O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 20 de septiembre de 2014

ALGÚNS TRABALLIÑOS DE PRINCIPIO DE CURSO.

SERÍA SUPERLONGO CONTARVOS TÓDOLOS TRABALLIÑOS QUE FIXEMOS DENDE QUE PRINCIPIOU O CURSO ATA AGORA.IMOS CONTARVOS OS QUE MÁIS NOS GUSTARON.
CONFECIÓN DAS NOSAS POSTAIS DE ANIVERSARIO.
Como tódolos anos,aproveitamos os primeiros días do curso para falar das vacacións,do que imos aprender neste curso...e,por suposto, para facer as nosas postais que cada aniversario levamos ás nosas casas coas sinaturas dos nosos compis no inteior.
  1. Eleximos unha personaxe que nos guste moito.Este ano eleximos a Hamtaro.
  2. Coloreámolo según as indicacións da profe.
  3. Picamos o debuxo polo redor.
  4. Nunha cartoliña A4 punteada con tres rotus á vez,pegamos unha foto de grupo  para a contra portada e o Hamtaro na portada.
  5. Con divermagic poñemos Felicidades,o nome noso ,os anos que imos cumprir e os ollos de Hamtaro.
Deixámola secar ben e....xa están preparadas para asinalas,no interior,o día do aniversario de cada un de nós.

O resultado é precioso.
Tamén fixémonos,a nós mesmos,no verán.
Así,á par que lembrábamos as nosas vacacións coa axuda das entradas neste blogue,facíamos un peqeno repaso ao noso esquema corporal.
Queremos que vexades os resultados.






TAMÉN COMEZAMOS A TRABALLAR ROMA E O COLISEUM,PERO ISO VAI FORMAR PARTE DOUTRA ENTRADA.SÓ COMENTARVOS QUE ESTAMOS COA LENDA DE
RÓMULO E REMO E ALGÚNS ASPECTOS DA CULTURA ROMANA.
SE VOS ENVIOU UNHA CIRCULAR PARA CONTAR COA VOSA COLABORACIÓN NA BUSCA DE INFORMACIÓN,RECOPILACIÓN DE OBXECTOS,FOTOS,MAQUETAS,...SOBRE O TEMA.ESPERAMOS QUE ESTA COLABORACIÓN SEXA EXCELENTE COMA SEMPRE.
GRAZAS DE ANTEMÁN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.