O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 17 de junio de 2011

APRENDEMOS COUSAS SOBRE OS CABALOS.

Sabedes que o martes,21 de xuño,imos de excursión o "Clube hípico Alazán".Por ista razón,os nenos/as de 4 anos e eu,Perecho,estamos aprendendo moitas cousas sobre os cabalos:as súas partes,as monturas,os seus movementos,a rapa das bestas...
Mirade que manada ,de cabaliños e de eguas,temos na clase.


Sabíades que ALAZÁN é o nome dunhas das razas máis puras dos nosos cabalos?
E PARA QUE APRENDADES ALGO DOS CABALOS...
ALGUNHAS COUSAS AS SABEN MOI BEN OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS.



MIRADE ESTE VÍDEO SOBRE AS RAZAS E ALGUNHAS COUSAS MÁIS SOBRE O CABALO DE PURA RAZA ESPAÑOLA.
QUE PRECIOSIDADE!
AÍNDA CA MÍN GÓSTANME MÁIS EN LIBERDADE,SOBRE TODO OS QUE TEMOS AQUÍ,PRETO DE MOUGAS E BAHIÑA,NO CONCELLO DE BAIONA(Pontevedra) E OS DE SABUCEDO,QUE SON MOI FAMOSOS.


VOS RECOMENDAMOS UNHA PRECIOSA PELÍCULA DE CABALOS,"SPIRIT",DA QUE VOS DEIXAMOS ESTE RESUMO DO ARGUMENTO COA MÚSICA DA GAITA ELECTRÓNICA DE HEVIA COMO  FONDO.


LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS QUE O MÉRCORES,22 DE XUÑO,A PROFE MARICRUZ FARÁ ENTREGA DOS TRABALLOS DOS VOSOS FILLOS/AS,DOS INFORMES E ALGUNHAS COUSAS DE INTERESE ,NA SÚA AULA, DE 9h A 13h.
TRAEDE UNHA BOLSA PARA LEVAR O COXÍN E AS CARPETAS.
ESE DÍA OS RAPACES NON VIRÁN Á ESCOLA,POLO QUE NON HABERÁ COMEDOR NIN TRANSPORTE.
OS INFORMES E CARPETAS SE DARÁN  EXCLUSIVAMENTE ÓS FAMILIARES DOS RAPACES.
UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE E PERECHO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.