O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 12 de noviembre de 2014

MAGOSTO 2014 NA NOSA AULA E NA ESCOLA.


 SYMBALOO DE BELÉN JUNQ
 COMO TÓDOLOS ANOS TRABALLAMOS
 O OUTONO,TEMPO ATMOSFÉRICO,ROUPAS,
GASTRONOMÍA,FROITOS,FESTAS...
SERÍA IMPOSIBLE EXPOÑER 
TÓDALAS ACTIVIDADES 
QUE FACEMOS,POR ISO IMOS MOSTRARVOS
 AS QUE CONSIDERAMOS MÁIS RELEVANTES,
COMO POR EXEMPLO A FESTA DO MAGOSTO 
QUE É TAN IMPORTANTE 
NA NOSA COMUNIDADE.
NESTE ENLACE MÓSTRANSE MOITÍSIMOS RECURSOS 
QUE FORON EMPREGADOS NA NOSA AULA
(TRABALLO DA PROFE BELÉN JUNQ).
O QUE MÁIS LLES GUSTOU AOS VOSOS FILLOS FORON
 AS CANTIGAS DO MAGOSTO,O CONTO DE "A CASTAÑEIRA"
E O DE "A CASTAÑA QUE ESTOUPOU DE RISA".
PARA PODER ACCEDER A ESTES RECURSOS,PREMEDE NA FOTO DA NOSA CASTAÑEIRA.
PODEDES ATOPAR MÁIS RECURSOS NESTE BLOGUE,PREMENDO NAS ENTRADAS DOS MAGOSTOS DOS ANOS ANTERIORES.

NÓS TEMOS,NON SÓ A NOSA CASTAÑEIRA PINTADA SENON TAMÉN UNHA MECA VESTIDA DE CASTAÑEIRA E QUE PRESIDIU A ENTRADA DO NOSO COLE DURANTE ESTAS XORNADAS FESTIVAS.MIRADE QUE CHULA É.

FIXEMOS UNS DISTINTIVOS PARA NÓS,AS PROFES QUE NOS DAN CLASE E AS NAIS CASTAÑEIRAS.
BONITIÑO, VERDADE!
POIS,A PESARES DE ESTAR PLASTIFICADOS,OS NENO@S,COMO CORTAN TAN BEN COAS TESOIRAS,FIXÉRONNO FENOMENAL.

O NOSO CONTO FAVORITO.



TAMÉN FIXEMOS UNS CUCURUCHOS PRECIOSOS.
MIRADE,MIRADE!

E,POR SUPOSTO,TRABALLAMOS A GASTRONOMÍA DA CASTAÑA.
EIQUÍ VOS DEIXAMOS MOITAS RECEITAS.
PREMEDE NA FOTO DAS NOSAS RICAS CASTAÑAS ASADAS.
SE VOS ATREVEDES A FACER ALGUNHA DELAS NA CASA,PODEDES TRAELA Á ESCOLA PARA PROBALA.
OS NEN@S,QUE SON MOI LAMBÓNS,DARÁN BOA CONTA DELAS.
E AGORA,POR SUPOSTO,A GRAN FESTA NA ESCOLA,CON XOGOS,CANTIGAS E DEGOSTACIÓN DAS CASTAÑAS,NA COMPAÑA DAS NOSAS FAMILIAS.
QUEREMOS AGRADECER A VOSA COLABORACIÓN E A VOSA COMPAÑA NESTA XORNADA TAN ESPECIAL PARA OS NEN@S.
PREMEDE NA NOSA PANCARTA DO MAGOSTO E VEREDES QUE FOTOS MÁIS CHULAS.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS NO VOSO PC.
TAMEN QUEREMOS DAR AS GRAZAS AO NOSO CONSERXE FAVORITO,KIKE,QUE TRABALLOU MOITÍSIMO PARA QUE TODO SAIRA FENOMENAL.
KIKE,DESPIDIUSE HOXE DE NÓS E TROUXO Á NOVA CONSERXE,CHUS.
DÍMOSLLE UNHA SUPERAPERTA E ESPERAMOS QUE VOLVA MOI PRONTO.
COMO TE QUEREN OS NEN@S!

4 comentarios:

  1. Qué bonita festa a do magosto! E a castañeira que guapa ! Bicos para os nenos de maricruz .... e tamén para a mestra ! Muac .. papis e irmá de Silvia

    ResponderEliminar
  2. Qué cariñas máis negras se lles quedaron a estes rapaces no magosto. Parecían o rei Baltasar ! papás e irmá de Silvia

    ResponderEliminar
  3. Que ben o pasaron celebrando o Magosto!!! Moitas grazas polo distintivo de castaña, encantoume o detalle!!:) Non só os nenos e as profes votarán de menos a Kike, as nais e pais tamén, volve pronto!!

    ResponderEliminar
  4. Que bonito e ben feito quedou o distintivo da castaña. Como se nota que xa teñen 5 anos. E graciñas profe por poñer o conto da castaña, agora xa sei porque teñen o cú doutro cor jajajaja.
    -Ata pronto Kike, votarémoste todos moitísimo de menos, pero seguro que Chus tamén o fará moi ben. Bicos para tod@s
    *Cristian e familia

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.