Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 30 de octubre de 2011

viernes, 28 de octubre de 2011

OS NOSOS CALACÚS.



A orixe desta festa pérdese na noite dos tempos e posiblemente sexa a mestura das tradicións e ritos dos diferentes pobos que pasaron por esta terra.
Así, para os celtas, o Samaín (31 de Outubro) era a última noite do ano e considerábase un momento propicio para presaxiar o futuro. Pensaban que nesta data as portas do “outro mundo” quedaban abertas e que as ánimas dos defuntos e outros espritos invadían, por unhas horas, o mundo dos vivos; as ánimas dos finados voltaban visitar ás súas familias na súas antigas casas para quentarse a carón do lume da lareira e comer os alimentos que lles tiñan preparados os seus parentes. Os celtas tamén acendían grandes fogueiras e colocaban as caveiras iluminadas dos seus inimigos no máis alto dos castros para espantar aos espritos malignos. De aí pasouse a facer caveiras coa cortiza das cabazas. Esta tradición conservouse ata os nosos días en toda Galiza, aínda que recibindo nomes diferentes en cada lugar: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense… etc.
Os romanos, despois de conquistar territorios habitados por pobos célticos, engadiron ao Samaín elementos da súa festa da colleita, que se celebraba o 1 de Novembro na honra de Pomona, deusa dos froitos e das árbores, á quen facían distintas ofrendas. Por iso, hoxe en Galiza consérvase o costume do Magosto, consistente nunha festa onde se comen castañas, aínda que existen outras comidas e doces típicos destes días.
Os cristiáns celebran o 31 de Outubro a véspera de Todos os Santos. Os católicos recordan aos seus mortos e axúdanos a saír do purgatorio coas súas pregarias e acendendo candeas que deben estar prendidas ata que se consuman. A Igrexa designou o 1 de Novembro como Día de Todos os Santos no século IX, agardando ata o século XII para nomear o 2 de Novembro como o Día dos Fieis Defuntos, cristianizando deste xeito a festa celta dos mortos.
Na actualidade, en Galiza consérvase unha mestura de todas estas tradicións. Así, acéndense cabazas ou calacús (as caveiras dos inimigos dos celtas); cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio e outros espectros (ofrenda de froitos á deusa Pomona); acéndense e aliméntanse pequenas candeas que flotan dentro de cuncas con auga e aceite, de forma que cando se consomen é porque unha ánima do purgatorio xa alcanzou a luz (salvación das ánimas cristiás e efecto buscado polos druídas celtas coas súas fogueiras).
Coa cristianización, a Igrexa prohibiu moitos destes milenarios ritos por consideralos pagáns, sendo os nenos quen os transformaron e continuaron as celebracións suplantando con disfraces aos defuntos e percorrendo as casas do pobo, onde interpretaban cantigas de agradecemento se os recibían con chulas de cabaza, carne, pan, viño e froitos secos que gardaban nas súas bolsas; pero, se non lles tiñan nada preparado, as cantigas eran de escarnio cara os da casa ou dábanlles un gran susto.
Polo tanto, aínda que existe a crenza xeneralizada de que a Noite dos Calacús, Samaín, ou Halloween é unha festa importada dende USA, en realidade sucede todo o contrario. En efecto, os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX e os emigrantes irlandeses e doutras nacións céltico-atlánticas que marcharon a Norteamérica foron os que levaron alí a celebración do Día de Defuntos, a cal, por desgraza, regresa a nós hoxe en día en forma de Halloween desvirtuado e cutre, convertido nun comercial entroido festivo carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña noutros tempos pasados a Noite dos Calacús.
Distintivo dos nosos nenos/as para
a festa dos calacús.
Non só se celebra a noite dos calacús en Galiza senon tamén en case toda España e norte de Portugal,con pequenas variacións.
Os nenos/as de 5 anos quixeron facer o que facían os seus antergos e foron por tódalas aulas da escola pedindo "chulas de cabaza ou pesetas" coa finalidade de voltar ás nosas raices e non esquecer a nosa cultura.Podedes mirar o que pasou neste blogue.
NON COMADES DEMASIADAS CHULAS E CASTAÑAS,NIN DEMASIADOS BUÑUELOS E OSOS DE SANTO.
LEMBRÁDEVOS DOS QUE XA NON ESTÁN CONNOSCO,POIS TEMOS MOITO QUE AGRADECERLLES.
MOITOS BIQUIÑOS DE PERECHO E MARICRUZ.

PEQUENOS TRABALLIÑOS PARA O SAMAÍN DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.

jueves, 27 de octubre de 2011

FELÍZ ANIVERSARIO,LOLA.

LOLA XA TEN 5 ANOS E TRUXO UNHAS CAIXIÑAS CON COUSAS DO SAMAÍN E LARPEIRADAS PARA TODOS/AS.
MOITAS FELICIDADES,LOLA.
XA ERES UNHA RAPAZA MAIOR.
PERECHO FÍXOLLE UNHA TARXETA COAS SINATURAS  DE TODOS/AS.
QUERÉMOSTE FACER OUTRO AGASALLO:
FELÍZ ANIVERSARIO EN GALEGO SÓ PARA TÍ.

viernes, 21 de octubre de 2011

UNHA OBRA DE ARTE,NARRADA POR SANCHO GRACIA.

Unha obra de Arte de curtametraxe ,animada por


CARLOS  LASCANO,

 co guión orixinal de MARCOS BESAS

 Cun narrador increíble, SANCHO GRACIA.

PARA TÓDALA FAMILIA,UNHA LENDA TRISTE,DE MEDO,

PERO MARAVILLOSA,QUE NOS DA UNHA LECCIÓN DE

BONDADE E AMIZADE.




ESTE É UN AGASALLO DE PERECHO,QUE A PESARES DE SER UN TRASNO NON É MALO SENON BO, E  ADEMÁIS É AMIGO NOSO COMO O ESPANTALLO ERA AMIGO DO CORVO.

ACHÉGASE "O SAMAÍN".

ACHÉGASE E ESTAMOS PREPARANDO A NOSA FESTA.
PREPARAMOS UNS DISFRACES MOI ESPECIAIS PARA ASUSTAR Ó RESTO DA ESCOLA.
É UNHA SORPRESA.
DECORAMOS A NOSA AULA,AÍNDA QUE QUEDAN COUSAS POR COLOCAR.


DECORAMOS O NOSO RECANTO DAS EMOCIÓNS,NO ESPAZO ADICADO Ó MEDO.
E ESTAMOS A FACER DÚAS SORPRESAS  MÁIS.
MENTRAS ESPERAMOS POLO SAMAÍN IMOS QUENTAR MOTORES CON ESTE VÍDEO TAN CHULI E TENTAREMOS APRENDER A SÚA CANCIÓN.



                 SAMAÍN- Mamá Cabra

                     Era noite de trebón
                nun vello e mouro castelo,
                   a auga caía a chuzos
                   e os lóstregos a miles.
                   Oes dentro un barullo
                   de alaridos e lamentos,
                     era noite de trebón
                nun vello e mouro castelo.
                    Bule, bule, bule, bule,
                bailan, bailan os espectros,
                  bailan, bailan esqueletes,
                sapos, monstros e morcegos.
                Bailan, bailan as pantasmas,
                monstros, bruxas e curuxas.
                 Bule, bule que aínda é cedo
                   e hoxe toca pasar medo.
                     Bule, bule, bule, bule,
                 bailan, bailan os espectros,
                   bailan, bailan esqueletes,
                 sapos, monstros e morcegos.
                Bailan, bailan as pantasmas,
                 monstros, bruxas e curuxas.
                  Bule, bule que aínda é cedo
                     e hoxe toca pasar medo.


                        XOGA NO SAMAÍN


domingo, 16 de octubre de 2011

QUEBRACABEZAS DE CABAZAS PARA PASALO BEN E APRENDER.


PARA ESCOMENZAR A MONTALO TES QUE PREMER EN "OK".
AGORA UN DIFICILIÑO.
NON TE PREOCUPES SE NON ERES CAPAZ DE FACELO Á PRIMEIRA.
SEGURO QUE SAE Á SEGUNDA OU Á TERCEIRA.
CONCÉNTRATE E SERÁS O CAMPIÓN/A.


A QUE ESTÁN GUAIS!
É UN AGASALLO MEU.
MOITOS BIQUIÑOS E "FELÍZ OUTONO".
O VOSO AMIGO, PERECHO.

sábado, 15 de octubre de 2011

CONTENTO OU TRISTE?

A TRAVÉS DOS CADROS TAMÉN SE EXPRESAN AS EMOCIÓNS E OS SENTIMENTOS.
OBSERVA BEN ESTES DÓUS RAPACES.
PENSA SE ESTÁN CONTENTOS OU TRISTES E PORQUÉ CRES QUE ESTÁN ASÍ.
FALAREMOS DELES NA CLASE.
NENO DE  BARTOLOMÉ E.DE MURILLO.
NENO DE BRUNO AMADIO.

AGORA MIRA ESTAS DÚAS MARIÑAS.
COMO SE SENTÍAN OS PINTORES CANDO PINTARON ESTES CADROS?
ESTES PINTORES TAMÉN EXPRESARON AS SÚAS EMOCIÓNS MENTRAS PINTABAN.
FALAREMOS E COMENTARÉMOLO TODOS XUNTOS,A VER SE PENSAMOS O MESMO.
MARIÑA DE M.P.CASTELAO
PRAIA DE BOUZAS-VIGO DO NOSO AMIGO E SEGUIDOR FRANCISCO SANTORO.

O RECUNCHO DOS SENTIMENTOS E AS EMOCIÓNS:HOXE SÍNTOME...

COMO PARTE DO PROXECTO DO CENTRO PARA ESTE CURSO ESCOLAR 11-12,DURANTE ESTE TRIMESTRE IMOS TRABALLAR AS EMOCIÓNS.
PARA OS NOSOS NENOS/AS AS EMOCIÓNS BASE SON AS QUE APARECEN NA PRESENTACIÓN,AUMENTANDO O NÚMERO DELAS Ó LONGO DA ED. PRIMARIA.
XA SABEMOS QUE ESTE TEMA SEMPRE É TRATADO NA ED. INFANTÍL PERO QUEREMOS QUE ESTO SEXA POSIBLE NA ED. PRIMARIA POLO QUE ESTE ANO O NOSO TEMA ESTRELA É:"UN MAR DE EMOCIÓNS".
TRABALLAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL É SUPERIMPORTANTE PARA OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS.

martes, 11 de octubre de 2011

XOGOS DO OUTONO EN VEDOQUE.

NON TE PREOCUPES SE ALGUNHAS COUSAS NON TE SAEN BEN.
É UN POUQUIÑO DIFÍCIL.

viernes, 7 de octubre de 2011

A TRANSFORMACIÓN DE SARA.

NESTA SEMANA,A SARA CAÉUSELLE OUTRO DENTE E TIVEMOS UNHA IDEA XENIAL...
ESTA É SARA ANTES DE TRANSFORMARSE NUNHA...

...GUAPÍSIMA VAMPIRESA

O SAMAÍN ACHÉGASE E XA ESTÁMONOS PREPARANDO.SE QUERES COLOREAR,ON- LINE,PRECIOSOS DEBUXOS COMA ESTE...
PREME NO SEGUINTE ENLACE


miércoles, 5 de octubre de 2011

POCOYÍZATE!

CREA A TÚA PERSONAXE DE POCOYÓ.
UN AVATAR TEU QUE SE CHE PAREZA.
É MOI DIVERTIDO.
PODERÁS GARDALO NO TEU ORDENADOR.
A PROFE MARICRUZ POCOYIZOUSE E QUEDOU ASÍ.
PREME NESTE ENLACE,"POCOYÍZATE" E FAI O TEU AVATAR.

lunes, 3 de octubre de 2011

A NOSA VERSIÓN DE:"MIRA,LLEGÓ EL OTOÑO".

PEDIMOS DISCULPAS POLA CALIDADE DA IMAXE,PERO É QUE O VÍDEO DA PROFE NON FUNCIONA MOI BEN.
O MÁIS IMPORTANTE É O ESFORZO DOS NENOS/AS E O GRACIOSOS QUE ESTÁN.

SEN AXUDA DA PROFE MARICRUZ.
AGORA COA AXUDA DA PROFE MARICRUZ.

sábado, 1 de octubre de 2011

O ACIO DE UVAS.


PARTES DUN ACIO DE UVAS


TIPOS DE UVAS
UVA VERDE -VIÑO  E CAVA BRANCO.
UVA NEGRA OU MORADA-VIÑO TINTO
UVAS ROSADAS-VIÑO E CAVA ROSADO


UVA PASA
PENSA O  QUE NOS QUERE ENSINAR ESTA FÁBULA.
FALA COA TÚA FAMILIA SOBRE ELA E DESPOIS FALAREMOS DELA NA CLASE.



PREME NO ENLACE PARA FACER A TÚA VENDIMA PARTICULAR ,E BUSCA OS ACIOS DE UVAS PARA LOGO METELOS NA CESTA.


http://www.cincopatas.com/arboles%20frutales/uvas.html