O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 14 de marzo de 2013

Á SABROSA E VITAMÍNICA FROITA!


XA SABEDES QUE A SEMANA PASADA FOI A "SEMANA DA FROITA NA ESCOLA".ESTE É UN PROXECTO DA XUNTA DE GALIZA PARA QUE OS RAPACES CONSUMAN FROITA,POLO MENOS UNHA SEMANA AO MES,NA ESCOLA.
ESTAMOS MOI CONTENTOS PORQUE CONSEGUIMOS QUE TÓDOLOS NOSOS ALUMNOS/AS TOMARAN UNHA PEZA DE FROITA AO DÍA.
MOITOS DOS NOSOS RAPACES NON TEÑEN COSTUME DE TOMALA E OS PROFES CONQUERIMOS,CO NOSO ESFORZO E FACÉNDOLLES COMPRENDER AS SÚAS PROPIEDADES E BENEFICIOS E FACENDO UNHA CAMPAÑA POSITIVA SOBRE ELAS,QUE CONSUMIRAN AS FROITAS QUE CORRESPONDÍAN A CADA DÍA,CON LEDICIA.
O PROFESORADO QUEREMOS QUE O CONQUERIDO SE PERPETÚE NAS CASAS.PREGAMOS ÁS FAMILIAS QUE CONTINÚEN CON ESTA LABOR POLA SAÚDE DOS SEUS FILLOS/AS.
SABEMOS QUE MOITOS DE VÓS ESTADES SORPRENDIDOS DE QUE OS VOSOS FILLOS/AS ESTEAN CONSUMINDO FROITA.
MIRADE AS FOTOS.
O PROGRAMA FOI:
LUNS:MANDARINAS.
MARTES:PLÁTANOS.
MÉRCORES:PERAS.
XOVES:FRESAS.
VENRES:MAZÁS.
APRENDIMOS CORES,FORMAS,TEXTURAS,FROITAS QUE SE COMEN CON PEL, SEN PEL,AS QUE TEMOS QUE LAVAR,AS SÚAS PROPIEDADES...
E FIXEMOS UN MONTÓN DE TRABALLOS,COÑECIMOS A BALOO,O OSO DO LIBRO DA SELVA,AMANTE DAS FROITAS E MOITÍSIMAS COUSAS MÁIS.
LIMOS E ASOCIAMOS OS SEUS NOMES ÁS SÚAS IMAXES.
TAMÉN DEBUXÁMOLAS.
EN GALEGO E EN CASTELÁ E AS QUE PELAMOS E AS QUE TEMOS QUE LAVAR PARA MANTER UNHA HIXIENE ALIMENTARIA...,AS ÁCIDAS,AS DOCES...
ESPERAMOS,NO MES DE ABRIL,TER OUTRA SEMANA DA FROITA.
VOS AVISAREMOS PARA ADECUAR AS MERENDAS COMO NO MES DE MARZO.
FOI ESPECTACULAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.