O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 8 de diciembre de 2014

UNHA VISITA INESPERADA:O OURIZO PERDIDO DE ÁFRICA.


ÁFRICA E A SÚA NAI,ÍAN POLA ESTRADA CANDO,DE SÚPETO,ATOUPÁRONSE CUN AMIGUIÑO MOI MEDORENTO E PERDIDO...UN OURIZO DE TERRA ADULTO.
PERO...COMO É QUE TÍ ANDAS POR EIQUÍ CANDO DEBERÍAS ESTAR NA TÚA CASIÑA DURMINDO PLÁCIDAMENTE?
ENTÓN ÁFRICA LEVOUNO PARA A SÚA CASA.
FIXO BEN ÁFRICA?POIS SI.
RESULTA QUE,ÁS VECES,CANDO APARECEN DÍAS MOI BOS,CASE NA ENTRADA DO INVERNO,ALGÚNS ANIMAIS,QUE XA ESTABAN A HIBERNAR,SAEN DAS SÚAS CASIÑAS,ATONTALINADOS,PENSADO QUE É PRIMAVERA E ENTÓN...PÉRDENSE.
SE NÓS DEIXAMOS AO OURIZO EN LIBERDADE,NON PODERÍA SOBREVIVIR POIS A SÚA COMIDA NON ESTÁ DISPONIBLE NA NATUREZA ATA A PRIMAVERA.SE NÓS NON PODEMOS COIDALO,LEVARÉMOLO ATA UNHA PROTECTORA QUE SE FARÁ CARGO DÉL ATA A PRIMAVERA.E SE TEMOS SITIO NA NOSA CASA PODEREMOS FACERLLE UN INVERNO MOI AGRADABLE.
TODO ISTO EXPLICOUNOS Á PROFE MARICRUZ MOI BEN.
ASÍ QUE,ANTES DE ACOMODAR AO OURIZO NA CASIÑA DE ÁFRICA,A SÚA NAI TRÓUXONO Á ESCOLA.PERO...O OURIZO ESTABA SUPERASUSTADO E ATONTADIÑO POLO QUE...FÍXOSE UNHA BOLIÑA E NON HOUBO MANEIRA DE MIRARLLE A CARIÑA TAN GRACIOSA QUE TEN.
 FIXÉMOSLLE UNHA CAMIÑA DE PALLA,CUN ALGÚN FEIXE QUE TIÑA A PROFE NA CLASE,E POIDEMOS TOCAR OS SEUS PICOS,POUCO TEMPO CRARO,PARA NON MOLESTALO MOITO.PUXEMOS A CLASE A ESCURAS POIS SON ANIMAIS MÁIS ACTIVOS DURANTE AS NOITES.
DEMOS UN BO REPASO Á VIDA DUN OURIZO.
NÓS SABEMOS MOITO SOBRE ELES POIS FIXEMOS UN MINIPROXECTO CANDO ESTIVEMOS EN 3 ANOS,COA PROFE MARICRUZ.
LEMBRAMOS TODO SOBRE ELES E AO OURIZO "RIZO".
PUXÉMOSLLE UN NOME ENTRE TODOS:"PINCHITOS",E LEVÁMOLO ATA O AULA DA PROFE ROSA PARA QUE OS NEN@S DE 4 ANOS O MIRARAN.
QUEDAMOS QUE CANDO ESTIVERA MÁIS CONFIADO,NA CASA DE ÁFRICA,ELA FARÍALLE FOTIÑOS PARA ASÍ VER O GUAPIÑO QUE É,PARA DESPOIS MANDALAS Á PROFE POR E-CORREO.
ESTUDAMOS A MANEIRA DE ALIMENTALO EN CAUTIVIDADE E COMO FACERLLE UNHA CASIÑA MARABILLOSA PARA PASAR O INVERNO CONNOSCO.
MIRADE,MIRADE...

REPASO DAS CARACTERÍSTICAS DOS OURIZOS DE TERRA.
PREMEDE NA IMAXE.
http://elterrao-dosurbanitasenelcampo.blogspot.com.es/2013/06/erizos.html#.VIV93meFTB0
COMO COIDAR AO MEU OURIZO DE TERRA,EN CAUTIVIDADE?
PREMER NA IMAXE.
COMO LLE PREPARO UNHA GAIOLA MARABILLOSA?
PREME NA FOTO.
http://www.comolohago.cl/como-preparar-una-casa-para-un-erizo-de-tierra/

UN OURIZO COMO EU:"PINCHITOS"  
E...FIXEMOS UNS DEBUXOS ESPECTACULARES!
MOITÍMAS GRAZAS Á ÁFRICA E Á SÚA NAI. 
ESTAREMOS PENDENTES DE "PINCHITOS",DE COMO PASA O INVERNO E DA SÚA SAÚDE,ESPERANDO A SÚA POSTA EN LIBERDADE NA PRIMAVERA.
ADEMÁIS DE"PINCHITOS",TEMOS UN OURIZO ARTISTA QUE NOS ENCANTA,CHÁMASE"ESPINETE",E A SÚA CANCIÓN É MARABILLOSA.
CANTADE COS VOSOS FILL@S NA CASA E PODEREDES LEMBRAR VELLOS TEMPOS.

4 comentarios:

  1. Ohhhh que bonito. Cristian falóume de Pinchitos pero non me contou como fora a súa historia ata chegar o fogar de África. Moitas grazas África e tamén a súa nai por recollelo. Fai falla moita xente así. Un bico para tod@s

    ResponderEliminar
  2. Que debuxos tan bonitos de Pinchitos ¡¡¡¡¡¡ Encántanme :) , E que recordos me trouxo Espinete¡¡¡¡¡

    ResponderEliminar
  3. Hola, nos encanta la canción de Espinete. Que recuerdos!!!!
    Un saludo de Nerea y su mamá.

    ResponderEliminar
  4. A min pasóume ó contrario que a Montse. Eu sí sabía a historia de como África atopou un erizo na estrada pero Marta non me contara que despois trouxera a ese erizo á clase. Con África temos un filón para poder ver animais de preto!!!!

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.