O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 27 de noviembre de 2013

COUSAS DA CASA QUE SERVEN PARA REPASAR NA CLASE.


A SEMANA PASADA TIVEMOS DÚAS SORPRESAS DAS VOSAS CASAS:
CAYETANA TRUXO UNHA BONECA ANATÓMICA QUE SERVEUNOS PARA REPASAR AS PARTES DO NOSO CORPO EXTERNAS,INTERNAS,OS OSOS E AS SÚAS FUNCIÓNS,FOI UN ESTUPENDO COMPLEMENTO AOS CONCEPTOS APRENDIDOS,ADEMÁSI DE SER MOI DIVERTIDO.

MIRADE QUE CHULADA!
A OUTRA SORPRESA FOI UNHA SUPERBOLSA CHEA DE ANIMAIS DE TODO TIPO,AGASALLO DO IRMÁN DE ANTÍA,JOEL,QUE TAMÉN ESTÁ NO NOSO COLE.
SERVEUNOS PARA REPASAR OS SEUS NOMES,ONDE VIVEN,O QUE COMEN E ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS,ASÍ COMO FACER CLASIFICACIÓNS DIVERSAS.
TAMÉN FOI UN BO RECORDATORIO E ATA CONSULTAMOS INFORMACIÓN EN INTERNET SOBRE ALGÚNS DELES,MIRANDO FOTOS E VIDEOS.
TAMÉN FOI SENSACIONAL!

MOITÍSIMAS GRAZAS ,JOEL!
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
OS NEN@S ESTÁN SUPERORGULLOSOS DE QUE AS SÚAS FAMILIAS COLABOREN COA ESCOLA.

ESTAMOS A PREPARAR MOITAS COUSIÑAS DE NADAL PERO...SON UNHA MOREA DE SORPRESAS.POLO DE PRONTO IDE BUSCANDO UN XERSEI VERMELLO E UNS PITERPÁNS OU LEAGUINS MARRÓNS.
UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

1 comentario:

  1. Hola Maricruz, me gustan mucho las fotos que pusiste en el blog, espero que los niños juegen mucho con ellos . JOEL

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.