Mamá
Cabra é o grupo musical pioneiro na creación de espectáculos para a
infancia. Este ano celebran o seu 15 aniversario, unha longa viaxe que
nos deixa 12 discos e centos de cancións para saltar, bailar e
reflexionar.
Do 26 de abril ao 9 de maio chega ao Teatro Afundación de Vigo Mamá Cabra con 15 primaveras, dirixida a escolares de 3 a 6 anos.
Nestas 15 primaveras de existencia, Mamá Cabra consolidouse xa coma unha das bandas de música infantil de referencia. Agora, no seu 15 aniversario, chega para facer un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións, nun formato de concerto-teatro no que unha nova Mamá Cabra chega disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
Nós,por suposto ,non nolo poderíamos perder e fixemos a nosa primeira saída.
Estábamos un pouco nervios@s pero moi emocionad@s!
A profe preparounos,durante días,para que soubéramos comportarnos nun tetro,cine...,como ir pola rúa,como viaxar segur@s no bus,etc.
De feito fomos os que millor nos comportamos,de todo o teatro.
As profes están orgullosas de nós e deixamos sorprendidos ao resto dos coles e aos acomodadores.
Como a profe non empregou flash coa súa cámara de fotos,porque non se debe empregar nin nos teatros,museo,igrexas...,e sempre pedindo permiso para facer fotos,algunhas saíron movidas e,ao millor,con non moita calidade.
Mirade toda a nosa andaina!
Teatro Mamá Cabra.Abril 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
COMO PORTÁMONOS TAN BEN,IMOS REPETIR!
E AGORA,A NOSA PEQUENA HOMENAXE ÁS NOSAS NAIS.
ESAS MULLERES QUE,CON TANTO ESFORZO,AGARIMO E AMOR INCONDICIONAL,ENTREGAN Á SÚAS VIDAS AOS SEUS FILL@S.
NAI NON É SÓ AQUELA MULLER QUE NOS LEVA NA SÚA BARRIGUIÑA,SENON AQUELA QUE NOS COIDA E ESTÁ NA NOSA COMPAÑA,DURANTE TODA A SÚA EXISTENCIA.
COMO VOLO MERECEDES,QUIXEMOS FACER UN AGASALLO,UN POUCO LABORIOSO,PERO MOI ESPECIAL.
COSTOUNOS MOITO TRABALLIÑO POIS SOMOS PEQUERRRECHIÑOS PERO,PAISANIÑO,PAISANIÑO...FIXÉMOLO.
QUEREMOS QUE O LEVEDES SEMPRE CONVOSCO,NA CASA,NO COCHE,NO PETO,NO BOLSO...E CADA VEZ QUE MIREDES PARA ÉL,TEÑADES UN SORRISO NA VOSA FACIANA,NOS TEMPOS BOS E NOS MENOS BOS TAMÉN,PORQUE LEMBRAREDES QUE O FIXEMOS SÓ PARA VÓS E CON MOITO AMOR.
OS NEN@S DE RELIXIÓN,COA PROFE MERCE,FIXERON UNHA BONITA POSTAL.
MIRADE,CANTO TRABALLO E ILUSIÓN!
DÍA DA NAI 16. - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
QUE PASEDES UN DÍA ESPECTACULAR!
UNHA APERTA,FORTE FORTE,DOS NEN@DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.