O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 16 de octubre de 2014

ESTUPENDO CONTACONTOS DE BEA E DAVID!

O MARTES TIVEMOS A GRAN SORTE DE TER A VISITA DE BEA E DAVID,DO GRUPO "MIGALLAS",UNS CONTACONTOS FENOMENAIS,QUE FORMAN PARTE DAS ACTIVIDADES QUE FORON OFERTADAS POLO CONCELLO DE VIGO,"PEGADAS DE CONTO",CUNHA SELECCIÓN DE CONTOS:

  • O LIBRO DOS PORCOS.(Que xa estaba traballado nas nosas aulas cos nosos rapaces por parte da titoras).
  • OS OVOS MISTERIOSOS.(Adaptación ao galego do conto portugués).
  • AÍNDA NADA?(Adaptación ao galego do conto portugués).
TRES CONTOS QUE FIXERON MOI FELICES AOS NOSOS RAPACES.
OS CONTOS PODEN SERVIR DE MOTIVACIÓN E INTRODUCIÓN PARA ABORDAR ALGÚN TEMA DE EDUCASCIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL,A SOLIDARIEDADE,A IGUALDADE...E NÓS,NA AULA,APROVEITAMOS ESTES CONTOS CON ESTA FINALIDADE,FACENDO ACTIVIDADES DE REFLEXIÓN,COMPRENSIÓN,EXPRESIÓN PLÁSTICA,ACTITUDE ANTE DETERMINADAS SITUACIÓNS...
RECOMENDAMOS ÁS FAMILIAS A ESCOLMA DE MÚSICA PARA NEN@S DO PROXECTO"IMPÓRTANOS"E "OS DE ARRIBA E OS DE ABAIXO"DA ED. KALANDRAKA.
SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE O GRUPO "MIGALLAS",ACTUACIÓNS,CONTOS,CDs PUBLICADOS...,PREMEDE NA FOTO.

MIRADE QUE BEN O PASARON OS NEN@S DE 4 E 5 ANOS,PREMENDO NA FOTO.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS .

E ELES CANTARON TRES CANTIGAS E NÓS CANTÁMOSLLE"O PITIÑO AMARELIÑO",E ENCANTOULLES.



FENOMENAL DAVID CO SEU SUPERACORDEÓN E BEA,COMA SEMPRE,XENIAL!


SE QUEREDES VISUALIZAR OS CONTOS NO VOSO ORDENADOR OU TELÉFONO  COS VOSOS FILL@S ,SÓ TEDES QUE POÑER O NOME DO CONTO EN GOOGLE E VEREDES QUE CHULOS SON. DOUS DELES SON EN PORTUGUÉS,PERO NON PASA NADA PORQUE OS NEN@S OS ENTENDEN DE MARABILLA.

MIRADE QUE DEBUXOS MÁIS CHULOS FIXERON OS NEN@S DE 5 ANOS.

DEBUXOS DOS CONTOS DE BEA E DAVID.  
 BEA,DAVID,MOITAS GRAZAS POR FACERNOS TAN FELICES. 
VOLTADE CANDO QUEIRADES. SODES FENOMENAIS! 
UN SUPERBICO DOS NEN@S DE 5 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

1 comentario:

  1. Rematei de ver os contos. Fermoso o dos porcos. Triste conto pero con final feliz.
    *Por certo profe Maricruz, encantóume a canción que lle puxeches os debuxos
    -Nai de Cristian

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.