O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 16 de abril de 2013

A FESTA DE "A BRINCADEIRA"(BOUZAS).



Bouzas festexou o seu papel na Reconquista con miles de visitantes.
A vila sumouse ás "armas" para derrubar a Porta da Falperra e expulsar aos franceses, por iniciativa do seu alcalde.

Miles de persoas pasaron o domingo pola Festa da Reconquista de Bouzas, 'A Brincadeira', que organiza a asociación de veciños ,dende fai dez anos ,e dura todo o día.
Os gaiteiros e pandereteiras animaron as rúas e houbo quen se arrincou coa muiñeira.
Dende primeira hora da mañá abriuse un mercado de época formado por 110 postos, que combinaban os produtos alimenticios coa artesanía, e ata con artesans traballando en fórxa, cestería, oleiros, palilleiras,zoqueiros e escultura. 'Quedou moita xente en lista de espera, este ano incorporamos máis artesans que é o que queriamos', explicou José Vidal, presidente da entidade veciñal.

Bouzas rememora así un episodio da Reconquista de 1809, porque o alcalde da vila, Cayetano Parada Pérez de Limia, participou no cerco a Vigo e atacou a Porta da Falperra para expulsar aos franceses polo que cando estes foron apresados polos ingleses,que viñeron a axudar á expulsión,os boucenses brincaron de leticia,por iso se chama “A Brincadeira”. Para celebralo, marineros e campesiños de Bouzas organizaron unha feira na Praza de Urzáiz de Bouzas, o domingo, un dos eixes da festa, xunto coa alameda de Suárez-Llanos e outras rúas do casco antigo. 

A que non sabiades que unha das pandereteiras que animou a brincadeira foi a profe Maricruz?Pois sí,ela pertence ás pandereteiras do casco vello de Vigo e amenizou,xunto co seu grupo,as rúas de Bouzas.Por esas rúas atopou a multitude de rapaces e rapazas da nosa escola.Uns deses foron Manuel e Jose,exalumno e alumno da profe Maricruz,respectivamente, que se fixeron con ela unha preciosa foto.
GRAZAS Á BEGOÑA,NAI DE MANU E TÍA DE JOSE,POLA EXCELENTE FOTO.

ESTAMOS ORGULLOS@S DO NOSO BARRIO,"BOUZAS".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.