O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 29 de diciembre de 2014

UN NADAL MARABILLOSO.


OLA RAPACES! SON PERECHO E ESPERO QUE ESTEDES PASANDO UN NADAL MARABILLOSO.
A PROFE MARICRUZ SINTE NON TER PUBLICADO NADA NESTES DÍA PERO PROBLEMIÑAS DE SAÚDE IMPEDÍRONLLE FACELO.
UFFFF,TEÑO TANTAS COUSAS QUE CONTARVOS...DE COMO PREPARAMOS O NADAL COA PROFE.SON TANTAS:CONTOS,TRADICIÓNS,HISTORIA,
PANXOLIÑAS...,
MOGOLLÓN,MOGOLLÓN.
VOU CONTARVOS SÓ ALGUNHAS.
DECORAMOS A NOSA AULA E PUXEMOS DE TODO,COUSAS FEITAS NO AULA,DAS NOSAS CASAS,MERCADAS... E ADEMÁIS HOUBO EXPOSICIÓN DE BELÉN,POR PARTE DOS NEN@S DE RELIXIÓN.E RODOLFO,O NOSO BONECO,FOI ÁS NOSAS CASAS.
XA SEI QUE HOUBO NEN@S QUE NON O POIDERON LEVAR POR FALLA DE TEMPO,PERO NON PASA NADA,Á VOLTA PODERÁ SEGUIR RULANDO.
RESUMO DA DECORACIÓN DO AULA. 

DECORACIÓN AULA NADAL 2014 - Kizoa Movie Maker



 ELABORAMOS UNHAS PORTADAS PARA AS NOSAS FICHAS,QUE ESTABAN PERSONALIZADAS CON MONTAXES QUE FIXERON ELES MESMOS COA AXUDA DA PROFE.
MONTAXES PORTADAS TRABALLOS NADAL 2014 - Kizoa Movie Maker



 POLO MESMO PROCEDEMENTO,ELABORAMOS UNHA POSTAL DE NADAL 
PARA CADA UN DOS PROFES,CONSERXE E COIDADORAS,DA NOSA ESCOLA,E PARA CADA UNHA DAS NOSAS FAMILIAS.
A PARTE DE DIANTE É IGUAL EN TODAS.AS DA COMUNIDADE EDUCATIVA LEVABAN AS NOSAS SINATURAS POLO DORSO E AS DAS FAMILIAS UNHA FELICITACIÓN PERSONALIZADA.
DESPOIS PLASTIFICOUNAS A PROFE E PUXÉMOSLLES UNHA FITA PARA PODELAS PENDURAR NAS NOSAS ÁRBORES DE NADAL.
CON ESTA ACTIVIDADE PRETÉNDESE QUE O COSTUME DE DAR UNHA FELICITACIÓN DE NADAL AOS NOSOS SERES QUERIDOS,NON SE PERDA,SEXA POR E-CORREO,CARTA,POSTAL...


 FIXEMOS DELA UN GIF,QUE COLOCAMOS NA PARTE SUPERIOR DO NOSO BLOGUE.

TAMÉN DECORAMOS OS SOBRES ONDE VAN IR O PROGRAMA DA FESTA,OS INFORMES,A FELICITACIÓN NOSA E DO CENTRO E ALGUNHA SORPRESIÑA MÁIS.
OS NEN@S NOS CONTAN QUE ALGÚNS DE VÓS TIRADES OS SOBRES AO LIXO.NON O FAGADES PORQUE A ELES CÓSTALLE MOITO TRABALLO FACER ESTAS COUSAS TAN BONITAS,DESTE XEITO,CANDO SEXAN MAIORES,QUERERAN TER CONSERVADOS ESAS COUSIÑAS QUE FIXERON DE PEQUENOS.

CO PROXECTO DE CENTRO "VIAXAMOS POLAS MARABILLAS DO MUNDO",CONFECIONAMOS A  NOSA PÁXINA PARA O CALENDARIO QUE VAI DE AGASALLO ÁS NOSAS CASAS.
PRIMEIRO FIXEMOS UNS BONEQUIÑOS,COAS NOSAS FACIANAS, VESTIDOS DE ROMANAS E ROMANOS.
LOGO PLASTIFICÁMOLOS PORQUE IMOS FACER CON ELES MOITAS ACTIVIDADES DURANTE O CURSO.
COMO A PROFE MARTA NON ÍA SAIR EN NINGURES,DECIDIMOS FACERLLE UN VESTIDIÑO E INCLUILA CONNOSCO.
BONECOS DE ROMANAS E ROMANOS - Kizoa Movie Maker

 APROVEITANDO OS TRABALLOS ,SOBRE O COLISEUM, QUE FIXERON OS NEN@S DE ED. PRIMARIA,PUXÉMOSLLE O FONDO DO SUPERCOLISEUM DO CORREDOIRO E COLISEOS PEQUENIÑOS QUE FIXERON ELES,ELEXIDOS POR NÓS,PARA POÑELAS NA PARTE NUMÉRICA ,ENGADINDO OS NÚMEROS ROMANOS,QUE POR CERTO SABEN FACER OS VOSOS NEN@S.
A NOSA PÁXINA QUEDOU DESTE XEITO:
E A FOTO DE PORTADA DO CALENDARIO QUEDOU PRECIOSA.

PARTICIPAMOS NO CONCURSO DE POSTAIS DO CENTRO.
OS NEN@S DE PRIMARIA FORON OS ENCARGADOS DE ELEXIR AOS GAÑADORES.
PRESENTAMOS TODAS AS NOSAS PORQUE ESTABAN SUPERBONITAS.
A PROFE ENSINOUNOS A FACER PALMEIRAS,CAMELOS,BOIS,MULAS,PESEBRES,ESTRELAS,HERBAS,NEVE,
A ZORRA DE PAPÁ NOEL,...
UTILIZAMOS DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS.

CONCURSO POSTAIS NADAL 2014. on PhotoPeach
DECORAMOS A CARTA PARA O PAXE REAL E ALGÚNS DE NÓS RECORTAMOS E PEGAMOS OS AGASALLOS QUE QUERÍAMOS,DOS CATÁLOGOS DE XOGUETES,E OUTROS XA ESCRIBIRON,ATA CON MINÚSCULAS,OS SEUS DESEXOS.
TAMÉN,E COMO TEMOS POR COSTUME,FIXEMOS AO PAXE UN LIBRIÑO CON DEBUXOS NOSOS.
AO PAXE ENCANTOULLE.


LIBRO DO PAXE 2014. on PhotoPeach
PREPARAMOS,TODA ED. INFANTÍL,UNHA PANXOLIÑA,ESTE ANO EN CASTELÁ,"MI BURRITO SABANERO".
PARA INTERPRETARLO A PROFE FIXO UN MODELO DE ORELLAS MOI BONITIÑO,CON GOMA EVA,UNHA DEADEMA PLÁSTICA,DACHA E DIVERMAGIC VERMELLO.
FIXÉMOLO FENOMENAL,NO FESTIVAL. 
 PROGRAMA DO FESTIVAL,QUE SE ENVIOU ÁS FAMILIAS POR TOKAPP.
ADEMÁIS DA VISITA DO PAXE E O FESTIVAL TAMÉN HOUBO BADALADAS DE FIN DE ANO,NO PATIO DE INFANTÍL.
SE QUEREDES CANTAR A PANXOLIÑA,PREMEDE NO DEBUXO DO BURRIÑO.
https://www.youtube.com/watch?v=RcW00nYXs3E

PREMEDE NO SELFIE DA PROFE E VEREDES AS FOTOS DO FESTIVAL.
HAI DE TÓDOLOS CURSOS PORQUE TAMEN QUEREMOS TER FOTOS DOS NOSOS IRMÁNS E COMPAÑEIROS.
QUEREMOS AGRADECER A BONITA FUNCIÓN DOS PRESENTADORES DE ED. PRIMARIA.FIXÉRONNO ESTUPENDAMENTE!
LEMBRADE QUE PODEDES DESCARGALAS NO VOSO ORDENADOR.
QUEREMOS AGRADECER A COLABORACIÓN DO ANPA DA NOSA ESCOLA,NA PREPARACIÓN DAS UVAS DA SORTE E NO SORTEO DA CESTA DE NADAL.
E TAMEN A TÓDOLOS PAIS,PROFES,CONSERXE,KIKE E PAXE REAL,QUE FIXERON POSIBLE ESTA FESTA QUE OS NEN@S GOZAN CON TANTA ILUSIÓN. 


BADALADAS E UVAS DA SORTE 2014-15 on PhotoPeach
RECURSOS DIDÁCTICOS NADAL
PREME NA FOTO DO BELÉN DE ELIA E VERÁS CANTAS COUSAS DE NADAL.
LEMBRARÁS MOITAS COUSAS QUE FISEXES NA CLASE. 
 OS NOSOS BONECOS DE NEVE QUE FIXEMOS COA PROFE MARICRUZ NO EDI.
MIRADE QUE CHULOS

BONECOS DE NEVE ON-LINE 2014 - Kizoa Movie Maker
VOS DESEXAMOS UN 2.015 CHEO DE COUSAS MARABILLOSAS.

1 comentario:

  1. FELIZ ANO 2015!!!!! Desexamos que este ano veña cargadiño de moita saúde e como non, que lle traiga os nenos moitísimas ganas de traballar jejeje. Un bico moi forte a Perecho, a profe Maricruz e a tod@s vos.
    Cristian e familia

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.