O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 28 de junio de 2015

A 1º VOU,LA,LA,LA,LA....!

E POR FIN CHEGOU A SEMANA MÁIS  ESPERADA,PERO TAMÉN A MÁIS TEMIDA,POLA MISTURA DE EMOCIÓNS QUE ABORDARON OS NOSOS CORAZÓNS.
SENTÍMONOS ORGULLOSOS DE TER CHEGADO ATA EIQUÍ,DE SER XA TAN MAIORES E DE TER ACADADOS EXCELENTES RESULTADOS ADEMÁIS DE SER UN GRUPO MOI UNIDO,ONDE O CARIÑO,A SOLIDADIEDADE,O RESPEITO E A UNIÓN FORON OS MOTORES DIARIOS DAS NOSAS VIDAS.
NON SÓ APRENDIMOS MOITOS CONTIDOS
SENON QUE TAMÉN APRENDIMOS A SER MELLORES NEN@S.
A NOSA FORMACIÓN NON SÓ FOI INTELECTUAL SENON QUE ABORDOU TÓDOLOS ASPECTOS QUE NOS INFLUEN COMO PERSOAS,COMO BOAS PERSOAS.
DESPOIS DE TER FEITO DÚAS SESIÓNS DE INTERCAMBIO COS NEN@S DA PROFE CHELO,XA TEMOS UN POUQUIÑO MÁIS DE COÑECEMENTO DO QUE SIGNIFICA ESTAR EN PRIMARIA E ESPEREMOS QUE A NOSA TRANSICIÓN SEXA UN ÉXITO.
SEGURO QUE SÍ.
IMOS FACERVOS UN RESUMO DE TÓDALAS ACTIVIDADES,QUE DESENVOLVIMOS NESTE FERMOSO E EMOCIONANTE  FIN DE CURSO.
*CONFECCIÓN DO  SOBRE ONDE VAI TODA A INFORMACIÓN,DESTE TRIMESTRE, PARA AS NOSAS FAMILIAS.
APROVEITAMOS QUE SABEMOS FACER CENEFAS ROMANAS.

*CONFECCIÓN GRINALDAS PARA A FESTA DE DISFRACES.


*CONFECCIÓN FONDO ESCEARIO PARA A GRADUACIÓN FEITA POLOS EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ.
 CONFECCIÓN DOS AGASALLOS PARA A PROFE TETÉ,FEITOS POLOS NEN@S DA NOSA AULA:
RAMO DE FLORES DE PAPEL.


GRAZAS Á PROFE MERCE E Á PROFE MONTSE POLA VOSA COLABORACIÓN  NESTE RAMO.
BROCHE COMO O QUE LLE FIXEMOS ÁS NOSAS NAIS.

LIBRIÑO CHEO DE DEBUXOS DE CÓMO VEMOS NÓS Á PROFE TETÉ.
É ESPECTACULAR!
MIRADE COMO A RETRATARON,É ELA,A PROFE TETÉ.
PARÉCESE MOITÍSIMO A COMO É ELA EN REALIDADE E CÓMO CAPTARON O SEU CARÁCTER E O CARIÑO QUE TRANSMITE.
E ACOMPAÑAMOS OS SUPERDEBUXOS COA SÚA CANTIGA FAVORITA,
"O PIRIMPIMPIN"DE MALVELA.
AGARIMOSAMENTE, PARA A PROFE TETÉ! on PhotoPeach
*CONFECCIÓN DOS BONECOS DE GLOBOS PARA O ESCEARIO DA GRADUACIÓN.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TÓDALAS FAMILIAS QUE PARTICIPARON EN TÓDOLOS OBRADOIROS QUE SE FIXERON NA NOSA AULA,E QUE ADICARON O SEU TEMPO E ESFORZO A AXUDAR Á PROFE MARICRUZ A FACER REALIDADE TÓDALAS COUSAS MARABILLOSAS QUE SE NOS OCURRIAN PARA OS NOSOS NEN@S.

*A NOSA GRAN FESTA DE DISFRACES ONDE CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DE TÓDOLOS NEN@S QUE CUMPREN ANOS DURANTE A ETAPA ESTIVAL.
GRAZAS A NAI DE ALEXANDRE POR FACER A COMPRA DE PRODUCTOS QUE POIDAMOS COMER TOD@S,INCLUIDOS OS NEN@S CON ALERXIAS ALIMENTARIAS E ELABORAR UNS ESTUPENDOS EMPAREDADOS PARA TOD@S.
E GRAZAS TAMÉN A CAYETANA E Á SÚA NAI POR FACER ,OUTRA VEZ COMA NO SAMAÍN,UNHA SUPERTORTA DE OSIÑO.



COMO FACÍA DEMASIADO CALOR,A PROFE DECIDÍU POÑER UNHA PELÍCULA INCREÍBLE,EN DÚAS QUENDAS,"A HISTORIA DUNHA GAIVOTA E O GATO QUE LLE ENSINOU A VOAR"
Unha entrañabel historia  dunha gaivota e do gato que lle ensinoui a voar, de Luis Sepúlveda. A novela e o vídeo nos introducen en temas como a resolución de problemas, a comunicación non violenta, a superación, o crescemento persoal e algo moi importante ,a liberdade coma responsabilidade individual asociada á capacidade de elexir, de auto-disciplina e a consecución das propias metas. Ademáis de achegarnos a valores como a solidariedade, a colaboración, a toleranza, a convivencia, o respeito aos outr@s, a amizade e o compromiso. Todo elo enlazando coa contaminación, a conservación do medio ambente, a diferenza intre teoría e práctica, a humanidade perdida, a dieta saudable e a falla de conciencia social,e tamén para explicarlles que aínda que chegue o momento no que todos temos que separarnoss,como a gaivota porque se fixo maior,o amor segue de por sempre xamáis.
A pesares de que eles vanse para primeiro,a súa profe Maricruz sempre vai estar ahí para o que lles faga falla.
Será a súa profe para sempre.
EIQUÍ TEDES UN RESUMO DO CONTO.

*CONFECCIÓN DO MANTEL PARA A FESTA DE ANIVERSARIOS.
PREMEDE NA FOTO PARA VER O PROCESO DE ELABORACIÓN.


*NA GRADUACIÓN,A PROFE MARICRUZ FIXO ENTREGA DO SEGUINTE  TÍTULO A TÓDOLOS NEN@S.
E UNHA ORLA COMA ESTA.
É O AGASALLO,PARA TODOS ELES,DA PROFE.
ADEMÁIS DUN CONTO,QUE MERCOU A PROFE MARICRUZ CO DIÑEIRO DAS FAMILIAS.

ADICADO POR DENTRO,PARA QUE TEÑAN UN RECORDO CANDO SEXAN MAIORES.



*E AGORA,A SUPERFESTA DE GRADUACIÓN.
TEMOS QUE AGRADECER ÁS FAMILIAS,A SÚA COLABORACIÓN NOS OBRADOIROS PARA FACER OS TRAXES DA ACTUACIÓN E ÁS NAIS QUE VIÑERON A VESTIR,MAQUILLAR E PEITEAR AOS NEN@S,ASÍ COMO AS QUE MONTARON O ESCEARIO ANTES DA ACTUACIÓN.
MIL VECES,GRAZAS!
HAI 224 FOTOS.
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGALAS NOS VOSOS PCs.
PREMEDE NA FOTO E VEREDES O GUAPIÑ@S ESTABAN.


COMO PASA O TEMPO!
LEMBRÁDEVOS CANDO ÍADES Á ESCOLA CUN MEDO...E AGORA ESTAMOS UN POUCO TRISTES PORQUE SEPARÁMONOS ,PERO EVOLUCIONAMOS E ISO É O MELLOR, QUE ELES MEDREN E ESTAMOS ORGULLOS@S DO NOSO TRABALLO,PORQUE OS BOS RESULTADOS SON PRODUCTO DO TRABALLO CONXUNTO,FAMILIAS,NEN@S E PROFES.
XA SABEDES QUE A PERECHO E Á PROFE MARICRUZ TERÉDELOS SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN.
FELICES VACACIÓNS E UN SUPERBICO PARA TOD@S!

2 comentarios:

  1. A 1º VOU, LA LA LA LA!!!!!! Levo 2 meses cantando esta canción. Unha canción cargadiña de emocións polo significado que ten. Os nosos nenos fánse maiores. Fóron 3 anos estupendos. Entraron na escola sendo uns cativos e mira agora. Xa pasan pa primeiro. Pasan pa primeiro cuns coñecementos extraordinarios. Son expertos en cantidad de cousas. Saben que significa iso da igualdade. Sáen de infantil sabendo ler e escribir... Sáen sabendo todo isto e máis gracias a tí profe. Gracias por todo o tempo que pasaches preparando o día a día. Gracias por esas broncas e por os téus enfados. Gracias por ser a nosa profe. A que recordarémos sempre por ser a nosa profe Maricruz. GRACIASSSSSSSS!!!!
    A 1º VOU, LA LA LA LA!!!

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas GRAZAS da vosa sempre profe.Sempre estarei para cando me precisedes.Moitísimos bicos para tod@s.

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.