O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

lunes, 16 de marzo de 2015

RECICLAMOS:ESTANTERÍA FEITA CON CAIXAS DE FROITA.

A PROFE MARICRUZ TROUXO 3 CAIXAS DE FROITA.
FIXEMOS UNHA CHOIVA DE IDEAS PENSANDO QUÉ PODERÍAMOS FACER CON ELAS,SEMPRE TENDO EN CONTA QUÉ COUSAS PRECISAMOS.
COMO O QUE MÁIS PRECISAMOS SON ESTANTERÍAS...YUJUUU,UNHA IDEA!
FACER UNHA ESTANTERÍA PARA AS COUSAS DA COCINIÑA.
  1. LAVÁMOLAS MOI BEN.
  2. SECÁMOLAS.
  3. UNIMOS AS UNHAS COAS OUTRAS CUNHAS BRIDAS NEGRAS QUE NOS SOBRARON DO ESTANDARTE ROMANO DO ENTROIDO.
  4. PEGAMOS GOMETS DE ESTRELIÑAS DOURADAS,PARA QUE QUEDARA BEN DECORADA,XA QUE ESTE MATERIAL É MALO DE PINTAR.
E...PUXEMOS TÓDALAS COUSIÑAS DA COCIÑA NELA.
PRECIOSA!
OS TRABALLOS,EN GRUPO...MOITO MELLOR!

SE QUEREDES TER MULTITUDE DE IDEAS DE RECICLAXE PARA FACER COS VOSOS FILL@S NA CASA;PREMEDE NA FOTO DE IRIA,MELI E GABY.

MIRADE O PROCESO DA NOSA ESTANTERÍA.


E SE AS FAMILIAS ANÍMANSE A SACAR TÓDOLOS TRASTOS QUE,APARENTEMENTE NON SERVEN PARA NADA,DOS NOSOS FALLADOS E TRASTEIROS,NESTA WEB TEDES IDEAS FABULOSAS PARA TROCAR A DECORACIÓN DA VOSA CASA CON COUSAS QUE NIN PENSÁBADES QUE PODERÍADES APROVEITAR.
PREMEDE NA SEGUINTE IMAXE.

RECICLAR É MOI DIVERTIDO,ADEMÁIS DE SER MOI ÚTIL NESTES TEMPOS DE CRISE.
ÁNIMO!

3 comentarios:

  1. PERO MIRA QUE APAÑADIÑOS SODES. MOI BEN. QUEDOUVOS PRECIOSA A ESTANTERÍA.
    UN BICO PARA TOD@S DA FAMILIA DE CRIS

    ResponderEliminar
  2. Caray, estais todos hechos unos manitas....os quedo preciosisima!
    Besitos para todos. Mama de Alejandro.

    ResponderEliminar
  3. Que ideas mais boas !!! Práctico e baratiño

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.