Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 23 de diciembre de 2010

FESTA DE NADAL NO COLE.O grupo dos renos.


BO NADAL!,xa sabedes quen son.Son Perecho e...non me podía perder a festa do cole Rocío.Así que decidín meterme na bolsa da profe Maricruz e miralo todo para contarvos o que aconteceu.Pois, na primeira hora da mañá  os nenos/as estiveron nas aulas a esperar que viñera o Carteiro real,pero por mor do mal tempo foi imposible que se poidera achegar,así que a profe deu as cartas ós rapaces para que as enviaran coas súas familias.Que lle imos facer!Na mentres esperaban,fixeron unhas tarxetiñas distintivas con debuxos diferentes:uvas,gorros,reno,...que serán os símbolos dos diferentes grupos.


Despois reuníronse todos no comedor e tódolos nenos/as ,misturados por cursos, fóronse xuntando ós profes co distintivo que correspondía.A profe Maricruz era a encargada dos renos da escola.As únicas nenas da clase que lle tocaron á profe foron Sara e Valentina,pois os demais estaban noutros grupos con outras profes.
Despois da xuntanza escomenzaron a facer o percorrido polos distintos obradoiros.
1ºOBRADOIRO:Elaboración dunha tarxeta de felicitación na aula de plástica. 
Esta é Valentina facendo a súa postal con diferentes materiais:cartuliñas,teas,gomets,papel de seda...
Sara fixo o mesmo e quedaron superbonitas.As postais foron repartidas dun xeito aleatorio,pois non levan nome,entre tódolos rapaces do cole.A elas tocáronlles unhas tamén moi bonitas.
Eiquí,abaixo,está o grupo dos renos ,ó completo, na mesa de traballo da aula de plástica.

                          Este foi o resultado do seu traballo.


De seguido foron á aula da profe Merce,onde estaba ubicado o...
2ºOBRADOIRO:Obradoiro de maquillaxe,onde decidiron que ,xa que estaban no grupo dos renos, o millor era que se maquillaran deles,e así o fixeron.Mirade o resultado.


Primeiro botáronse crema os uns ós outros para que a pintura non fixera estragos na pel ,non pique e dure máis tempo.
QUE GUAPA ,SARA!

QUE GUAPO,DANIEL!


QUE GUAPO,ANDRÉ!

QUE GUAPO,JULIO!

QUE GUAPA,LETICIA!

QUE GUAPA, LAURA!


QUE GUAPA,YAIZA!

QUE GUAPA,LUCÍA!

QUE GUAPA ,CANDELA!

QUE GUAPA,NOAILA!


CASE NON A RECOÑEZO.É A PROFE MARICRUZ!

QUE GUAPA,PROFE MERCE!

QUE DIVER É PERTENCER O GRUPO DOS RENOS!
Por qué non nascería neno en vez de trasno?
Despois achegáronse a aula da profe Olga que esperaba para facer con eles un obradoiro de...
3ºOBRADOIRO:Karaoke-conto.Encantoume este obradoiro,e a profe Olga,como canta tan ben,fíxono guay,foi algo diferente.Ademais sabíase todas as cancións.Como a sá estaba escura,eu aproveitei para estirar un pouco as pernas,pois estábanseme quedando durmidas dentro da bolsa,e mireino todo estupendamente sentado no alto do armario da clase.



Eu non sabía que depois ían tomar chocolate quente con bizcoitos,qué bos!,no comedor ,e que por fin podería mirar ó resto dos nenos/as da profe Maricruz.
Sen que ninguén se decatara probei un pouquiño e collín un bizcoito.
Os nenos/as poideron comer ata 3 ou 4 polo menos e ata repetir o chocolate.












A profe non se decatou de mín porque estaba moi atarefada coas mesas e de que a ningún rapaz lle faltase de nada,que bos son os profes desta escola que,a pesares das obras e de non poder facer o festival ,como tódolos anos,fixeron que fose para os nenos/as un día moi especial.
Despois achegáronse ata a aula Tic onde esperaba a profe Belén para visualizar,na pizarra dixital,o conto de "O abeto".Foi precioso.
4ºOBRADOIRO:"O abeto" na aula Tic.


Case choro porque xa sabedes que eu vivo na fraga e non sabía onde levaban ás árbores abetos que cortaban.Por favor,non merquedes abetos naturais,millor de plástico,así non mataremos a ningún ser vivo só para disfrutar vós uns días ó ano.O que ten a profe na aula de 4 anos é de plástico,como ten que ser,por iso son amigo da profe e dos nenos e nenas de 4 anos,porque  coidan o planeta cos seus feitos.
5º OBRADOIRO:LOTARÍA na aula de psicomotricidade a cargo do profe de ed. física Fran.
É moi divertido e eu non coñecía nin este xogo nin o profe Fran que é novo na escola.Gustoume.O que pasa e que quedei atrapado dentro do bombo e mareeime.Grazas a Valentina poiden sair e descubríronme,polo que marchei como unha bala a agocharme dentro da bolsa da profe.
Valentina tentándome sacar do Loto.
Yahiza fixo liña pero non había premio.O millor ,a volta de vacacións,hai algo pra ela.
O profe Fran explicando cómo se xoga.





Os maiores axudaron ós máis cativos con algúns números complicados para eles.
E cal sería a miña sorpresa que...,outra vez de volta ó comedor escolar,e...esta vez para qué?
Para dar os agasaios ós participantes e gañadores dos contos de medo do Samaín.

E eiquí temos ós nenos/as de 4 anos.Só por participar,xa son gañadores:Brian,Nicolás,Manuel e Noa.
Os agasaios foron dados pola profe Cris.Ah!,a Manu,non é que non poida abrir o ollo é que está todo o tempo chiscando á profe cada vez que lle fai unha foto,é moi ,moi simpático.Cáeme ben Manuel pois é un pouquiño traste coma eu.
E...de súpeto vexo vasos con 12 uvas,badaladas de campás e todo o mundo comendo unha por cada badalada.Que raro!
E abriron unhas botellas dunha cousa que se chama CHAMPÍN e que parece esa bebida que os humáns toman nas festas.E todos /as dábanse apertas e se desexaban un felíz aninovo.Eu non podo mostrarme moito porque seguro que me collen para experimentar os científicos, pero deséxovos tamén que o ano que ben sexa estupendo,que eu teña unha fraaga onde vivir,como é o parque da Bouza ,e que poda investigar polo cole novo ás miñas anchas e descubrir tódalas cousas bonitas que fan os meus amiguiños desta escola.
Felíz Aninovo 2011.
PERECHO.




















 FELÍZ 2011 A TÓDOLOS QUE SE INTERESAN POR NÓS VISITANDO O NOSO BLOGUE.ATA O ANO QUE VEN!
O 10 DE XANEIRO,TODOS XUNTOS OUTRA VEZ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.