O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 1 de noviembre de 2012

CHULAS DE CABAZA OU PESETAS.

ESTE ERA UN COSTUME  ANTIGO NO SAMAÍN EN GALIZA.
OS RAPACES E RAPAZAS ÍAN POLAS CASAS DEMANDANDO CHULAS DE CABAZA OU  REAIS OU PESETAS.
SE NON CONSEGUÍAN O QUE QUERÍAN,ESPERABAN ÓS DONOS DA CASA E ASUSTABAN DE TAL XEITO QUE ...POLA CONTA QUE LLES TRAÍA,DÁBANLLE SEMPRE ALGUNHA LARPEIRADA,SOBRETODO CHULAS DE CABAZA,POSTRE TÍPICO DO SAMAÍN NO BAIXO MIÑO.
NÓS FIXEMOS O MESMO POLAS DIFERENTES AULAS DA NOSA ESCOLA.
MIRADE O QUE PASOU...

POIS QUE OS NENOS/AS DE 3 ANOS CONVIRTÍRONSE EN VAMPIRIÑ@S!


FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CALACÚS E CESTAS DE OUTONO,MIRADE,MIRADE...!
 
MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
E COMO TÓDOLOS ANOS FIXEMOS O NOSO PERCORRIDO POLAS AULAS DA ESCOLA PIDINDO"CHULAS,CHUCHES OU PESETAS" E... A ÚNICA QUE SE LEMBROU DA NOSA TRADICIÓN FOI SIRA E TRÓUXONOS CHUCHES .POLO TANTO NON A ASUSTAMOS E LLE DEMOS ...MOITOS, MOITOS BIQUIÑOS PARA ELA!GRAZAS ,SIRA!.   
PARA QUE POIDADES FACER AS CHULAS DE CABAZA,NAS VOSAS CASAS...
ESTUDADE BEN A RECEITA.


TEMOS A OBRIGA DE RECUPERAR TÓDALAS NOSAS TRADICIÓNS.
E ESTA É UNHA DELAS.
ESTÁN BOÍSIMAS!
UN BIQUIÑO DOS NENOS/AS DE 3 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ,E...
A GOZAR DO SAMAÍN!.

1 comentario:

  1. ¡Qué ven o pasáchedes! Somos Nerea e sua nai. Este ano Nerea perdeuse a festa porque estaba maliña, pero para o ano que ven... ¡NON NOLA PERDEMOS!
    Un bico

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.