O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 13 de agosto de 2012

CARTA DE SILVIA.


Boas noites Maricruz, que tal andas?. 
Por aquí ben .Como vexo que os meus compañeiros/as esquecéronse de enviarche cousas das súas vacacións, vou ser eu a primeira e tentar que outros se animen.
Estou a gozar do verán, día a día,a pesar de que o tempo
non acompaña demasiado. 

Comecei bailando en Portugal no festival de “Dancerveira”,
che envio un par de fotos, un baile de ratiña do baile de Ratatuille e outro 
da canción da Eurocopa “Gol”.

Estou a xogar na praia ou o monte, todos os días, cos meus irmáns. Ademáis, este 
verán, experimentei unha nova sensación, facer travesías. 
Foi en A Guarda e nadei 400 metros,  gañando unha medalla e un trofeo.

Nos próximos días iremos a un parque de atraccións ,pero
xa che enviaremos as fotos. Goza do verán.

Por certo,un besazo moi forte para ti e para tódolos meus compañeir@s da escola.
SILVIA.
Moitas grazas pola tua carta,guapísima!.
Segue a gozar das túas vacacións e non te esquezas de que te queremos moitísimo.
Moitos biquiños para tí e para a túa familia,de Perecho e a profe Maricruz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.