Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 26 de noviembre de 2012

20 DE NOVEMBRO:"DÍA INTERNACIONAL DO NENO".


AÍNDA QUE COINCIDIU ESTE DÍA COA NOSA FESTA DE "COÑECE O NOVO COLE ROCÍO",NON NOS PODEMOS ESQUECER DO...

20 de novembro.



A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez (e poden servir para traballar con alumnos maiores e tamén con pequenos):

1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.

2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sanos e libres.

3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.

4. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas.

5. Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente disminuidos.

6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.

7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar.

8. Dereito á atención e axuda preferente no caso de perigo.

9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.

10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.


Estes dez principios resumidos, ademáis do texto completo da Declaración, podedes atopalos no noso blogue,na parte esquerda,sempre dun xeito permanente,para que poidades consultalos cando queirades.Xa sabedes que na escola entanse constantemente a loitar polo cumprimento deles durante todo o curso.Facede o mesmo na casa ,na bisbarra,na nosa cidade...

Se preferides un estudo da Convención para os Dereitos do Neno adaptada ós máis xóvenes podes obtela nun  documento publicado por Unicef que poderedes ler se premes na foto dos nen@s do mundo.

FAMILIAS!:
MIRADE ESTE VÍDEO!.

PARA QUE OS RAPACES PEQUENOS ENTENDAN MELLOR ESTES DEZ PRINCIPIOS,TEÑEN Ó SEU AMIGO POCOYO,QUE EXPLICA MOI BEN AS COUSAS CON MOI POUCAS VERBAS.

ENTRE TODOS/AS PODEMOS MELLORAR AS COUSAS.
Generador de Texto Brillante

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.