O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 23 de diciembre de 2015

O NOSO MARABILLOSO NADAL PICOLÍMPICO,NA CLASE E NA ESCOLA.

ESTE FOI O NOSO PRIMEIRO NADAL NA NOSA NOVA ESCOLA.
FOI ESPECTACULAR E EMOCIONANTE.
ESTÁBAMOS ALUCINADOS CON TANTAS COUSAS CHULAS AO NOSO REDOR E TODO O QUE APRENDIMOS.
FIXEMOS COUSAS QUE NUNCA FIXÉRAMOS,CANTAMOS CANCIÓNS QUE NUNCA ANTES CANTABAMOS,COÑECIMOS A PERSOAXES QUE ANTES NON EXISTÍAN PARA NÓS,...TODO UN UNIVERSO QUE DESCUBRIMOS GRAZAS Á ESCOLA.
MIRADE,MIRADE ALGUNHAS!
TRABALLAMOS O CONTO DO ABETO E EMOCIONÁMONOS CON ÉL.
APRENDIMOS A RESPEITAR A NATUREZA E A SABER APRECIAR O QUE TEMOS.

MIRADE QUE ABETOS FIXEMOS COAS NOSAS MANS,TÉMPERA VERDE, GOMETS REDONDOS DE CORES,UN POUCO DE GOMA EVA,UNHAS FOLERPAS DE DIVERMAGIC E UN AUTOCOLANTE DE ESTRELA.
SINXELO,VERDADE?
PERO MOI,MOI CHULIS.
 DECORAMOS A NOSA AULA E A ESCOLA.
A AULA DECORÁMOLA COA PROFE MARICRUZ E A ESCOLA COAS NOSAS FAMILIAS,LEVANDO UN DEBUXO OLÍMPICO E DECORÁNDOO DE FORMA ORIXINAL.
DEIXAMOS O COLE,ESPECTACULAR!

 CHULO O ABETO ,VERDADE?
POIS FIXÉMOLO TOD@S COA PROFE MARICRUZ.
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E NUMEROSA PARTICIPACIÓN NA ELABORACIÓN DOS ADORNOS,GRAZAS Á PROFE ÁNGELA POR FACER UN DECORADO DE ESCEARIO TAN ESPECTACULAR E AO CONSERXE PABLO,POR FACER UNHA CHIMENEA TAN CHULA. 
PREMEDE NA FOTO PARA AMPLIALA.

FIXEMOS UNHAS ESTUPENDAS FELICITACIÓNS PARA LEVAR ÁS NOSAS FAMILIAS.
NA HORA TIC,COA PROFE MARICRUZ,FIXEMOS UNHAS MONTAXES FOTOGRÁFICAS,NÓS SÓS COA PROFE,QUE IMPRIMIMOS,ESCRIBIMOS,DECORAMOS CON DIVERMAGIC, ESTRELAS  E UNHA LAZADA DOURADA.
PLASTIFICÁMOLAS PARA QUE QUEDE DE RECORDO E PENDURALA NA NOSA ÁRBORE.
CADA NEN@ ELIXÍU  A POSTAL QUE MÁIS LLE GUSTOU PARA FACER A COMPOSICIÓN.

PODEDES PREMER NAS FOTOS PARA AMPLIALAS.
AGORA,AS COMPOSICIÓNS FEITAS POLOS NEN@S,AÍNDA SEN DECORAR.

MONTAXES POSTAIS NADAL 2015 on PhotoPeach


TAMÉN TRABALLAMOS A FIGURA DO APALPADOR,A SÚA HISTORIA,TRADICIÓNS,CANTIGAS...
SE VÓS QUEREDES SABER TODO O QUE SABEN OS VOSOS FILL@S,QUEREDES CANTAR CON ELES A CANTIGA DO APALPADOR E QUEREDES LER O CONTO E FACER UNHA MOREA DE COUSAS NA CASA,PREMEDE NA IMAXE DÉL E COÑECEREDES O NOSO NADAL.
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/?pax=pax5.php

O conto do apalpador from marichoni
E...A CANTAR COS VOSOS FILL@S!
GÚSTALLES MOITO FACER PALMAS E BAILAR, CANDO TOCAN SÓ OS INSTRUMENTOS. 
PRECIOSA CANTIGA DE "MALVELA". 




 TAMÉN FIXEMOS UNHA POSTAL PARA CADA UNHA DAS PROFES QUE ESTÁN MÁIS EN CONTACTO CONNOSCO E PARA MAIKA,A COIDADORA.
 AÍNDA QUE NON SAIAN NA FOTO,TAMÉN HOUBO POSTAL PARA A PROFE ÁNGELA,BELÉN E ASUN.
APROVEITAMOS A IMAXE DA ÁRBORE DE NADAL QUE FIXEMOS NA NOSA PDI,PARA CONFECCIONAR A PORTADA DOS NOSOS TRABALLOS DA ESCOLA.
TAMÉN FIXEMOS UNHA POSTAL PARA TODOS VÓS,OS NOSOS SEGUIDORES DESTE BLOGUE.
FIXEMOS,ENTRE TODA A  ESCOLA,UN FERMOSO CALENDARIO DO 2016,PARA QUE O TERADES NAS VOSAS CASAS.
A NÓS TOCOUNOS XANEIRO E ,POR SUPOSTO,DENTRO DO ANO PICOLÍMPICO,FIXEMOS A PÁXINA DOS SÍMBOLOS.
QUEDOU SUPERCHULO!
FOTO DA PORTADA
ESTE ANO,COMO SON OS PEQUECHOS DA ESCOLA,ESTÁN NA PRIMEIRA FILEIRA.
PREMEDE NA FOTO PARA AMPLIALA.

A NOSA PÁXINA

 COMO PODEDES OBSERVAR,OS RAPACES COLOREARON ,CON ROTULADOR,A ROUPA,PUNTEARON E REPASARON OS NÚMEROS.
O RECORTADO E COMPOSICIÓN FÍXONO A PROFE.
SON MOI PEQUES PARA FACER ALGO MÁIS.


A PORTADA DOS NOSOS TRABALLOS FIXÉMOLA CUN PROGRAMA QUE TEN A PROFE,NO SEU ORDENADOR,QUE SE CHAMA "TUX PAINT".
SE PREMEDES NA FOTO SEGUINTE,PODEREDES DESCARGALO,SEN COSTO, NO VOSO ORDENADOR E FACER COUSAS CHULÍSIMAS.
http://tux-paint.softonic.com/

ASÍ QUEDOU DE CHULA.
QUEREDES SABER COMO A FIXEMOS?
POIS MIRADE,MIRADE...




TAMÉN,POR UN MÉTODO SEMELLANTE,PERO ESTA VEZ ON-LINE,FIXEMOS AS PORTADAS DOS SOBRES DOS NOSOS INFORMES ESCOLARES,DECORÁNDOS CON FOLERPAS DE DIVERMAGIC.
SE QUEREDES FACER O VOSO,SÓ TEDES QUE PREMER NA FOTO DE RODRIGO,TRABALLANDO NA PDI,E ATA PODEREDES GARDALO NO VOSO PC E  POÑELO DE FONDO DE PANTALLA. 
É MOI DIVERTIDO!

http://www.miljuegosdechicas.com/juegos-de-chicas/crea-tu-muneco-de-nieve-y-decoralo/


ESCOITAMOS AS MENSAXES QUE SANTA CLAUS E OS REIS MAGOS DEIXARON NO NOSO ORDENADOR E AS COUSAS INTERESANTES QUE NOS CONTOU PERECHO SOBRE O NADAL EN GALICIA E NOUTRAS PARTES DO MUNDO.
LEVAMOS AO NOSO BONECO RODOLFO,ATA AS NOSAS CASAS.
RODOLFO TAMÉN IRÁ,ÁS NOSAS CASAS, DESPOIS DO NADAL,SOMOS TANTOS...
E ANTES DE QUE VIÑERA O PAXE DOS REIS MAGOS,FIXÉMOSLLE A NOSA CARTA E A DECORAMOS.
A CARTA É PARA TODOS,OS REIS,O APAPALPADOR E PAPÁ NÖEL,POIS REPAŔTENSE O TRABALLO.
SOMOS MOITOS NEN@S EN GALICIA E NO MUNDO,AÍNDA QUE SAIBAMOS QUE TEÑEN MÁIS AXUDANTES.
NÓS IMOS PEDIR SÓ TRES COUSAS POIS SABEMOS QUE XA SON UN POUCO VELLIÑOS E ADEMÁIS,RODOLFO,TEN UNHA PATIÑA LESIONADA,POLO QUE NON QUEREMOS QUE VAIAN MOI CARGADOS.
O PAXE FOI MOI AGARIMOSO CON NÓS E DEUNOS CARAMELOS.



CARTA AOS REIS,APALPADOR E PAPÁ NÖEL. on PhotoPeach
APRENDIMOS MOITAS PANXOLIÑAS,PERO A QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI "RODOLFO O RENO",POR ESA RAZÓN DECIDIMOS CANTALA NO FESTIVAL.



E ASÍ,A PROFE MARICRUZ,CONVIRTIUNOS NUNS GUAPÍSIM@S RENIÑOS.

E AGORA A FESTA NA ESCOLA.
PREMEDE NA FOTO PARA AMPLIALA.
QUÉROVOS COMENTAR QUE NON SÓ HAI FOTOS DOS NEN@ DE TRES ANOS,SENON TAMÉN DOS EXALUMN@S DA PROFE MARICRUZ E DO RESTO DOS NEN@S DA ESCOLA.
TODOS TEMOS FAMILIARES NA FESTA E GÚSTANOS VER AS FOTOS. 
A QUE SI?
HOUBO DE TODO,PANXOLIÑAS EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS;TEATRO,CHOCOLATE,TORTAS,BISCOITOS,CARAMELOS,BAILE NA CLASE,MEDALLAS OLÍMPICAS PARA OS GAÑADORES DOS DESEÑOS DAS NOSAS MEDALLAS,BADALADAS CON UVAS DA SORTE...MI MADRIÑA,QUE CANSOS,PERO FELICES,QUEDAMOS!
OS NEN@S E EU QUEREMOS AGRADECER A COLABORACIÓN E TRABALLO DURO DALGUNHAS FAMILIAS PARA QUE ESTA FESTA FORA MARABILLOSA PARA A NOSA ESCOLA.
TEMOS QUE DAR A NORABOA A GAEL E A JOSE,ALUMNO E EXALUMNO,DA PROFE MARICRUZ,E ÁS SÚAS FAMILIAS,POR SER DÓUS DOS TRES GAÑADORES DO CONCURSO DE MADALLAS. 
A PROFE ESTÁ MOI ORGULLOSA DELES.
JOSE
GAEL
XA SABEDES QUE PODEDES DESCARGAR AS FOTOS NOS VOSOS PCs.
PREMEDE NA FELICITACIÓN DA ESCOLA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA,E VEREDES QUE FESTA MÁIS CHULA.
https://picasaweb.google.com/102622282931362189323/FESTADENADALNAESCOLA2015?authuser=0&feat=directlink
AGORA,A OBRA DE TEATRO,"AÍ VEN PEDRO CHOSCO",DOS NEN@S DE 4ºED. PRIMARIA,SUBIDA A YOUTUBE POR UNS DOS ACTORES,EXALUMNO DA PROFE MARICRUZ.
FIXÉRONNO FENOMENAL!

E AGORA,POR FIN O VÍDEO DA NOSA ACTUACIÓN.

MOITAS APERTAS DE PERECHO,OS NEN@S DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

3 comentarios:

  1. ¡Lo pasaron en grande!. Felices Fiestas (madre de Rodrigo)

    ResponderEliminar
  2. Miña nai querida!!!! Cantas cousas marabillosas fixeron os nenos. Profe, vas ter que facer un taller de manualidades pos país, porque... menuda chulada.
    O baile de Rodolfo sensacional, estaban todos simpatiquisimos. Teremos a cantiga de Rodolfo connosco de por vida, porque polo menos Rebeca a canta hasta durmida jejeje.
    Bo Nadal a tod@s e en especial a ti profe Maricruz.
    Rebeca e familia.









    ResponderEliminar
  3. Canto traballaron os peques no tema do Nadal. A canción de Rodolfo acompañounos todo o mes, foi o tema estrela jaja.¡Que festival máis chulo! Pasámolo xenial, tanto os pais como os nenos. Foi un pracer poder colaborar na festa de Nadal. E como sempre moitas gracias profe por este estupendo blogue. Mónica mama de Xoel. ¡BO NADAL!

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.