O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 1 de junio de 2014

UNHA VISITA MOI ESPECIAL:"A AVOA PILI".

COMO XA SABEDES,VAI ALGUNHAS SEMANAS QUE PICOLINDO PEDÍU A COLABORACIÓN DAS AVOAS E DOS AVÓS DOS VOSOS FILL@S,COA FINALIDADE DE QUE VIÑERAN Á NOSA ESCOLA A CONTARNOS UN CONTO,FALAR DA SÚA VIDA,ENSINARNOS UNHA CANTIGA,TOCAR UN INSTRUMENTO...O QUE ELES QUIXERAN.
A NOSA PRIMEIRA VISITA FOI A DA AVOA DE ALEXANDRE QUE,COMO ELA VIVE EN SUIZA E MARCHABA DE VIAXE EN BREVE,APREMIÁBASE FACELA DE CONTADO.
PUXÉMONOS EN CONTACTO CON ELA COA FINALIDADE DE SABER QUÉ NOS ÍA CONTAR E O QUE ÍA FACER COS NEN@S,PARA QUE AS PROFES,CRISTINA E MARICRUZ, POIDERAN PREPARAR AOS RAPACES SOBRE O TEMA.
E ESTE XOVES FOI O GRAN DÍA.
DURANTE TÓDALA SEMANA ESTIVEMOS A APRENDER COUSAS SOBRE SUIZA:SITUACIÓN,GASTRONOMÍA,IDIOMAS,PAISAXE,BAILES...E OS NENOS COÑECERON A UNHA NENA QUE VIVÍA ALÍ E QUE TIÑA UNHA RELACIÓN SUPERESPECIAL CO SEU AVÓ,"HEIDI".
OS NEN@S ESTABAN ENTUSIASMADOS,ATA ALEJANDRO QUERÍA DARLLE O AGASALLO QUE LLE FIXEMOS,O DÍA ANTERIOR,CON TÓDALAS NOSAS SINATURAS NO REVERSO,NADA MÁIS ENTRAR POLA PORTA.

FALOUNOS DA SÚA VIDA,OS SEUS GUSTOS,DA SÚA NENEZ NA ALDEA,DA EMIGRACIÓN,DE SUIZA EN XERAL,DO NADAL NOS DIFERENTES CANTÓNS,FALOUNOS EN ALEMÁN,FRANCÉS E ITALIANO,DO SEU DEPORTE FAVORITO...E TRÓUXONOS UNS DEBUXOS PARA COLOREAR DO NADAL EN SUIZA.
OS NEN@S FIXÉRONLLES UN MONTÓN DE PREGUNTAS.
ALEXANDRE ESTABA FELÍZ!
MIRADE QUE BONITA VISITA E QUE BONITOS TRABALLOS,
PREMENDO NO DEBUXO DE SUIZA.

E SE QUEREDES VER TÓDOLOS CAPÍTULOS DE HEIDI ...,PREMEDE NA FOTO.
NUNS DÍAS RECIBIREDES NAS VOSAS CASAS UNS DÍPTICOS PARA CUMPRIMENTALOS COS VOSOS AVÓS E AVOAS.CADA NENO ELEXIRÁ UN EN CONCRETO.
GUSTARÍANOS QUE OS AVÓS FIXERAN ESTA ACTIVIDADES,COS SEUS NETOS NA CASA,SEGURO QUE VAI SER MOI GRATIFICANTE.
POR ALGUHNA RAZÓN NON PODO COLOCAR DIRECTAMENTE NIN PRESENTACIÓNS,VÍDEOS DE YOU TUBE,NIN O PDF COS DÍPTICOS.
TENTAREI FACELO NAS PRÓXIMAS XORNADAS A VER SE TEÑO MÁIS SORTE.
SINTO TAL FEITO.
MOITÍSIMAS GRAZAS Á AVOA PILI E AOS AVÓS QUE,EN BREVE,VIRÁN Á NOSA ESCOLA.
ANIMÁDEVOS!
É UNHA EXPERIENCIA MARABILLOSA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.