O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

viernes, 27 de mayo de 2011

OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN.

SABEMOS QUE OS MONSTROS SON COUSA DA NOSA IMAXINACIÓN,POR ISO, ADEMÁIS DE TRABALLAR CO CONTO,"O MONSTRO PELUDO",E PASALO FENOMENAL,INVENTAMOS,ENTRE TODOS,UN MONSTRO CHAMADO "TROMPI",PARA ASÍ  DEMOSTRALO.

Nunha cova húmida e gris, no medio duhan escura fraga, vivía un monstro peludo. Era feísimo!. Tiña unha cabeza enorme sobre peciños ridículos, o que lle impedía moverse moito e saír da súa cova.

Así comeza esta aventura que terá como protagonistas ao monstro que, e citando ao editorial, "canso para comer ratos decide probar sorte coas persoas", e Lucila que será a súa primeira victima, aínda que é princesa, resulta un pouco respostona. Ao monstro non lle gusta que lle tomen o pelo, sobre todo porque ten moitos. A princesa, con todo, non ten nin un de boba e está máis que disposta a demostralo.Queres saber que ocorre entre eles?Achégate a esta monstruosa historia e descubrirás un final sorprendente,como o fixeron os nenos/as  de 4 anos cando lles contou o conto a profe Maricruz.

QUEREDES COÑECER CANTOS TROMPIS FIXEMOS?
TANTOS COMO NENOS/AS, COA SÚA IMAXINACIÓN,TEN A PROFE MARICRUZ.
 

DAGORA EN DIANTE,OS NOSOS NENOS/AS NON TERÁN MÁIS MEDO ÓS MONSTROS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.