O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 2 de noviembre de 2011

NOVEMBRO:Mes do magosto e os porquiños.

COMO NOS GOSTAN OS PORQUIÑOS!
SOBRETODO OS NOSOS PORCOS CELTAS,RECENTEMENTE RECUPERADOS,POIS ESTABAN EN PERIGO DE EXTINCIÓN.
MIRADE QUE BONITIÑOS SON.
PERO O QUE MÁIS NOS GOSTA DELES SON AS BOAS COUSAS 
QUE NOS DAN.
A VER SE SABEDES O NOME DALGUNHAS DELAS?
FALAREMOS DELAS NA CLASE.
NÓS SABEMOS AS PARTES DA CACHEIRA DO PORQUIÑO PORQUE XA AS DEMOS NOS CURSOS ANTERIORES,PERO ESTE ANO APRENDEREMOS ALGUNHAS PARTES DO CORPO,COMO ESTAS...
.
O ANO PASADO APRENDIMOS UNHA CANCIÓN SOBRE O NOSO AMIGO O PORQUIÑO .
ÍMOLA LEMBRAR!

video

PRONTO SERÁ O MAGOSTO E COMEREMOS UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS LLE GOSTAN ÓS PORQUIÑOS:"AS CASTAÑAS".
SE QUEREDES SABER DO NOSO MARAVILLOSO "PORCO CELTA"PREMEDE NO ENLACE, QUE APARECE DEBAIXO DESTE PRECIOSO PORQUIÑO ,E DESCUBRIREDES COUSAS QUE NON SABÍADES DEL.

SE VOS PETA COLOREAR ÓS TRES PORQUIÑOS DO CONTO,PREMEDE NO ENLACE QUE APARECE DEBAIXO DA FOTO DESTES TRES VALENTES QUE SOUPERON VENCER Ó LOBO.
FARÉMOLO TAMÉN NA PDI(PIZARRA DIXITAL) DA NOSA ESCOLA.

LEMBREMOS ESTE CONTO MARAVILLOSO.

ENCÁNTANNOS OS PORQUIÑOS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.