O blogue dos alumn@s e exalumn@s da profe Maricruz,de ed. infantíl,
do CEIP "Virxe do Rocío" de Bouzas-Vigo(Galiza).
O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.
ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS. SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET. UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.
Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega
domingo, 13 de noviembre de 2016
MAGOSTO 2016 NA AULA E NA ESCOLA.
LEVAMOS XA ,CASE UN MES A TRABALLAR O OUTONO.
UNHA DAS FACETAS DESTE SON OS SEUS FROITOS,CARNOSOS E SECOS,OS ANIMAIS NO OUTONO,A NOSA CONTORNA E O MAGOSTO EN GALIZA,NA NOSA CONTORNA E NA ESCOLA.
NOUTRAS ENTRADS DOUTROS ANOS XA VOS EXPLICAMOS O QUE É O MAOSTO E ,NESTA ENTRADA,ABORDAREMOS AS SÚAS ORIXES.
Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da palabra.
Hai quen a fai vir do latín magnus ustus 'gran fogueira', dentro dos cultos ígneos que, como a noite de san Xoán, marcaban o paso das estacións; outros, de magnus, que significaría ou ben 'magno, grande', ou ben 'mago, maxia'; e outros do celta mag, campo ou mesmo do protocelta *Magon- e *glustu- 'gran luz' ou *Magon- e *ouxto- 'gran frío'. López Gómez ve alusión a ese suposto "mago do lume" nun gran
boneco ou espantallo feito entrabando pólas e que simbolicamente
presidía a festa e finalmente se chamuscaba, aureolado, adornado de
rosarios ensarillados de castañas. Ardía o xigantón entre aturuxos e
competitivos brincos, como aínda se fai nalgunhas outras fisterras
atlánticas.
Murguía
relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día
seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas
simbolizarían a morte e o viño novo a vida. Mariño Ferro
tamén escribiu que a castaña é símbolo de vida que combate á morte: de
aí que a castaña apareza nos ritos funerarios. Sexa
como for, si se atopou relación da castaña con ritos funerarios e
documéntase dende antigo o costume de asar castañas ese día. Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume de asar castañas. O historiador Bernardo Barreiro recolle esta descrición das enchentes que se celebraban xa no século XVI para celebra-lo Día de Defuntos:
Os notables da
parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares
convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban
castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais.
Mais, a explicación máis repetida lévanos a pór en relación este
substantivo co verbo agostar, que significa ‘facer perder a humidade’, o
que se pode dar por unha calor excesiva, como a que se lles aplica ás
castañas no magosto.
En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como
unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do
lume que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de
peche do ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás,
terminou sendo cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a san Martiño de Tours. Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas
relacionadas coa crenza de que o lume ten vida propia e un certo
carácter sagrado: nunca se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel
restos de comida ou calquera outra cousa.Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as ánimas viñan quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas ánimas puidesen comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.
E AGORA UNHA PEQUENA MOSTRA DALGUNHAS ACTIVIDADES DE AULA E DE CENTRO.
*ESTUDO DOS ANIMAIS NO OUTONO:
O OURIZO RIZO E ESPINETE.
COMO O FIXEMOS?
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN NA RECOLLIDA DE FROITOS DE OUTONO E FOLLAS SECAS.
*COÑECEMENTO,ESTUDO,CLASIFICACIÓN E DEGOSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO.
*DISTINTIVOS DÍA DA FESTA.
*CORNETES OU CUCURUCHOS PARA AS CASTAÑAS.
*CANTIGAS,POEMAS,REFRÁNS...
* DIVERSOS CONTOS E ACTIVIDADES LINK SOBRE A CASTAÑA E O MAGOSTO.
PREMER NA FOTO DA CASTAÑEIRA.
*FESTA DO MAGOSTO NA ESCOLA.
OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS. Dende as nove da mañá un gran grupo de pais e nais colaboradores,
adicaron todas as súas enerxías a atasnicar as castañas doadas pola ANPA
da escola, revisar as traídas polas familias, preparar os asadores,
pegar carteis, colaborar cos mestres na organización dos obradoiros de
nenos, e facer o gran cartel que presidía a festa.
OBRADOIROS PARA O ALUMNADO.Os nosos nenos e nenas, prepararonse de 9 a 11 nas clases, para
celebrar do mellor xeito posible o Magosto. Foi dende as 11:30, cando en
grupos cooperativos, con nenos de varias idades mezcladas, gozaron das
distintas actividades preparadas para eles.
@S NEN@S DE ED. INFANTÍL,FIXEMOS DIFERENTES OBRADOIROS: XOGAMOS A TIRAR BOLOS,AO TRAGACASTAÑAS,A PESCAR A BOTELLA,CREATIVOS MURAIS DE OUTONO.
DISTRIBUÍMONOS EN CATRO GRUPOS MIXTOS,DIFERENCIADOS POR CORES.
OS DA PROFE MARICRUZ FORON O GRUPO AZUL.MIRADE,MIRADE,QUE CAMPIÓNS E CAMPIONAS TEMOS!
ADEMÁIS,POIDEMOS DEGOSTAR AS CASTAÑAS COAS NOSAS FAMILIAS E ATA FACERNOS UNHA FOTO TOD@S XUNTOS.
PASÁMOLO FENOMENAL!
MOITÍSIMAS GRAZAS AO ANPA DA NOSA ESCOLA,POLO GRAN TRABALLO QUE FIXERON,PARA QUE ESTA FESTA SAÍRA MARABILLOSAMENTE BEN.
Moitisimas gracias por esta entrada. Qué fotos tan lindas e que montaxe tan espectacular!!!!! Gracias tamén pola historia do magosto e o lume...non a coñecía....E como disfrutaron dos xogos e das castañas. Gracias profe, unha vez máis.... qué día tan lindo pasaron e canto aprenderon!!!! bicos da mamá de Mateo
Joooo... eu quero voltar á escola!! qué divertido todo: o "C", o "A", o "S", o "T", o "A", o "Ñ" e o "A" C A S T A Ñ A !!! quero xogar cos zancos e facer carreiras de sacos, tirar pola corda e poñer a cara negra coa borra! Joooo eu quero voltar á escola! Bicos da mamá de Iván
que felices se los ve festejando el magosto!! que pena que David estuvo enfermito y no pudo compartirlo con sus amiguitos, aun así quedó muy contento con el cucurucho de castañas, gracias por acordaros de él!!!!
Gracias profe pola entrada do magosto. Canto traballaron e cantas cousas aprenderon, Xoel cantaba todolos días a canción de "non chas quero". Os nenos pasárono moi ben na festa pero os pais tamén. Divertímonos moito preparando os murais, as castañas e os xogos, un día fantástico. Bicos de Xoel e familia.
Realmente non sabía o porque do magosto e moito menos o que pensaba sobre el Murguia. Pois nada,se o viño simboliza a vida habera que beber mais jeje. Polo que me contou Rebeca e vendo as tuas fotos e videos o deberon pasar fenomenal. Gracias profe polas fotos, vídeos e toda a información do magosto. Un bico da nai de Rebeca
PD. Ahora entendo porque as castañas teñen o traseiro doutro cor. Tampouco o sabía jaja
Qué ben o pasades!! Irene chegou encantada coa festa.A información é moi interesante, nos tampouco sabíamos porque as castañas tiñan dous cores. Bicos de Irene e familia
Encantoume poder ir axudar a preparar o magosto para os nen@s,,,,ainda que logo non piudera ir a comer unhas castañas,mirando todo este traballo que fixestes e como se estivese ali,,, Gracias Maricruz por ensinarnos tantas cousas,,,tanto os nosos fillos coma a nos os pais,,, Moitos bicos de Xiana e papàs
Que ricas castañas!!!!! Y que bien lo pasamos en los juegos. Muchas gracias por hacernos disfrutar con ellos.
ResponderEliminarMoitisimas gracias por esta entrada. Qué fotos tan lindas e que montaxe tan espectacular!!!!! Gracias tamén pola historia do magosto e o lume...non a coñecía....E como disfrutaron dos xogos e das castañas. Gracias profe, unha vez máis.... qué día tan lindo pasaron e canto aprenderon!!!! bicos da mamá de Mateo
ResponderEliminarJoooo... eu quero voltar á escola!! qué divertido todo: o "C", o "A", o "S", o "T", o "A", o "Ñ" e o "A"
ResponderEliminarC A S T A Ñ A !!!
quero xogar cos zancos e facer carreiras de sacos, tirar pola corda e poñer a cara negra coa borra!
Joooo
eu quero voltar á escola!
Bicos da mamá de Iván
que felices se los ve festejando el magosto!! que pena que David estuvo enfermito y no pudo compartirlo con sus amiguitos, aun así quedó muy contento con el cucurucho de castañas, gracias por acordaros de él!!!!
ResponderEliminarGracias profe pola entrada do magosto. Canto traballaron e cantas cousas aprenderon, Xoel cantaba todolos días a canción de "non chas quero". Os nenos pasárono moi ben na festa pero os pais tamén. Divertímonos moito preparando os murais, as castañas e os xogos, un día fantástico. Bicos de Xoel e familia.
ResponderEliminarRealmente non sabía o porque do magosto e moito menos o que pensaba sobre el Murguia. Pois nada,se o viño simboliza a vida habera que beber mais jeje.
ResponderEliminarPolo que me contou Rebeca e vendo as tuas fotos e videos o deberon pasar fenomenal.
Gracias profe polas fotos, vídeos e toda a información do magosto.
Un bico da nai de Rebeca
PD. Ahora entendo porque as castañas teñen o traseiro doutro cor. Tampouco o sabía jaja
Qué ben o pasades!! Irene chegou encantada coa festa.A información é moi interesante, nos tampouco sabíamos porque as castañas tiñan dous cores.
ResponderEliminarBicos de Irene e familia
Encantoume poder ir axudar a preparar o magosto para os nen@s,,,,ainda que logo non piudera ir a comer unhas castañas,mirando todo este traballo que fixestes e como se estivese ali,,,
ResponderEliminarGracias Maricruz por ensinarnos tantas cousas,,,tanto os nosos fillos coma a nos os pais,,,
Moitos bicos de Xiana e papàs