O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 25 de septiembre de 2015

REMATOU ,UN CURTO PERO APAISOANTE ,PERÍODO DE ADAPTACIÓN.


ESTE CURSO FOI MOI CURTO O PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA OS NOSOS NENOS/AS DE 3 ANOS.A PESARES DE TODO APRENDIMOS MOITAS COUSAS:OS NOMES DOS NOSOS PROFES,DOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS,DALGÚNS MATERIAIS DO AULA,MOITAS RUTINAS...E SEGUIREMOS APRENDENDO E APRENDENDO.QUÉDANOS MOITO CAMIÑO POR PERCORRER XUNTOS.
PERECHO E MARICRUZ QUEREN DAR AS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN NESTE PERÍODO TAN COMPLICADO.
ESTAMOS MOI SATISFEITOS, POIS NON HAI CASE PLANTOS E OS NENOS/AS ENTRAN E SAEN MOI CONTENTOS DA ESCOLA A PESARES DE TAN CURTA ADAPTACIÓN. 

AÍNDA ASÍ,MÁIS ADIANTE,PODEN XURDIR ALGUNHAS DIFICULTADES.
POR OUTRA BANDA,OBSERVAMOS QUE AS RUTINAS QUE TIÑAN QUE TER XA APRENDIDAS DA CASA,NON ESTABAN TRABALLADAS POLO QUE TEREMOS QUE PRINCIPIAR CO FUNDAMENTAL E FOMENTAR,COA AXUDA DAS FAMILIAS,A FACER DOS NOSOS RAPACES,UNS NEN@S MÁIS AUTÓNOMOS E NON TAN DEPENDENTES.
AS FAMILIAS PENSAMOS QUE SE LLE FACEMOS TODO AOS NEN@S ESTAMOS FACENDO BEN,E NON É ASÍ.
AO SER TAN POUCO AUTÓNOMOS E INMADUROS NUN TANTO POR CENTO MOI CONSIDERABLE,O COMEZO DOUTRAS APRENDIZAXES, VAISE RETRASAR. PERO O IMPORTANTE É COMEZAR A CASA POLOS CIMENTOS.
DEIXAMOS O PP DA REUNIÓN XERAL DE XUÑO COAS FAMILIAS,PARA QUE POIDADES CONSULTALO SE XURDE ALGUNHA DÚBIDA.
XA SABEDES QUE OS PROFES ESTAMOS EIQUÍ PARA AXUDARVOS EN TÓDOLO QUE PRECISEDES.

Período de adaptación 2015 4º Ed.Infantíl.Ceip"Virxe do Rocío"-Vigo from macusanbla


 ESTE VAI SER O NOSO HORARIO DEFINITIVO.
 NON VOS PREOCUPEDES SE NON SE VE MOI BEN,POIS IDES TER UN POR FAMILIA.
É,MÁIS QUE NADA,PARA QUE SAIBADES ONDE E CON QUEN ESTÁN EN CADA MOMENTO.
A PROFE MARICRUZ VAI DAR AS ACTIVIDADES-HORARIO GLOBALIZADAS,MÚSICA,PSICOMOTRICIDADE,GRAFOMOTRICIDADE,
ATENCIÓN EDUCATIVA,LÓXICA-MATEMÁTICA,HORA DE LER,TICs,BIBLIOTECA ,ED. PLÁSTICA E VISUAL,E PROXECTOS EDUCATIVOS.
 NO HORARIO APARECEN TAMÉN OUTRAS PROFES.NA XUNTANZA DO DÍA 6 DE OUTUBRO EXPLICAREIVOS O HORARIO E O ENTENDEREDES.
ORGANIZACIÓN ACTIVIDADES –HORARIO

DESEÑADAS PARA 4º DE EDUCACIÓN

INFANTÍL(3 ANOS).
MARIA CRUZ SÁNCHEZ B.





*9h-9,15h:

-Saudo e conversa curta cos nenos/as e as familias.

-Facendo un”Pupo”, despedímonos das familias

e imos cara ó aula.

Os nenos/as irán sempre coas mochilas nas costas.

-Colocación das mochilas na cesta sita ao carón dos percheiros.

-Abotoado do mandilón.Os nenos/as que van rematando van entrando no aula e séntanse onde prefiran.



*9,15h-9,30h:

-Poñemos ,en Pupo, o día da semana e pegamos o imán do tempo meteorolóxico que vai ,facendo un comentario do estado do ceo pola fiestra.Se procede cantamos a canción de “sol,soliño...”.

-Exercicios temporais :Hoxe fai,hoxe é,onte foi…

-Escribimos o día da semana ,en maiúsculas,no encera-do dicindo que neno/a ten,na súa etiqueta co nome e foto, as letras que aparecen no nome do día.


*9,30h-9,50h:

-Asamblea:

.Que fixemos onte na escola?Que fixemos coas nosas familias e amigos/as onte pola tarde?Que almorzamos esta mañá?Que faremos hoxe?...

.Falamos de cousas que xurden e que nese momento son do noso interese ou do neno/a,como por exemplo algún xoguete ou outro obxecto,pranta ou animal que aporte o neno/a da súa casa.

.A Sorpresa:As veces ,a profe ou Perecho ,introducen unha sorpresa,no recanto correspondente,como obxecto introductorio e motivador cara algunha actividade .

*9,50h-10,40h:

-Conto,linguaxe oral,comprensión do texto,actividades grafomotoras…(Gran grupo,pequeno grupo e individuais)

-Recollida e limpeza do material.

.Os mestres de primaria que fan as sustitucións nesta aula por imprevistos xurdidos á profesora de infantil,poderán facer calquera actividade suxerida no libro guía “Fantasía”,everest,2-3 anos,pois son actividades moi sinxelas e axeitadas para profesores que non sexan especialistas en educación infantíl.



*10,40h-10,50h: 
Cantamos a canción de “Pinpon”.Lembramos como temos que lavar as mans según o protocolo sanitario.

Lavámos as mans antes de merendar,por quendas de mesas.



*10,50h-11,30h: Merenda



-Cando cada neno/a ten as súas mans limpas,antes de sentarse,colle o seu vaso e a súa mochila da cesta ,quita a súa merenda e coloca a mochila colgada detrás da súa cadeira.

.Moitas veces aprovéitase a hora da merenda para a realización de actividades diversas cos alimentos: degustacións,características,clasificacións…



11,20h-11,30h:

-Limpamos as culleres,lavamos a cara e as mans e limpamos as mesas cos panos amarelos.

Facemos un “Pupo” e saímos ao patio exterior.

Se vai moito sol poñeranse as viseiras e se vai frío poñeranse os abrigos,nunca lubas,gorros ou bufandas.

As bufandas son perigosas no patio.

Os nen@s con lentes deben deixalas enriba da mesa da profe.

-Deixarase só aberta a porta exterior do aula da mestra de ed. Infantil que teña garda de patio,pechando a porta interior do aula con chave.Deste xeito os nenos/as poden acceder,sen dificultade, ao baño.



*11,30 h-12h:Recreo.

-Actividades no patio exterior ou na entrada cuberta,dependendo do tempo meteorolóxico.

Unhas veces serán libres,outras dirixidas ou suxeridas polos propios nenos/as.Entre estas actividades estarán:xogos de auga,are(cando teñamos o areeiro),xogos populares,psicomotricidade…

Os nenos/as poderán facer as actividades individualmente,en pequeno grupo ou en gran grupo.

-11,50h-12h:Soa o chiflo e”A recoller ,a ordear todas as cousiñas no seu lugar…”.Formación das filas por ringleiras diante das portas de aula exteriores respectivas o unas ringleras pintadas de cores ,da porta principal de infantil,cando chova. .Os nenos/as de 3 anos forman un “Pupo”.



*12h-12,20h:Hora de ler e descansar.

-Sentámos nas nosas cadeiras e,por quendas de mesas,imos beber e lavar as mans seguindo o protocolo.

-Resolución de conflictos,en asamblea,xurdidos durante o recreo.

-Dous recantos:Despois do aseo personal e resoltos os conflictos,cada neno/a elixe entre dous recantos:a biblioteca de aula e o do descanso,situado no chan de cores.Apáganse as luces.

Poñerase unha música de fondo “Cantos de berce” ou outra música relaxante das que se dispón a profe ao carón do magnetofón.

-Actividades de respiración e relaxación no recanto do descanso:cos nenos/as deitados cos coxíns faremos,se están moi excitados,actividades como encherse coma globos,desencherse,tornámonos invisibles pouco a pouco,somos bonecos de trapo,…

.Se non hai clases con algún especialista de seguido,estos dous recantos alongaranse no tempo o suficiente como para que os nenos/as estean o máis relaxados posible para poder facer actividades na seguinte sesión.

-Soa a campá e “A recoller,a ordear,todas as cousiñas no seu lugar”.



*12,20h-13,10h:

Actividades de traballo ou de xogo, libres ou dirixidas por recantos ou obradoiros.

-Cada neno/a escollerá un recanto ou obradoiro de traballo ou de xogo,levando o control das etiquetas de cada neno/a pegadas nos velcros de cada recanto ou obradoiro,sempre na procura de que non repitan os mesmos nenos/as no recanto do día anterior.Esta información sábese porque quedan pegadas as etiquetas nos recantos ou obradoiros.O número de nenos/as por recanto ou obradoiro non excederá de tres ou catro.

-13h-13,10h:Soa a campá e”A recoller ,a ordear,todas…”Recollida e limpeza dos materiais empregados nos recantos ou obradoiros.



*13,10h -14h:

-13,10h-13,20h:Asamblea posta en común dos traballos realizados nos recantos ou obradoiros e comentario das actividades ou o xogo.

-13,20h-13,40h:Acividades en gran grupo.

.Cancións,bailes,xogos de psicomotricidade,perceptivo-motoras,expresióncorporal,experimentación-acción,

lóxico-matemáticas,representación e dramatización de situacións,expresión oral…

.Se se alongaran calqueira das sesións anteriores por necesidades do grupo clase ou por ter que facer a merenda despois do recreo,no caso que haxa especialistas antes do mesmo,esta sesión non se faría ou se faría de menor duración.

.Asamblea e comentario do realizado en tódala xornada escolar.

-13,40h-13,55h:Dentro da aula quitámonos os mandi-

lóns, dándolle a volta ás mangas.Cada neno/a, según remate,encamíñase á caixa dos mandilóns,logo encamiñarase cara os percheiros,poñerase a chaqueta ou outras prendas,cólgase a mochila nas costas,entra no aula e séntase ata que esteamos todos preparados.Os de comedor só terán que quitarse o mandilón e colocalo na caixa correspondente.Facer unha ringleira e sentarse coas costas na parede de enfrente ao aula ata que os recollan as coidadoras do comedor.



-13,55h-14h:Facemos o “Pupo”(fila) e saimos do aula.Os que comen na casa serán despedidos un por un e entregados ás persoas que veñan a recollelos ,sempre tendo en conta a lista pegada na parede,onde aparecen os nomes das persoas autorizadas.


E AGORA UNHA ESCOLMA DE FOTOS DOS NEN@S,DURANTE AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO PERÍODO DE ADAPTACIÓN.
PODEREDES DESCARGALAS NOS VOSOS PCs.
SÓ TEDES QUE PREMER NA FOTO QUE ESTÁ DEBAIXO DA PRESENTACIÓN.
<table style="width:194px;"><tr><td align="center" style="height:194px;background:url(https://www.gstatic.com/pwa/s/v/lighthousefe_20150907.00_p0/transparent_album_background.gif) no-repeat left"><a href="https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/PERIODODEADAPTACION1516?authuser=0&feat=embedwebsite"><img src="https://lh3.googleusercontent.com/-By2mfiP7hz8/VgRy7Tz3rUE/AAAAAAAAOlQ/13C1WbQ3o_4/s160-c-Ic42/PERIODODEADAPTACION1516.jpg" width="160" height="160" style="margin:1px 0 0 4px;"></a></td></tr><tr><td style="text-align:center;font-family:arial,sans-serif;font-size:11px"><a href="https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/PERIODODEADAPTACION1516?authuser=0&feat=embedwebsite" style="color:#4D4D4D;font-weight:bold;text-decoration:none;">PERÍODO DE ADAPTACIÓN 15-16</a></td></tr></table>
TAMÉN FOI PERÍODO DE ADAPTACIÓN Á 1º DE ED. PRIMARIA,DOS EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ,DO ANO PASADO.
VEÑEN TÓDOLOS DÍAS XUNTO A PROFE.
QUE MAIORES E QUE GUAP@S ESTÁN!
ESTAMOS MOI OGULLOSOS DELES POIS A PROFE CHELO DÍ QUE SON ESTUPENDOS E QUE ÍAN SUPERBEN PREPARADOS.
DURANTE O MES DE SETEMBRO, OS EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ,PODERÁN ACHEGARSE AO PATIO DE ED. INFANTÍL E XOGAR ALÍ UN RATIÑO,DARLLE MOITOS BICOS Á PROFE,POIS BOTAN EN FALLA Á SÚA PROFE DE INFANTÍL.
A PROFE MARICRUZ TAMÉN BOTA MOITO DE MENOS AO SEU ANTIGO GRUPO DE NEN@S,PERO FANSE MAIORES E ASÍ É A VIDA.SABEN PERFECTAMENTE QUE ÍMONOS QUERER SEMPRE.
IYÁN,ÁFRICA E ALBA.
SILVIA,ANTÍA,NEREA,CAYETANA,MARTA E SHEILA.
 
NOELIA,ALEJANDRO E JOSE JAVIER.
SODES FANTÁSTIC@S!
OS NENOS/AS DE 3 ANOS QUEREMOS DAR AS GRAZAS Á PROFE BELÉN(PROFE DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA),Á PROFE LAURA(PROFE DE APOIO),E Á COIDADORA ,MAIKA;POR AXUDAR Á PROFE MARICRUZ NESTES DÍAS.
UN BIQUIÑO MOI FORTE PARA TODOS/AS, DOS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.
 

3 comentarios:

  1. Que ven explicado esta todo!!!! Asi podemos saber o que están a facer cada momento nada aula. Case case coma se estiveramos nos con eles. Gracias profe por adicarlle coma sempre tanto tempo o blogue. Un saudo para tod@s.
    Nai de Rebeca.

    ResponderEliminar
  2. Profe, estou moi contento en primeiro con chelo, pero.. votoche moitisimo de menos. Queroche moito profe, porque sempre serás a miña profe.
    Cristian e familia

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.