O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 1 de noviembre de 2013

FANTÁSTICA FESTA DE SAMAÍN PARA OS NOSOS NEN@S:"CHULAS OU PESETAS".

O 30 DE NOVEMBRO FOI ESPECTACULAR.OS NEN@S DA NOSA AULA VIÑERON DISFRAZADOS PARA FACER O NOSO PERCORRIDO POLAS AULAS DA ESCOLA,NA PROCURA DE "CHULAS DE CABAZA OU PESETAS",NO LUGAR DAS PESETAS PEDIMOS CHUCHES.ADVERTIMOS,O DÍA ANTERIOR,DA NOSA PRESENZA POLAS AULAS E DAS NOSAS INTENCIÓNS:"SE NON ATENDEDES ÁS NOSAS PETICIÓNS...ASUSTARÉMOSVOS DE TAL XEITO...",COMO FACIAN OS NOSOS ANCESTROS,PORTA POR PORTA,NO SAMAÍN ,ANTES DA PROHIBICIÓN DO ANO 1940,QUE NON DEIXABA FACER ESTES PERCORRIDOS,NON DEIXABA EFECTUAR A COLOCACIÓN DE CALACÚS NOS MUROS DAS CASAS...
OS NEN@S DA PROFE MARICRUZ LEVAN RETOMANDO ESTA FESTIVIDADE ANCESTRAL DURANTE MÁIS DE 6 XERACIÓNS DE ALUMN@S E CADA VEZ TEN MÁIS ACEPTACIÓN NA NOSA ESCOLA.TENTAREMOS QUE ALGÚN CURSO MÁIS,O ANO QUE VEN,SE SUME AO NOSO PERCORRIDO.
É MOI LONGO EXPLICAR TÓDALAS ACTIVIDAES QUE FIXEMOS PERO IMOS MOSTRARVOS AS MÁIS RELEVANTES CUNHA ESCOLMA DE FOTOS QUE FARÁN AS DELICIAS DE TODOS VÓS:PERCORRIDO,EXPOSICIÓN DE CALACÚS,DEGOSTACIÓN DE POSTRE DO SAMAÍN BAILE...
PERO ANTES IMOS ENSINARVOS A RECEITA DAS CHULAS DE CABAZA,XA QUE A QUE TÍÑAMOS NESTE BLOGUE TORNOUSE EN VÍDEO PRIVADO,PARA QUE AS FAGADES NESTA PONTE.
OS VOSOS FILL@S SABEN CÓMO SE FAN.                     

OS NOSOS CALACÚS E EXPOSICIÓN TERRORÍFICA.


PERCORRIDO POLA ESCOLA "CHULAS OU CHUCHES"
PREME NA FOTO PARA MIRALAS OU DESCARGALAS.
MOITÍSIMAS GRAZAS AOS ALUMN@S,PROFES E FAMILIAS  DE TÓDALA ESCOLA POLA SÚA GRAN COLABORACIÓN E FACER QUE ESTA XORNADA DE SAMAÍN FORA ,PARA NÓS, INESQUECIBLE.
Se queredes ver a páxina de recursos didácticos do Samaín da mestra Patricia Pena,da que utilizamos algúns recursos na nosa aula,premede no debuxo de Gaby.

1 comentario:

  1. Qué ilusión le hizo a Antía disfrazarse e ir por todo el cole, lo pasó de muerte¡¡¡¡¡¡¡ Gracias Profe por estas actividades :)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.