O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 16 de marzo de 2011

CHARLA DO SR. INSPECTOR DA BRIGADA DE SEGURIDADE CIDADÁ DE VIGO.

Hoxe,de 17h a 18.30h,as familias tiveron a gran sorte de poder asistir a unha charla de gran interese sobre as vantaxes e os inconvenientes do uso de internet nos fogares e con menores.
A charla foi conducida polo Sr. D. Luis Alberto Luaces Bustabad,Inspector da brigada de seguridade e atención cidadá da Policía Nacional de Vigo.






Nesta charla tratáronse,entre outros, temas tan importantes como a supervisión do que fan os nosos fillos/as en internet,os perigos dos chats,redes sociais,webcams,a pornografía infantíl en internet,os virus informáticos,jackers,os envios seguros dos e-correos,as conexións de redes inhalámbricas,as suplantacións de identidades,os perigos das emisións de datos persoais ,as estafas,etc.
As familias e os profesores quedaron encantados pola clara e sinxela exposición do Sr.Inspector,sempre amable e moi didáctico.Lembremos que esta charla tamén foi realizada para os alumnos/as do terceiro ciclo de primaria no noso centro e os rapaces quedaron encantados.
A profe Isa grabou coa cámara de vídeo da escola,toda a charla.

Dámoslle as grazas a tódalas familias asistentes á charla e,por suposto,o Sr.Inspector de Policía que tivo tanta amabilidade para connosco.
NON ESQUEZAMOS QUE INTERNET É ESTUPENDO PERO TEN OS SEUS RISCOS.

A PROFE MARICRUZ

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.