O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

domingo, 24 de abril de 2016

ACTIVIDADES DO MES DO LIBRO I.

PREME NA FOTO PARA LER AS ACTIVIDADES.

ALGUNHAS DESTAS ACTIVIDADES FORON XA EDITADAS NESTE BLOGUE E OUTRAS AÍNDA ESTÁN POR REALIZARSE OU POR SER PUBLICADAS.
              VISITA MASCOTA LECTORA RASI.
 FIXO UNHA VISITA AO PRIMEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA E APROVEITOU PARA SAUDAR AOS NEN@S DE ED. INFANTÍL.
GRAZAS,RASI!.
CONTACONTOS DE SILVIA,EXALUMNA DA PROFE MARICRUZ.
"A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERBELLA".
GRAZAS,SILVIA!
CONFECCIÓN DE LIBROS-BIBLIA DOS NEN@S DE RELIXIÓN ,COA PROFE MERCE.
SUPERBONITOS!
6º CONCURSO DE DESEÑO DUN DISTINTIVO
  no que o tema era o Dia do Libro, enmarcado nas OLIMPÍADAS.
 BOA PARTICIPACIÓN POR PARTE DA NOSA AULA.
MAGOA PORQUE HOUBO ALGÚNS DESCALIFICADOS POR NON CUMPRIR AS NORMAS DO FORMATO OU CHEGAR FORA DO PRAZO,PERO TAMEN LEDICIA PORQUE A 
MEDALLA DE OURO 
LEVOUNA UNHA FAMILIA DA NOSA AULA,A FAMILIA DE XOEL.
NORABOA,XOEL!
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E ENTUSIASMO!

DISTINTIVOS DÍA DO LIBRO 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
PADRIÑOS,MADRIÑAS,AFILLADOS E 

AFILLADAS LECTORES E LECTORAS.
 Coma en anos anteriores, esta conmemoración vense enmarcanda polo apadriñamento lector.
Hoxe, despois do tempo de lecer, e por mor do mal tempo, reunímonos todos no ximnasio para conmemoralo.
O acto consiste en que nen@s,dende 3º ata 6º,apadriñan a nen@s de cursos inferiores,elixindo para eles un libro maravilloso que lles van  contar durante uns 15 minutos,aproximadamente. 
Xa levamos algúns anos repetindo esta actividade pois sempre resulta ser moi gratificante para tódolos nen@s en todos os sensos,tanto no fomento da lectura, do contacto e coñecemento mútuo entre os nen@s do centro e o aumento da autoestima e a seguridade persoal dos padriños e madriñas.
Días antes,os nosos padriños e madriñas visitáronnos,na nosa aula,para que os máis pequechos do cole,os coñeceran e tiveran un primeiro contacto.
COMA SEMPRE...UN ÉXITO!


APADRIÑAMENTO LECTOR 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
QUÉDANNOS,AÍNDA,ALGUNHAS ACTIVIDADES A DESENVOLVER QUE, EN BREVE,VOS MOSTRAREMOS NUNHA SEGUNDA PARTE DESTA ENTRADA.
SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS DO EVENTO,PODEDES VISITAR O BLOGUE DE PICOLINDO,DENDE A PARTE ESQUERDA DO NOSO BLOGUE.
MOITAS FELICIDADES AOS XURXOS,JORDIS,JORGES,GEORGES,GEORGINAS... POIS HOXE É O  SEU DÍA.
 E PARA TOD@S,COMO SE FAI EN CANTALUNYA...

 UNHA APERTA DOS NEN@S DE 3 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.

1 comentario:

  1. Que magoa co tempo non acompañara nese día os nenos. E precioso velos sentados fora na herba lendo o libro cos seus padriños e madriñas. O distintivo deste ano precioso, e mais sendo a familia de Xoel quen o fixo. Moitas felicidades polo traballo gañador.
    Unha aperta da nai de Rebeca

    ResponderEliminar

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.