INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.
ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
¿QUE FIXEMOS NO SAMAÍN?
|
O esqueleto forma parte do noso corpo e non debemos terlle medo pois grazas a el non somos bonecos de trapo.No Samaín os esqueletos son representacións moi importantes.Nós fixemos o noso esqueleto e aprendimos o nome dalgúns ósos.
Os celtas poñían as caveiras ,cunha candea dentro,nos muros das entradas das súas casas e poboados para alonxar aos seus inimigos.Tamén celébrase,no Samaín ,o aninovo celta.
|
|
Degustación dos froitos das cestas.Cada día adícase a un tipo de froita. |
|
Decoración da nosa aula. |
|
Exposición das cestas e dos nosos cabazos. |
|
Que medo!As nosas cabazas iluminadas para defendernos dos malos espritos. |
|
Obradoiro das meigas boas. |
|
Cestas que fan as familias con froitos secos e carnosos, e outros materiais típicos do outono. |
O Samaín,na nosa aula, celébrase dun xeito moi especial.Sabemos perfectamente o significado destas festas e a súa orixe.O que facian os noso ancestros esqueceuse por décadas pero nós retomámolo ,rexeitando americanismos que son copias baratas da nosa cultura.Facemos moitas actividades,unhas na nosa aula,outras co resto da escola e outras coa comunidade educativa ó completo,facendo partícipes da festa ás nosas familias.No seguinte enlace podedes atopar cantidade de cousas do Samaín:xogos,cancións,películas,cousas para colorear.
Se nos metemos nel aprenderémolles moitas cousas ás nosas familias,pois a pesares de formar parte da nosa cultura,aínda é unha festa descoñecida para moitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.