O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 4 de diciembre de 2011

UNHA SORPRESA DE NADAL!

O VENRES TIVEMOS UNHA GRAN SORPRESA:
PERECHO ATOPOU A RODOLFO"O RENO" E ESTE DECIDIU QUEDARSE NA NOSA CLASE ATA O 21 DE DECEMBRO,POIS DESPOIS TEN MOITO TRABALLO QUE FACER CON SANTA.
ESTAMOS SUPERENCANTADOS CON ÉL E FIXÉMONOS UNHA FOTO.

É TAL E COMO IMAXINAMOS,CO NARÍZ BRILANTE DE MÁIS.

Queda moi pouco tempo para o esperado nadal,con Papá Noël,as súas maxestades os Reis Magos de Oriente,O Apalpador,os doces e demáis comidas típicas do nadal,as árbores adornadas,as luces nas rúas,as panxoliñas...
Será millor que vaiamos recordando a nosa canción favorita de "RODOLFO ,O RENO" e a nosa páxina de internet favorita que nos poñe en contacto con Papá Noël:



Dende a páxina de northpole,que é a páxina web de Papá Noël,podemos xogar,facer actividades educativas,escribirlle a carta,ver a súa casa por dentro,bailar con él...PREMEDE NESTE ENLACE E ..VIVIDE O NADAL!




ACHEGÁMONOS  ATA "O APALPADOR" QUE É O NOSO SANTA CLAUS GALEGO QUE POÑE OS XOGUETES E UNHAS POUCAS CASTAÑAS ÓS RAPACES E RAPAZAS DAS MONTAÑAS DE "O COUREL".
PERO...QUEN É EN REALIDADE?


O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos aos nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as barriguiñas dos cativos. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.
Apalpador00
Para tranquilizar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantáballes
Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.



SE QUEREDES FALAR DIRECTAMENTE CON SANTA CLAUS OU COS REIS MAGOS DE ORIENTE,DECÍDELLES ÓS VOSOS PAIS QUE VOS POÑAN EN CONTACTO CON ELES A TRAVÉS DESTA PÁXINA: 
http://www.navidadessorprendentes.com/


CANTADE COS VOSOS FILLOS/AS A CANCIÓN DE "·RODOLFO",NAS VOSAS CASAS.


Era Rodolfo el reno, que tenía la naríz
roja como la grana  con un brillo singular.
Todos sus compañeros se reían sin parar
y el pobre de Rodolfo,no podía ser felíz.

Pero Navidad llegó, Santa Claus bajó
y a Rodolfo lo eligió, por su singular naríz.
Tirando del trineo, fue Rodolfo sensación
y desde aquel momento ,todo el mundo le aplaudió.
La,la...

Pero Navidad llegó, Santa Claus bajó
y a Rodolfo lo eligió, por su singular naríz.
TIrando del trineo, fue Rodolfo sensación
y desde a quel momento,todo el mundo le aplaudió.
Todo el mundo le aplaudió.(bis).


FAI O PUZZLE DE RODOLFO.
XA SABEDES QUE PODEDES VARIAR O NÚMERO DE PEZAS PARA QUE XOGUEDES TÓDALA FAMILIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.