O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 24 de junio de 2014

ACTIVIDADES FIN DE CURSO.


 UNS ABANOS REQUETECHULIS.
CON TANTA CALOR ,DE SÚPETO,NON TIVEMOS MÁIS REMEDIO QUE APRENDER A FACER UNS ABANOS MULTICORES COAS TÉCNICAS DE PLEGADO,RECORTADO E PEGADO DUNHA SERIACIÓN DE GOMETS.
CUN SIMPLE ABANO DE PAPEL...
CANTAS COUSAS PODO APRENDER!
MIRADE,MIRADE...!
MERCADO DE LIBROS DE OCASIÓN.
CADA ANO,PICOLINDO ,A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA DA ESCOLA,
NOS AGASALLA CUNS PIQUEUROS PARA CONQUERIR LIBROS NO MERCADO QUE SEMPRE SE FAI AO REMATAR DO CURSO ESCOLAR.
ESTES PIQUEUROS CONSÍGUENSE SENDO MOI BOS LECTORES,COLABORANDO COAS NOSAS FAMILIAS NOS PROXECTOS QUE NOS PROPÓN PICOLINDO E TENDO UNHA ACTITUDE RESPONSABLE COA CARPETA E COA MOCHILA VIAXEIRA.
CADA NENO/A TEN ACUMULADOS UN DETERMINADO Nº DE PIQUEUROS QUE PODE TROCAR POLOS LIBROS QUE LLE GUSTEN DO MERCADO.
COMA TÓDOLOS ANOS...FOI XENIAL!
DE PIC-NIC DEBAIXO DA NOSA ÁRBORE.
CON TANTA CALOR PRECISAMOS SAÍR,DA NOSA AULA,MOITO MÁIS A MIÚDO E APROVEITAMOS A HORA DA MERENDA PARA,DEBAIXO DA NOSA ÁRBORE QUE XA TEN MOITAS FOLLAS,ESTAR AO FRESQUIÑO.
E,POR SUPOSTO,PRIMEIRO A FROITA E DESPOIS O RESTO DA MERENDA.
 PREMIOS BIBLIOTECA 2014...
AOS RAPACES MELLORES LECTORES E COLABORADORES DA BIBLIOTECA ESCOLAR:AGASALLOS E DIPLOMAS.
PARABÉNS A TÓDOLOS PREMIADOS,EN ESPECIAL A ANTÍA E IRIA.
FESTA DE ANIVERSARIOS DO VERÁN.
COMO MOITOS DOS NEN@S FAN OS SEUS ANOS DURANTE AS VACACIÓNS,DECIDIMOS FACER UNHA MACROFESTA DE ANIVERSARIOS CON,PIÑATA,BAILE,POMPAS DE XABÓN,LARPEIRADAS...
PASÁMOLO FENOMENAL!
DECORAMOS A NOSA AULA,FIXEMOS UN PRECIOSO MANTEL E CONVIDAMOS A TÓDOLOS NEN@S QUE NOS VISITARON DURANTE O TEMPO DE LECER.
CONFECCIÓN DO NOSO SUPERMANTEL.

SE QUEREDES VER O BEN QUE O PASAMOS..,PREMEDE NA SEGUINTE FOTO.
E SE QUEREDES VER COMO BAILAMOS...PREMEDE NA SEGUINTE.
E O DERRADEIRO DÍA,O VENRES,A...
  GRAN FESTA DAS GRADUACIÓNS 
 DOS NEN@S DE 6º DE ED. INFANTÍL E 6º DE ED. PRIMARIA,COA ACTUACIÓN ESTELAR DO" P.COKE",
FAMOSO CANTANTE DE RAP,DA NOSA CIDADE E NETO DO ANTIGO DIRECTOR DA NOSA ESCOLA.
PASÁMOLO FENOMENAL,AÍNDA QUE DANOS UN POUCO DE MAGOA QUE UNS MARCHEN AO INSTITUTO E OS OUTROS XA NON POIDAN XOGAR NO NOSO PATIO PORQUE XA VAN AO PATIO DOS MAIORES.PERO AS PROFES,QUE SON MOI BOAS,NO PRIMEIRO TRIMESTRE SEMPRE DEIXAN QUE XOGUEN NOS DOUS PATIOS.
O ANO QUE VEN SERÁ A NOSA.
 EN BREVE FAREMOS UN ENLACE COS VÍDEOS E FOTOS DO EVENTO.
OS NOSOS AUTORRETRATO -COLLAGES DO VERÁN.

POR FIN A PRAIA! on PhotoPeach

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.