Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 19 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015.


MOITÍSIMAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NO PICADO DE CASTAÑAS,ASADO DE CASTAÑAS,CONFECCIÓN DOS CUCURUCHOS E CREACIÓN DA PANCARTA DA ESCOLA. ESTUPENDA A COLABORACIÓN DOS PAIS/NAIS DA NOSA AULA.
PORTACASTAÑAS QUE FIXEMOS NA NOSA AULA.



A NOSA CASTAÑEIRA E O PORTA-CASTAÑAS. by Slidely Slideshow

  O NOSO CONTO-POESÍA.

A UNHA CASTAÑA,CASTANIÑA,
UN PORQUIÑO FIXO;"OING,OING".
A CASTAÑA ASUSTOUSE.
DEU UN CHIMPO E AGOCHOUSE,
E NUN CASTIÑEIRO CONVIRTIUSE.

QUE É O MAGOSTO?
Vai moitos anos,habitaban en Europa uns poboadores, que xa celebraban o magosto.
Estaban situados nos paises que corresponden nos dias de hoxe
con España, Francia, Irlanda,Inglaterra e Paises Nórdicos.
Crese que o magosto é unha festa de orixe celta que marcaba o
paso do verán ao inverno; ao remate da época na que a vida se fai fora e comezo da época en que a vida se fai no interior,ao carón do lume.Pero hai historiadores que non están moi deacordo con isto.
Era unha festa a que acudían tòdalas persoas dos poboados para celebrar así unha serie de ritos.


O magosto tradicional enténdese coma unha merenda, a base castañas asadas, que se celebra no de mes de
 novembro, aorredor á data do San Martiño,o 11 de novembro.
Acéndese o lume, con pico,piñas,pauciños e carozos; ata facer brasas, enriba das que se poñen parrillas ou tambores furados,coas castañas previamente ataniscadas,
  dándolles voltas cun  pau ata que estén ben asadas.
    Namentres, os demáis participantes da festa , buscaban
  un sitio axeitado para comelas.Nalgúns lugares levan un pano onde as poñen a suar para que sexa máis fácil sacales a pel.
A festa non sería tal sen contar cos xogos populares, bailes,
  cantos e contos.
É común pintar a cara,enfarruxar,cós restos da fogueira e saltala para ter boa sorte.
Cantábanse cantigas coma:
“Non chas quero,
non chas quero,
castañas do teu magosto.
Non chas quero,
non chas quero,
que me cheiran ao chamosco(bis).
Maruxa se vas ao rio a lavar,
non tendas a roupa 
que a podes rachar,
que a poder rachar(bis),
Maruxa se vas ao rio a lavar".
 IGUALIÑO QUE NÓS.
SABÉMOLA FENOMENAL!
 E OUTRAS MÁIS QUE NOS ENSINOU A PROFE MARICRUZ. 

TAMÉN XOGAMOS A TIRAR BOLOS,AO TRAGACASTAÑAS,A PESCAR A BOTELLA,CREATIVAS MANDALAS E TIRA AO BONECO.
OS NEN@S DE ED.INFANTÍL DISTRIBUÍRONSE EN CATRO GRUPOS MIXTOS,DIFERENCIADOS POR CORES.
OS DA PROFE MARICRUZ FORON O GRUPO AZUL.
MIRADE,MIRADE,QUE CAMPIÓNS E CAMPIONAS TEMOS!


XA SABEDES QUE ESTAS FOTOS PODEDES DESCARGALAS NOS VOSOS PCs. 
 E AGORA...A COMER AS CASTAÑAS ASADAS!
COMO ESTÁ BO TEMPO,COMÉMOLAS FORA,NO PATIO.
AS QUE SOBREN LEVARÉMOLAS PARA CASA NO NOSO PORTA-CASTAÑAS.
QUE SUSTO,A PROFE ÁNGELA,ENFARRUXANDO AOS RAPACES POLO PATIO!

COMEMOS CASTAÑAS 2015 on PhotoPeach
LEMBRADE QUE TAMÉN PODEMOS COMER A CASTAÑA DE MOITAS FORMAS.
EN GALIZA,O MÁIS COMÚN É COMELA COCIDA,PORQUE ANTES DE QUE OS ESPAÑOIS TROUXERAN A PATACA DE AMÉRICA,EN TÓDALA PENÍNSULA IBÉRICA,A BASE DA ALIMENTACIÓN NO OUTONO E NO INVERNO ERAN AS CASTAÑAS,INCLUSO O COCIDO TRADICIONAL FACÍASE CON CASTAÑAS E POLAS NOITES TOMÁBANSE CASTAÑAS CON LEITE.
EIQUÍ TEDES A RECEITA.
 
AGRADECEMOS AO PAI DE XIANA QUE NOS TROUXERA ESTE PANEL,COS INGREDENTES DAS CASTAÑAS COCIDAS.
EU ENGADIRÍALLE UNHA FOLLA DE FIGUEIRA,COMO SE FAI NO BAIXO MIÑO.

 COMA SEMPRE,UNHA FESTA FENOMENAL!

7 comentarios:

  1. Cati - Mamá de Iván20 de noviembre de 2015, 9:52

    Uhmmmmm....!!!! e qué divers tantas cancións!! a que máis cantamos con Iván é a de "Non hai vella nin velliña..... corre corre castañiña..."

    ResponderEliminar
  2. Que lindos están todos y que bien se lo pasaron! Me encantan las fiestas de Magosto...una pena que no me gusten las castañas...tendré que probar la receta con la leche! Un abrazo enorme!

    ResponderEliminar
  3. ¡¡¡Que ricas as castañas!!! Os nenos divertíronse moito pero os pais tamén, colaborando no magosto e sobre todo pintando a pancarta. Foi moi divertido. Haberá que probar esa receita de leite con castañas que ten boa pinta. Grazas profe polas fotos. Mónica nai de Xoel

    ResponderEliminar
  4. lo pasaron muy bien y David se divirtió mucho con los juegos en el patio pero lo que mas le gusto fueron las castañas!!

    ResponderEliminar
  5. Non chas quero non chas qeroooooo.....en mi casa suena todo el día....jajajajaja siempre salen súper contentos del cole sera q además de aprender lo pasan pipa!!! Y ya veo q si.....gracias Profe....

    ResponderEliminar
  6. Que divertida festa do magosto!!! non faltou de nada.... Gracias por este post tan completo, unha vez máis. cancións, recetas, fotos.... así da gusto
    gracias e saúdos. Rosa nai de Mateo

    ResponderEliminar
  7. ¡Desde luego qué bien se lo pasaron! Cuánto trabajiño...Lo que nos costó sacarle el Porta-Castañas a Rodrigo estaba encantado con sus castañas.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.