O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 18 de marzo de 2015

FELÍZ DÍA DOS PAIS,AVÓS,TÍOS,PARELLA DE MAMÁ,PADRIÑOS,PEPES,XOSES,...

Na longa xornada da vida moitos mestres atoparemos, 
algúns seguiremos, outros abandonaremos, 
dintre todos, un deles é o que máis amamos. 
O seu nome é simple e fácil de pronunciar, 
PAPÁ, 
no meu corazón tí sempre terás o teu lar. 


PAI NON É AQUEL QUE LEVA O NOSO SANGUE,SENON AQUEL QUE NOS COIDA CADA DÍA E PREOCÚPASE POLO NOSO BENESTAR.
POR ISO,MOITOS DOS NOSOS NEN@S NON SÓ FIXERON UN AGASALLO PARA O DÍA DO PAI,SENON VARIOS.
QUE SORTE TER,POR EXEMPLO,AO TEU PAI E ADEMÁIS Á PARELLA DA TÚA NAI,QUE SE PREOCUPAN POR TÍ!

ESCRITO POR ELES,XA EN LETRAS MINÚSCULAS,E CON TODO O SEU AMOR...FIXERON ESTE BONITO DIPLOMA,PORQUE O MERECEN.
DESPOIS,COMO SON MÁIS QUE SUPERMAN,PUXÉMOLOS COMA ÉL,COA  INICIAL DO SEU NOME NO PEITO.
OS NEN@S,COAS AXUDA DA PROFE, PLASTIFICARON,NO AULA ,CADA UN DOS DIPLOMAS.
QUEDARON ALUCINADOS CO QUE FAI A MÁQUINA PLASTIFICADORA!
E CUN BURAQUIÑO NUNHA ESQUINIÑA,FIXÉMOSLLE UNHA LAZADA SUPERBRILANTE PLATEADA.


A QUE ESTÁN CHULÍSIMOS?
ATA A PROFE MARICRUZ FIXO UN PARA O SEU PAI.
A PROFE COÑÉCEVOS A TODOS PERO VÓS NON COÑECEDES AO PAPÁ DA PROFE MARICRUZ,MANUEL.
UN HOME MARABILLOSO,BO,LISTO,TRABALLADOR,VALENTE,HONESTO E SENSIBLE,QUE TEN 82 ANOS DE SABIDURÍA E AMOR,OTORGADO A TODO AQUEL QUE PASOU POLA SÚA VIDA.
ÉL TEN MOITOS TÍTULOS,PERO SEGURO QUE ESTE ENCÁNTALLE.
SELFI DA PROFE CO SEU PAPÁ.
SE HAI UNHA PELÍCULA EXTRAORDINARIA PAR VER,COS VOSOS FILL@S NO DÍA DO PAI,É O "REI LEÓN".
SE A POIDÉRADES CONQUERIR,SERÍA ESTUPENDO.

PARA TODOS...ESTE BONITO VÍDEO.


FELÍZ DÍA DO PAI!

3 comentarios:

  1. Parabéns para todos os pais ! O agasallo é moi orixinal, como complemento para esta primavera. E grazas por presentarnos ó teu pai Manuel, ten cara de boa persoa e semellaste a él ! Nai de Silvia.

    ResponderEliminar
  2. Ao pai de Antia encantoulle o seu agasallo!! Agora temos que buscarlle un sitio especial :)

    ResponderEliminar
  3. Quedou precioso.!!! Que ilusionado chegou Cristian co agasallo para o seu pai. Non lle daba chegado a hora para poder darllo. Por certo profe, teu pai tamén e moi guapo, e seguro que bó, valente e listo. Un saudo para tod@s.
    (P.D. - Que ganas de que chegue o día da nai jejeje)

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.