O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 30 de abril de 2016

UNHA ENTRADA PARA DÚAS MAMÁS!

 A PRIMEIRA DAS NOSAS MAMÁS É..."MAMÁ CABRA".
Mamá Cabra é o grupo musical pioneiro na creación de espectáculos para a infancia.  Este ano celebran o seu 15 aniversario, unha longa viaxe que nos deixa 12 discos e centos de cancións para saltar, bailar e reflexionar. 
A Área Educativa de Afundación trae nova programación para escolares.
 Do 26 de abril ao 9 de maio chega ao Teatro Afundación de Vigo Mamá Cabra con 15 primaveras, dirixida a escolares de 3 a 6 anos.

Nestas 15 primaveras de existencia, Mamá Cabra consolidouse xa coma unha das bandas de música infantil de referencia. Agora, no seu 15 aniversario, chega para facer un percorrido pola historia do grupo e das súas mellores cancións, nun formato de concerto-teatro no que unha nova Mamá Cabra chega disposta a seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos da xente miúda.
Nós,por suposto ,non nolo poderíamos perder e fixemos a nosa primeira saída.
Estábamos un pouco nervios@s pero moi emocionad@s!
A profe preparounos,durante días,para que soubéramos comportarnos nun tetro,cine...,como ir pola rúa,como viaxar segur@s no bus,etc.
De feito fomos os que millor nos comportamos,de todo o teatro.
 

As profes están orgullosas de nós e deixamos sorprendidos ao resto dos coles e aos acomodadores. Como a profe non empregou flash coa súa cámara de fotos,porque non se debe empregar nin nos teatros,museo,igrexas...,e sempre pedindo permiso para facer fotos,algunhas saíron movidas e,ao millor,con non moita calidade.
Mirade toda a nosa andaina!


Teatro Mamá Cabra.Abril 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 COMO PORTÁMONOS TAN BEN,IMOS REPETIR! 

E AGORA,A NOSA PEQUENA HOMENAXE ÁS NOSAS NAIS.
ESAS MULLERES QUE,CON TANTO ESFORZO,AGARIMO E AMOR INCONDICIONAL,ENTREGAN Á SÚAS VIDAS AOS SEUS FILL@S.
NAI NON É SÓ AQUELA MULLER QUE NOS LEVA NA SÚA BARRIGUIÑA,SENON AQUELA QUE NOS COIDA E ESTÁ NA NOSA COMPAÑA,DURANTE TODA A SÚA EXISTENCIA.
COMO VOLO MERECEDES,QUIXEMOS FACER UN AGASALLO,UN POUCO LABORIOSO,PERO MOI ESPECIAL.
COSTOUNOS MOITO TRABALLIÑO POIS SOMOS PEQUERRRECHIÑOS PERO,PAISANIÑO,PAISANIÑO...FIXÉMOLO.


QUEREMOS QUE O LEVEDES SEMPRE CONVOSCO,NA CASA,NO COCHE,NO PETO,NO BOLSO...E  CADA VEZ QUE MIREDES PARA ÉL,TEÑADES UN SORRISO NA VOSA FACIANA,NOS TEMPOS BOS E NOS MENOS BOS TAMÉN,PORQUE LEMBRAREDES QUE O FIXEMOS SÓ PARA VÓS E CON MOITO AMOR.
OS NEN@S DE RELIXIÓN,COA PROFE MERCE,FIXERON UNHA BONITA POSTAL.
 
MIRADE,CANTO TRABALLO E  ILUSIÓN!


DÍA DA NAI 16. - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 QUE PASEDES UN DÍA ESPECTACULAR!
UNHA APERTA,FORTE FORTE,DOS NEN@DE 3 ANOS E A PROFE MARICRUZ.

6 comentarios:

  1. hermoso el regalo del día de las madres, David no se aguanto y ya me lo dio al llegar a casa, estaba muy ilusionado con su trabajo, y a mi me encanto!!!

    ResponderEliminar
  2. A sua primeira saida. Alegrome un monton que se portaran ben. Rebeca pasouno en grande. Era a primeira vez que ia tanto en autobús coma a un teatro. E viu contentisima. Pero mais contenta viu co seu regaliño do día da nai. E precioso. Encantoume. Gracias profe polo traballo. Seguro que non foi nada sinxelo facer tantos.

    ResponderEliminar
  3. Magnifico profe Maricruz, coma sempre...pero esta vez fixechesme chorar...qué emocionante o que fas cos nenos e nenas... E o regalo foi maravilloso, canto traballiño, eso sí, e por esto ainda estamos mais agradecidas. Encantoume o post! mui lindo... e gracias polas fotos da excursión...Mateo estaba feliz!!!! Bicos da mama de Mateo e parabens como gran mestra e como nai

    ResponderEliminar
  4. GRACIAS POR LAS FOTOGRAFÍAS Y POR EL TRABAJO DEL DÍA DE LA MADRE. RODRIGO CUENTA MUY POQUITO EN CASA PERO CUANDO VEMOS EL BLOG ME VA CONSTANDO LO QUE HACE Y LO BIEN QUE SE LO PASA Y POR SUPUESTO LO MUCHO QUE ESTÁ APRENDIENDO.

    ResponderEliminar
  5. ha sido todo maravilloso!!!! tanto la salida en la que Eiden estaba ilusionadisimo y por el regalo para nosotras las mamis! gracias profe por tan increíble trabajo

    ResponderEliminar
  6. Noraboa polo blogue Maricruz.Nótase tanto que hai moreas de traballo e cariño nel...

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.