O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 11 de marzo de 2012

UN EXEMPLO DE INTEGRACIÓN CULTURAL A SEGUIR.

OS ALUMNOS/AS DO IES CASTELAO DE VIGO,CONFORMAN UN PEQUENO MAPAMUNDI DE 27 PAISES DIFERENTES.
ELES,XUNTO COS SEUS PROFES ,FAN QUE A EDUCACIÓN SEXA VERDADEIRAMENTE ENRIQUECEDORA.
CON MOITO TRABALLO E ILUSIÓN FORMAN PARTE DO PROGRAMA "ARCE" DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E ESTÁN INMERSOS NO PROXECTO"CREACIÓN, INTEGRACIÓN E REDES" ,XUNTO CON IES DE XETAFE,PLASENCIA E MELILLA.
E  VOS CUESTIONAREDES:POR QUE A PROFE MARICRUZ PON ESTA NOVA NO NOSO BLOGUE?
TEN UNHA RESPOSTA MOI SINXELA.UNHA DAS PROFES,ARTÍFICE DESTE PROXECTO, É AMIGUIÑA DA PROFE TETÉ E DA PROFE MARICRUZ,É "EREA DEL RÍO IGLESIAS."
É A GUAPÍSIMA MORENA QUE ESTÁ A CARÓN DA PROFE MARICRUZ.
ADEMÁIS DE SER UNHA DAS MELLORES AMIGAS DA PROFE,É:UNHA EXCELENTE PROFESORA ,INMERSA EN MOITOS PROXECTOS EDUCATIVOS E UNHA MAGNÍFICA INVESTIGADORA E ESCRITORA.
INVESTIGOU,EN CUBA,SOBRE UNHA MULLER GALEGA QUE FOI TODO UN EXEMPLO DE MODERNIDADE  E VANGARDA:"MARÍA MUÑÓZ"
EREA ESCRIBIU UN LIBRO MARAVILLOSO SOBRE A VIDA E TRABALLO DESTA GALEGA EN CUBA.
O LIBRO É:"MARÍA MUÑÓZ PORTAL,SU OBRA MUSICAL EN CUBA"
A FOTO É DA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO.
VERDADEIRAMENTE ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DELA E...A QUE NON SABÍADES QUE É SEGUIDORA DO NOSO BLOGUE E COÑECE A PERECHO?
POIS SÍ,E GÓSTALLE MOITÍSIMO!
O DÍA 10 DE MARZO FORON NOVA NO FARO DE VIGO.
MIRADE ...

SE QUERES MIRAR A NOVA MÁIS GRANDE,PREME NAS FOTOS.
A PROFE EREA É A SEXTA ESCOMEZANDO POR ONDE TÍ QUEIRAS.
A ESCOLA PÚBLICA É MARAVILLOSA.
TRABÁLLASE MOITÍSIMO E CON MOITÍSIMAS DIFICULTADES,SEN SOBRESOLDOS,PERO ISO SÍ,CON MOITA ADICACIÓN E TRABALLO INCONDICIONAL DOS PROFES COMO EREA.
SE QUEREDES SABER COUSAS SOBRE O PROXECTO,PREMEDE NO LOGO.
E SE QUEREDES SABER AS COUSAS ESTUPENDAS QUE FAI ESTE IES DE VIGO ,PREMEDE NA FOTO DO "IES CASTELAO".

NORABOA,EREA E COMPAÑEIROS/AS ,POLO VOSO TRABALLO!
NÓS TAMÉN SOMOS OS VOSOS SEGUIDORES E SEGUIDORAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.