Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 29 de enero de 2011

PAZ 2011 NA ESCOLA.

-----------     NO COLE ROCÍO.


Á vez que na aula,a Paz trátase na escola a tódolos niveis,contos sobre a paz, traballos conxuntos entre niveis,traballos interciclos... como o que desenvolvimos hoxe,planexado dende semanas polos profes e coa axuda das familias que,coa súa colaboración na recollida de tetrabricks,fixeron posible esta bonita experiencia.
Con tódolos envases ,a profe Ángela fixo un muro,tipo puzzle.Cada cacho sería decorado por un grupo de rapaces misturados de tódolos niveis,con dúas profes como dirixentes.


Fixéronse  oito grupos con nomes e cores  
diferentes:amor,paz,solidariedade...,
vermello,azul turquesa...A cada neno/a correspondíalle unha cor e unha palabra.No comedor escolar cada neno/a,co seu brazalete distintivo,achegábase ata a seu grupo e as profes correspondentes.Cada grupo estaba predestinado a facer unha parte do puzzle que represntaba o cole Rocío.
Distribuíronse os materiais por grupos e as 13.45h deberían estar rematadas e formar a muralla.

Eiquí tedes a presentación de como se fixo o traballo do grupo da profe Maricruz que eran os turquesas"PAZ".





Despois ,achegámonos todos ó  patio novo ó escoitar e ver pola fiestra que todo o cole estaba alí.O patio foi inaugurado hoxe,pois por fin deixáronlo decente,e cantamos a canción de "A muralla" collidos das mans.
Abaixo das fotos de todos, tedes  a canción que todos cantamos e tanto lle gusta ós rapaces.
Dádelle á rodiña do voso rato e aprendede a canción cos vosos nenos/as na casa.

Noa e compaña.

Nico e compaña.


Nico,Silvia e compaña.


Sara e compaña.


Manu e compaña.


Lola e compaña.
Os rapaces  e as profes do noso grupo non sabían nada de dita inauguración ,pois no foron avisados de tal evento e ,nun principio,a canción ía ser cantada no comedor escolar .Se estes nenos/as queren mirala poden facelo no vídeo que está no blogue de Picolindo.
Brian e compaña.

Ambra ,Adrián e compaña.

Miguel e compaña.

Profe Pili,Tristán e compaña.

Pecha a muralla!

Abre a murallla!
           CANCIÓN: "A MURALLA"





A QUE NON SABEDES ONDE ESTABA EU,PERECHO?
POIS ,ENRIBA DA PALMEIRA.E TIÑA UNHA PANORÁMICA GUAY DE TODOS/AS.
NON VOS PELEXEDES E  PORTÁDEVOS BEN CON TODO O MUNDO.
                                      BICOS,PERECHO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.