Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 28 de septiembre de 2012

QUE FACEMOS NA NOSA AULA?



ORGANIZACIÓN :ACTIVIDADES-HORARIO.
RESUMO DE RUTINAS FUNDAMENTAIS E ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES QUE SE DESENVOLVEN NA TITORIA DE 4º DE ED. INFANTÍL.
*9h-9,15h:
-Saudo e conversa curta cos nenos/as e as familias.
-Facendo un”Pupo”(fila,colocada enriba da raia azul) despedímonos das familias e imos cara ó aula.
Os nenos/as irán sempre coas mochilas nas costas.
-Colocación das mochilas na cesta sita ao carón dos percheiros.
-Abotoado do mandilón.Os nenos/as que van rematando van entrando no aula e  séntanse onde prefiran.

*9,15h-9,30h:
-Poñemos ,en Pupo, o día da semana e pegamos o imán do tempo meteorolóxico que vai ,facendo un comentario do estado do ceo pola fiestra.Se procede cantamos a canción de “sol,soliño...”.
-Exercicios temporais :Hoxe fai,hoxe é,onte foi…
-Escribimos o día da semana ,en maiúsculas,no encera-do dicindo que neno/a  ten,na súa etiqueta co nome e foto, as letras que aparecen no nome do día.
*9,30h-9,50h:
-Asamblea:
.Que fixemos onte na escola?Que fixemos coas nosas familias e amigos/as onte pola tarde?Que almorzamos esta mañá?Que faremos hoxe?...
.Falamos de cousas que xurden e que nese momento son do noso interese ou do neno/a,como por exemplo algún xoguete ou outro obxecto,pranta ou animal que aporte o neno/a da súa casa.
.A Sorpresa:As veces ,a profe ou Perecho ,introducen unha sorpresa,no recanto correspondente,como obxecto introductorio e motivador cara algunha actividade .
*9,50h-10,40h:
-Conto,linguaxe oral,comprensión do texto,actividades grafomotoras…(Gran grupo,pequeno grupo e individuais)
-Recollida e limpeza do material.
*10,40h-10,50h:Cantamos a canción de “Pinpon”.Lembramos como temos que lavar as mans según o protocolo sanitario.
Lavámos as mans antes de merendar,por quendas de mesas.

*10,50h-11,30h: Merenda
-Cando cada neno/a ten as súas mans limpas,antes de sentarse,colle o seu vaso e a súa mochila da cesta ,quita a súa merenda e coloca a mochila colgada detrás da súa cadeira.
.Moitas veces aprovéitase a hora da merenda para a realización de actividades diversas cos alimentos:degustacións,características,clasificacións…

11,20h-11,30h:
-Limpamos as culleres,lavamos a cara e as mans e limpamos as mesas cos panos amarelos.
Facemos un “Pupo” e saímos ao patio exterior.
Se vai moito sol poñeranse as viseiras e se vai frío poñeranse os abrigos,nunca lubas ,gorros ou bufandas.
As bufandas son perigosas no patio.
-Deixarase só aberta a porta exterior do aula da mestra de ed. Infantil que teña garda de patio,pechando a porta interior do aula con chave.Deste xeito os nenos/as poden acceder,sen dificultade, ao baño.
*11,30 h-12h:Recreo.
-Actividades no patio exterior ou na entrada cuberta,dependendo do tempo meteorolóxico.
Unhas veces serán libres,outras dirixidas ou suxeridas polos propios nenos/as.Entre estas actividades estarán:xogos de auga,are(cando teñamos o areeiro),xogos populares,psicomotricidade…
Os nenos/as poderán facer as actividades individualmente,en pequeno grupo ou en gran grupo.
-11,50h-12h:Soa o chiflo e”A recoller ,a ordear todas as cousiñas no seu lugar…”.Formación das filas po ringleiras diante das portas de aula exteriores respectivas o unas ringleras pintadas de cores ,da porta principal de infantil,cando chova. .Os nenos/as de 3 anos forman un “Pupo”.
*12h-12,20h:Hora de ler e descansar.
-Sentámos nas nosas cadeiras e,por quendas de mesas,imos beber e lavar as mans seguindo o protocolo.
-Resolución de conflictos,en asamblea,xurdidos durante o recreo.
-Dous recantos:Despois do aseo personal e resoltos os conflictos,cada neno/a elixe entre dous recantos:a biblioteca de aula e o do descanso,situado no chan de cores.Apáganse as luces.
Poñerase unha música de fondo “Cantos de berce” ou outra música relaxante.
-Actividades de respiración e relaxación no recanto do descanso:cos nenos/as deitados cos coxíns  faremos,se están moi excitados,actividades como encherse coma globos,desencherse,tornámonos invisibles pouco a pouco,somos bonecos de trapo,…
.Se non hai clases con algún especialista de seguido,estos dous recantos alongaranse no tempo o suficiente como para que os nenos/as estean o máis relaxados posible para poder facer actividades na seguinte sesión.
-Soa a campá e “A recoller,a ordear,todas as cousiñas no seu lugar”.
*12,20h-13,10h
Actividades de traballo ou de xogo, libres ou dirixidas  por recantos ou obradoiros.
-Cada neno/a escollerá un recanto ou obradoiro de traballo ou de xogo,levando o control das etiquetas de cada neno/a pegadas nos velcros de cada recanto ou obradoiro,sempre na procura de que non repitan os mesmos nenos/as no recanto do día anterior.Esta información sábese porque quedan pegadas as etiquetas  nos recantos ou obradoiros.O número de nenos/as por recanto ou obradoiro non excederá de tres ou catro.
-13h-13,10h:Soa a campá e”A recoller ,a ordear,todas…”Recollida  e limpeza dos materiais empregados nos recantos ou obradoiros.
*13,10h -14h:
-13,10h-13,20h:Asamblea posta en común dos traballos realizados nos recantos ou obradoiros e comentario das actividades ou o xogo.
-13,20h-13,40h:Acividades en gran grupo.
.Cancións,bailes,xogos de psicomotricidade,perceptivo-motoras,expresióncorporal,experimentación-acción,
lóxico-matemáticas,representación e dramatización de situacións,expresión oral…
.Se se alongaran calqueira das sesións anteriores por necesidades do grupo clase ou por ter que facer a merenda despois do recreo,no caso que haxa especialistas antes do mesmo,esta sesión non se faría ou se faría de menor duración.
.Asamblea e comentario do realizado en tódala xornada escolar.
-13,40h-13,55h:
Dentro da aula quitámonos os mandilóns, dándolle a volta ás mangas.
Cada neno/a, según remate,encamíñase ó percheiro e colga o mandilón,pon a chaqueta ou outras prendas,cólgase a mochila nas costas,entra no aula e séntase ata que esteamos todos preparados.Os de comedor só terán que quitarse o mandilón e colgalo no percheiro,facer unha ringleira e sentarse coas costas na parede de enfrente ao aula ata que os recollan as coidadoras do comedor.

-13,55h-14h:Facemos o “Pupo”(fila) e saimos do aula.Os que comen na casa serán despedidos un por un e entregados ás persoas que veñan a recollelos ,sempre tendo en conta a lista pegada na parede,onde aparecen os nomes  das persoas autorizadas.

A QUE NON PENSÁBADES QUE OS VOSOS FILL@S FACÍAN TANTAS COUSAS?


AH!
E MOITAS FELICIDADES A ARMANDO E IYÁN,POIS XA TEÑEN 3 ANOS.

Unha aperta afectuosa de Perecho e a profe Maricruz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.