Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 6 de diciembre de 2010

XA QUEDA UN POUQUIÑO MENOS PARA O NADAL

Lola ,axudanta de mamá Noël.

Yago,ayudante de Papá Noël
O venres,3 de decembro,todos nos disfrazamos de axudantes de Papá Noël e Mamá Noël.Encantounos!.
                                                                  
Alba con O Apalpador.

 Tamén estivo na nosa clase  a profe Ángela disfrazada de O Apalpador,que é o noso Papá Noël Galego.Vive só nas montañas da Serra dos Ancares,fuma en pipa e axuda ós Reis Magos e a Papá Noël.Tócalle a barriga ós nenos/as na noite de noiteboa e se os rapaces teñen o bandullo baleiro,déixalle unhas pouquiñas de castañas e se ten o bandullo cheo,déixalle un xoguete feito por él,de madeira.Os rapaces tivéronlle medo nun principio pero de seguido ,os nenos/as se decataron de que non era o verdadeiro Apalpador,senon a profe Ángela.
 Durante toda esta semana estivemos decorando a nosa aula,pintamos os cristais,decoramos a nosa árbore de nadal,colocamos guirnaldas metalizadas de moitas cores e fixemos un pequeniño belén,pois todos sabemos porqué é nadal.
 Eiquí temos algúns dos nosos traballos.


O noso Belén.Os tres Reis Magos:sabemos cantos son,como se chaman,de onde veñen,escribimos os seus nomes e son moi moi velliños.
 Fixemos unhas felicitacións de nadal na aula tic cun programa especial e fixemos estas da foto , na nosa  aula,que son para felicitarlle as festas as nosas familias .Se se abren están escritas e asinadas por nós.
O oso polar ,portada.
 Tamén elaboramos as portadas dos traballos do trimestre que levaremos as nosas casas.
Temos máis actividades que iremos expoñendo máis adiante.Como podedes mirar,traballamos moito na nosa aula, e que GÚSTANOS  moito O NADAL!.
A que están chulas as nosas ventás?


Cantamos panxoliñas.
 POESÍA                                                                                    
Nos gusta el invierno,por qué nos gustará?        
 Por la nieve blanca y por la navidad.                        
        
El frío del invierno tiene una solución,
el gorro,el abrigo y la calefacción.


PANXOLIÑA
A miña burriña cando vai pra o muiño vai ,toda enfariñada e cheiña de frío,
cheiña de frío e máis de xiada ai,a miña burriña sempre vai cargada.

Ista noite hai unha fia e tamén unha espadela(bis),
quéntame o caldo mamai ai, que eu tamén quero ir a ela(bis).


A miña burriña cando vai pra o muiño vai, toda enfariñada e cheiña de frío,
cheiña de frío e máis de xiada ai,a miña burriña sempre vai cargada.
SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE OS VILLANCICOS GALEGOS,pinchade nestes enlaces.
    Orixe dos villancicos galegos e tipos.
                                                        CANTARES DE REIS MOI ANTIGOS
                                   http://www.youtube.com/watch?v=dtOWGT_87GY&feature=related

                                      CONTO DO "APALPADOR"


                          

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.