O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 25 de mayo de 2011

REVISTA ESCOLAR 2.011

COMO TÓDOLOS ANOS,Ó FINAL DO TERCEIRO TRIMESTRE,A NOSA ESCOLA ELABORA UNHA REVISTA ESCOLAR NA QUE FACEMOS UN POUCO DE RESUMO DAS COUSAS MÁIS IMPORTANTES REALIZADAS OU QUE PASARON DURANTE O CURSO .
CADA AULA ELABORA,NESTE CASO,TRES PÁXINAS SOBRE DIFERENTES TEMÁTICAS.
NÓS ELABORAMOS "O SAMAÍN","AS MÁQUINAS QUE AXUDAN A FACER O NOVO COLE" E UNHA ESCOLMA DALGÚNS PROXECTOS LEVADOS A CABO NA NOSA AULA.
AQUÍ TEDES AS NOSAS PÁXINAS.FORON ESCRITAS,CON MOITO TRABALLO,POLOS NENOS/AS DE 4 ANOS E MONTADAS POLA PROFE MARICRUZ.
ESTÁN MOI BONITAS!

(SE QUEREDES MIRAR AS PÁXINAS MÁIS GRANDES,XA SABEDES QUE TEDES QUE PREMER NELAS E LISTO).

AS MÁQUINAS QUE AXUDAN A FACER O NOVO COLE.
O SAMAÍN NA NOSA ESCOLA.
      ALGÚNS DOS NOSOS PROXECTOS DE AULA.

MOI PRONTO RECIBIREDES,NA VOSA CASA UN EXEMPLAR DA NOSA REVISTA.
DARASE UN EXEMPLAR POR FAMILIA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.