O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 21 de octubre de 2011

ACHÉGASE "O SAMAÍN".

ACHÉGASE E ESTAMOS PREPARANDO A NOSA FESTA.
PREPARAMOS UNS DISFRACES MOI ESPECIAIS PARA ASUSTAR Ó RESTO DA ESCOLA.
É UNHA SORPRESA.
DECORAMOS A NOSA AULA,AÍNDA QUE QUEDAN COUSAS POR COLOCAR.


DECORAMOS O NOSO RECANTO DAS EMOCIÓNS,NO ESPAZO ADICADO Ó MEDO.
E ESTAMOS A FACER DÚAS SORPRESAS  MÁIS.
MENTRAS ESPERAMOS POLO SAMAÍN IMOS QUENTAR MOTORES CON ESTE VÍDEO TAN CHULI E TENTAREMOS APRENDER A SÚA CANCIÓN.



                 SAMAÍN- Mamá Cabra

                     Era noite de trebón
                nun vello e mouro castelo,
                   a auga caía a chuzos
                   e os lóstregos a miles.
                   Oes dentro un barullo
                   de alaridos e lamentos,
                     era noite de trebón
                nun vello e mouro castelo.
                    Bule, bule, bule, bule,
                bailan, bailan os espectros,
                  bailan, bailan esqueletes,
                sapos, monstros e morcegos.
                Bailan, bailan as pantasmas,
                monstros, bruxas e curuxas.
                 Bule, bule que aínda é cedo
                   e hoxe toca pasar medo.
                     Bule, bule, bule, bule,
                 bailan, bailan os espectros,
                   bailan, bailan esqueletes,
                 sapos, monstros e morcegos.
                Bailan, bailan as pantasmas,
                 monstros, bruxas e curuxas.
                  Bule, bule que aínda é cedo
                     e hoxe toca pasar medo.


                        XOGA NO SAMAÍN


No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.