRABALLAR NA AULA,ASÍ QUE TEREDES QUE ESPERAR UN POUQUIÑO.
MENTRAS ESPERADES PODEDES CANTAR A CANCIÓN DO OUTONO QUE TANTO LLES GUSTA AOS VOSOS FILL@S.

O OUTONO CHEGOU Á BOUZA,ONDE VIVE PERECHO.
MIRADE ONDE ESTÁ AGOCHADO.

viernes, 5 de octubre de 2012

Dúas reportaxes pendentes:"As vacacións de Manu" e "Visita aos compañeir@s de ed Primaria".

TEMOS DÚAS REPORTAXES PENDENTES DE PUBLICAR.UN É AS VACACIÓNS DE MANU,UNHA ESCOLMA DE FOTOS DE MANUEL,EXALUMNO DA PROFE MARICRUZ E CURMÁN DE JOSÉ JAVIER,DE 3 ANOS.Á PROFE MARICRUZ FÍXOLLE MOITA ILUSIÓN RECIBIR AS FOTOS DE MANU NO SEU E-CORREO.EIQUÍ TEDES A BONITA REPORTAXE.
SILVIA,MARICRUZ E MANU.
UN BESAZO  PARA MANU E A SÚA FAMILIA.

A OUTRA REPORTAXE É A VISITA QUE FIXEMOS AOS NOSOS COPAÑEIR@S DE ED PRIMARIA,NA NOSA NOVA ESCOLA.
FOI MOI EMOTIVO ATOPARNOS COS NOSOS IRMÁNS E CURMÁNS POLA AULAS DO COLE.
MIRADE QUE REPORTAXE MÁIS GUAI!
GRAZAS AOS COMPAÑEIR@S DE PRIMARIA POR ADICARNOS UN POUQUIÑO DO SEU TEMPO E ENSINARNOS AS SÚAS AULAS.
O NOSO COLE NOVO É ESPECTACULAR!