O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

jueves, 6 de noviembre de 2014

OS SACAPENAS:Un bo remedio para as nosas preocupacións nocturnas.

A lenda conta que si lle contabas as túas penas a un sacapenas e despois o poñías debaixo da almofada, ao día seguinte sacábache as penas,os medos,as preocupacións…
Esta lenda comezou en Guatemala.
Para confeccionar un sacapenas precísase: Limpapipas,agulla,teas,fío,tesoiras, fibra ou algodón, Super Glue, lá, moita paciencia e imaxinación.
A profe Maricruz vos proporciona os limpapipas para facer o armazón como se pode ver na foto de abaixo,e o modelo de cómo queren os vosos fillos e fillas que fagades o seu.Todo vai dentro da carpeta viaxeira.
A profe Maricruz ten un e o libro da biblioteca da escola ten outro.
Mirade que chulos.

As instruccións de como se fai o sacapenas,atoparédelas premendo na seguinte foto.
O conto sobre o que estamos a traballar este tipo de emocións  podedes miralo premendo na portada do conto.
Nós,no cole ,témolo en galego e así foi contado aos nen@s.
O do vídeo está en español americano.

Cada familia debe confeccionar o sacapenas para o seu fillo ou filla e traelo á escola,co nome,para que poidamos velo todos e comapartir experiencias.
Despois será devolto ás casas para que os nenos poidan utilizalos nas noites que teñan preocupacións.

Esperando que esta experiencia sexa do voso agrado,mándavos un saúdo afectuoso,a profe Maricruz.
O prazo de entrega do boneco é dunha semana.
E agora mirade os modelos de como queren que sexan os seus quitapenas.



3 comentarios:

  1. Non sei se sacará as penas pero o que sí sei e que facendo o "sacapenas" para Cristian un rato xa rin. Non se parece moito o das fotos pero...... quedou simpatico. Que gañas de ver os demáis.
    Un saudo para tod@s

    ResponderEliminar
  2. Encántame isto do sacapenas¡¡¡ non coñecía esta lenda. Non quedou perfecta pero seguriño que Antía lle gusta, estou por facer unha para min¡¡¡:)

    ResponderEliminar
  3. Espero que o sacapenas funcione , facíanos falta algo así para ás noites non teñamos medo ...Silvia

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.