Generador de Texto Brillante

O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.


XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

martes, 9 de junio de 2015

UNHA APASIOANTE E CIENTÍFICA VISITA.

O VENRES,5 DE XUÑO,VISITOUNOS  "ALEX",CIENTÍFICO DO CSIC(Consejo Superior de Investigaciones Científicas),E COMPAÑEIRO DE TRABALLO DA NAI DE DANIELA,DO AULA DA PROFE ROSA.
ESTE É ALEX.
O CSIC ESTÁ MOI PRETO DE NÓS,NO NOSO BARRIO,EN BOUZAS-VIGO.
A QUE VOS SOA ESTE EDIFICIO?
POIS MIRADE NO MAPA.
SE QUEREDES SABER TODAS AS COUSAS APAISOANTES QUE SE FAN DENTRO DESTE EDIFICIO,PREMEDE NA FOTO DÉL E VEREDES.ÍDEVOS ENGANCHAR  A COUSAS SUPERINTERESANTES E IMPORTANTES,TANTO PARA TODOS NÓS COMA PARA A NOSA CONTORNA.

ALEX CONTOUNOS EN QUE CONSISTÍA O SEU TRABALLO,CÓMO CONTROLABAN O CRESCEMENTO DOS PEIXES,CÓMO SABÍAN OS ANOS QUE TIÑAN,COMO LLES POÑÍA UN CHIP PARA TELOS CONTROLADOS EN TODO MOMENTO...MOITÍSIMAS COUSAS,ALGUNHAS XA AS SABÍAMOS E OUTRAS FORON UNHA AUTÉNTICA SORPRESA!
IMOS COMENTARVOS SÓ ALGUNHAS COMO POR EXEMPLO...SABÍADES QUE PODEMOS CALCULAR A IDADE DOS PEIXES POLOS OTOLITOS E POLAS ESCAMAS?
E VOS PREGUNTAREDES...QUE SON OS OTOLITOS?
Os Otolitos son materiais sólidos que se atopan no sistema vestibular en moitos organismos. Permítenlle ao organismo notar as aceleracións e a dirección da gravidade.Aos peixes sérvenlles para a audición. Son usados polos ictiólogos para determinar a idade dun peixe.
Os otolitos aparecen aos poucos días do nascemento do peixe, como un núcleo ao redor do cal irán depositándose novas capas de sustancia calcárea a medida que o animal medra. Se observamos coa lupa, obsérvanse series de bandas concéntricas translúcidas -zona que medrou lenta no inverno- e opacas -zona que medrou rápido no verán-, que resultan ser distintas por acumular máis ou menos cantidade de proteínas ou aragonito. O número de capas translúcidas dános a idade exacta do peixe en anos.
Hai que ter en conta unha serie de circunstancias que poderían levar a erro, como cambios ambientais que xeran bandas que non son anuais ou migracións dos peixes que poderían facer cambiar o patrón de bandas.
TIVEMOS UNHA MOREA DELES NAS NOSAS MANS!
E MIRAMOS A IDADE DUN PEIXE,TANTO POLOS OTOLITOS COMO POLAS ESCAMAS,A TRAVÉS DE DÓUS MICROSCOPIOS ESPECTACULARES COMO OS QUE UTILIZAN OS CIENTÍFICOS DE VERDADE,COMA ALEX,XA VEREDES,XA VEREDES!
MIRADE COMO SE VEN OS OTOLITOS POLO MICROSCOPIO.



E TAMEN EMPEZOU A CONTARNOS COUSAS SOBRE O NOSO MAR E OS SEUS HABITANTES,ANIMAIS MARABILLOSOS,O PROCESO EVOLUTIVO DA FANECA,ALGÚNS TIPOS DE ESTRELAS,CABALIÑOS DE MAR,OVOS DE MANTA RAIA E DE TABEIRÓN XA SECOS,CLARO,SEN BEBÉ DENTRO,TABEIRÓNS DIFERENTES(ZAPATA,MARRAJO,CAZÓN...),E AS SÚAS MANDÍBULAS...
TRÓUXONOS UNHA MOREA DE TESOUROS,COMO VEREDES NA REPORTAXE FOTOGRÁFICA.
O QUE MÁIS NOS MOLOU FOI O PINCHO DUN PEIXE ESPADA DE VERDADE.
CÓMO RASPABA,ESTABA ÁSPERO E MOI DURO!
E A MANDÍBULA DUN MEGALODÓN.
GUAU,FOI ESPECTACULAR!
CANDO MIRAMOS A DIFERENZA INTRE UN DENTE DE TABEIRÓN E O DO MEGALODÓN,QUEDAMOS ABRAIADOS.
O QUE SI NOS DECATAMOS,QUE OS DENTISTA NON FAN NEGOCIO COS TABEIRÓNS,POIS SE ROMPEN OU PERDEN UN DENTE,AUTOMÁTICAMENTE SÁELLE UN DE REPOSTO.

O megalodón ou megalodonte (Carcharodon megalodon ou Carcharocles megalodon), nome que significa "dente grande", derivado dos termos gregos (mega, "grande") e (odon, "dente"), é unha especie extinta de tabeirón que viviu aproximadamente entre 15.9 e 2.6 millóns de anos atrás, durante  o Cenozoico (de mediados do Mioceno ata o final do Plioceno).

A asignación taxonómica de C. megalodon debateuse por preto dun século, e aínda se atopa en disputa con dúas interpretacións principais: como Carcharodon megalodón (baixo a familia Lamnidae) ou ben como Carcharocles megalodón (baixo a familia Otodontidae).

C. megalodón é considerado como un dos maiores e máis poderosos depredadores na historia dos vertebrados. Os estudos suxiren que C. megalodón lucía na vida como unha versión corpulenta do gran tabeirón branco actual, Carcharodon carcharias, chegando a alcanzar os 18 metros de lonxitude total máxima.Os restos fósiles indican que este tabeirón xigante tivo unha distribución cosmopolita, con áreas de asentamento en zonas costeiras cálidas.O Megalodón ,probablemente ,tivo unha influenza moi importante na estrutura das comunidades mariñas da súa época.
FIXÁDEVOS QUE DIFERENZA DE TAMAÑO CO RESPECTO A NÓS.
MI MADRIÑA,...,QUE MEDO!
NESTA COMPARATIVA MÍRASE MOI BEN.
O HOME É ESE ANANIÑO QUE ESTÁ ABAIXO,Á DEREITA.
INVITÁMOLO,AO REMATAR,Á NOSA AULA PARA PREGUNTARLLE UNHA DÚBIDA SOBRE UNS ESQUELETES DE OURIZOS DE MAR,MOI RAROS,QUE TÍÑAMOS NA NOSA AULA E DE PASO ENSINARLLE QUE NÓS TÍÑAMOS UNHA ESTUPENDA COLECIÓN DE CUNCHAS DE ANIMAIS MARIÑOS E ATA UNHA ZAPATA SECA,COMO AS QUE SE VENDEN NO MERCADO DE BOUZAS,UNHA REDE MARIÑEIRA ...
QUEDAMOS ENCANTADOS CON ALEX!
QUEREMOS QUE VOLVA PRONTO E LLE DAMOS AS GRAZAS POLA SÚA ADICACIÓN E OS ESFORZOS POR MANTER VIVO O NOSO MAR MARABILLOSO.
"SE RESPEITAMOS AO MAR,RESPEITÁMONOS A NÓS MESMOS".
FOI MOI BOA IDEA,NAI DE  DANIELA!
É PRECIOSA A VOSA PROFESIÓN!
MOITÍSIMAS GRAZAS,UNHA E MIL VECES!



XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGAR AS FOTOS NO VOSO PC.
UNHA APERTA DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

3 comentarios:

  1. Una de las, mejores experiencias en mis 15 años de trabajo. Gracias a alex por aceptar hacer esto y gracias por dejarme participar....Daniela ha tenido su día especial, y su madre también!!!.
    A los niños les ha encantado y siguen recogiendo tesoros en la playa.
    Gracias también a la profe Cruz, por esta estupenda y detallada entrada!!. Feliciadades!!!
    Ánimo desde aquí a todos los padres que presenten sus trabajos a los niños, es una experiencia tan positiva para todos, que vale la pena!
    Loli, mamá de Daniela

    ResponderEliminar
  2. Que fantástica visita!!!!! Que sorte ter a un científico no noso cole. Antía aprendeu moitas cousas. Grazas a nai de Daniela e por suposto a Alex, un saúdo :)

    ResponderEliminar
  3. Grazas Alex por perder un pouquiño do teu tempo en estar cos nenos e explicarlle en que consiste o teu traballo e o que facédes no csic. Cristian chegou a casa encantado coa visita do "científico".

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.