O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 15 de diciembre de 2013

UN VIDRO MOI DE NADAL.


DESPOIS DE DECORAR A NOSA AULA CON ELEMENTOS QUE XA TÍÑAMOS DOUTROS ANOS E OUTROS QUE FORON APORTADOS POLAS FAMILIAS,DECIDIMOS QUE OS VIDROS DA NOSA AULA ESTABAN UN POUCO BALEIROS.PRIMEIRO FIXEMOS UN FERMOSO ABETO NOS VIDROS,A PROFE ENSINOUNOS A FACELO E COLABORAMOS A COLOREALO,E DESPOIS FIXEMOS A MESMA TÉCNICA EN FOLIOS DE CORES.
1.FAISE A SILUETA DO ABETO E O TIESTO.
2.FANSE AS SILUETAS DA ESTRELA E DOS ADORNOS QUE IMOS ENCHER.
3.REPASAMOS CON ROTULADOR VERDE ESCURO.
4.ENCHEMOS DE CORES A NOSA ÁRBORE.
5.UTILIZAMOS A MESMA TÉCNICA QUE NOS VIDROS PERO EMPREGANDO ROTULADORES, CERAS, LÁPIS DE CORES,TÉMPERA,DIVERMAGIC E FURADORES DECORATIVOS.
QUEREDES MIRAR O PROCESO E OS RESULTADOS?
RESULTADO NOS  NOSOS VIDROS.
RESULTADO NO PAPEL.

PROCESO

E AGORA  QUEREMOS QUE MIREDES O BONITA QUE ESTÁ A NOSA AULA ADORNADA.

COMA SEMPRE ,QUEREMOS AGRADECER, ÁS FAMILIAS,ALGÚNS DOS ADORNOS DO NOSO ABETO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.