O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 16 de agosto de 2015

A PINTURA DE CARMEN PAYO:"UN GOZO PARA OS SENTIDOS".

NAS VACACIÓNS DE VERÁN,A MAIORÍA DA XENTE VAI Á PRAIA,AO MONTE,ÁS ALDEAS,A VISITAR OUTROS LUGARES...,PERO HAI MOITÍSIMAS MÁIS ALTERNATIVAS PARA O NOSO OCIO,COMO,POR EXEMPLO,IR AO CINE,AO TEATRO,CONCERTOS,ASISTIR A OBRADOIROS,VISITAR MUSEOS,EXPOSICIÓNS...,UNHA MOREA DE COUSAS MOI BENEFICIOSAS TAMÉN PARA A NOSA MENTE E O NOSO GOCE PERSOAL.
PREMENDO NA FOTO IREDES AO
 BLOGUE DE CARMEN.
A PROFE MARICRUZ ENTEROUSE,POR UNHA AMIGA,QUE CARMEN PAYO ESTABA A EXPOÑER EN GONDOMAR E ,COMO A ELA ENCÁNTALLE O ARTE,ALÁ FOI.
TIVEMOS MOITÍSIMA SORTE PORQUE NON SEMPRE TEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER,EN PERSOA,AOS AUTORES DOS CADROS E ESTA VEZ FOI ASÍ,CARMEN ESTABA ALÍ.UNHA CARA COÑECIDA DO MUNDO DO ENSINO E,MÁIS CONCRETAMENTE,DA ORIENTACIÓN ESCOLAR E QUE,NOS SEUS RATIÑOS LIBRES,FAI MAXIA COS SEUS PINCEIS.
DESPOIS DE PASAR UNHA ESTUPENDA TARDE ALÍ CON ELA ENTENDÍN PORQUÉ AS SÚAS OBRAS TRANSMITÍRONME LIBERDADE,LUMINOSIDADE,VITALIDADE E LEDICIA.
A SÚA PERSONALIDADE É XUSTAMENTE ASÍ.
A SÚA DESBORDANTE PERSONALIDADE REFLÍCTESE CLARAMENTE NA SÚA OBRA QUE,COMO POR ARTE DE MAXIA,PASA DENDE O SEU CORAZÓN ATA O LENZO.

PREMENDO NA FOTO
 VEREDES A ENTREVISTA 
DE CARMEN A
 "FARO DE VIGO".
NATURAL DE LALÍN PERO VIGUESA DE ADOPCIÓN DENDE 1981,MERGULLOUSE NO ARTE DA ESCULTURA POLA MAN DO SEU PAI,O ESCULTOR VIDAL PAYO.PERO MOI PRONTO DECATOUSE DE QUE O SEU ERA A PINTURA.EMPEZOU COS RETRATOS E DESPOIS COAS PAISAXES.
XA LEVA 30 ANOS PINTANDO CANDO OS SEUS PENSAMENTOS DIRIXÍANSE,MÁIS BEN,A UNHA FACETA CREATIVA CARA Á XUBILACIÓN.
O SEU ESTILO É DEFINIDO POR ELA MESMA COMO,"IMPRESIONISTA-COSTRUMBRISTA CON MOITO COLORIDO".
TEÑO VISITADO MOITAS EXPOSICIÓNS DE PINTORES E PINTORAS GALEG@S COSTUMBRISTAS, E SEMPRE TRANSMITÍRONME SOBRIEDADE,POBREZA,TRISTURA E ESCURIDADE,XUSTO TÓDOLO CONTRARIO DO QUE ME TRANSMITÍU A OBRA DE CARMEN.
SAÍN DA EXPOSICIÓN CHEA DE POSITIVISMO.
PREMENDO NA FOTO VEREDES A ENTREVISTA DE CARMEN  EN "A VOZ DE GALICIA"
QUEDEI ABRAIADA E ENCANTADA NON SÓ COA SÚA PINTURA,SENON TAMÉN COA SÚA MARABILLOSA PERSOA.

carmen
É 
MÁXICA.
ESTADES TODOS CONVIDADOS A VISITAR A EXPOSICIÓN.
AÍNDA ESTADES A TEMPO.
PREMENDO NA FOTO VEREDES O ANUNCIO DA EXPOSICIÓN EN "BAIONA TV".
QUEREDES VER UNHA ESCOLMA DALGUNHAS DAS OBRAS DA EXPOSICIÓN?
POIS MIRADE,MIRADE QUE CHULADA!
CARMEN PAYO on PhotoPeach
SE QUEREDES SABER MÁIS SOBRE A VIDA E OBRA DA NOSA AUTORA,PREMEDE EN CADA UNHA DAS FOTOS DESTA ENTRADA.
ATOPAREDES CATRO LIGAZÓNS DIFERENTES NAS QUE PODEREDES ACHEGARVOS,UN POUQUIÑO MÁIS, A ELA.
GRAZAS,CARMEN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.