O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

miércoles, 15 de febrero de 2012

APRENDE COUSAS SOBRE O ENTROIDO DE VIGO.


O Deus Momo no Vigoentroido

Tódalas cidades teñen algo que fai característico a sua festa do entroido. En Verín teñen os peliqueiros; en Brasil, as grandes comparsas con música, baile e cor;...e en Vigo temos o Deus Momo e a Comitiva Rexia que o acompaña. Este ser mitolóxico, é o centro do noso entroido; o que diferencia o carnaval de Vigo, de tódolos demáis.

O Deus Momo, trátase dun Deus Grego, que representa o espírito de inculpación malintencionada e crítica inxusta. Vai rodeado de seres infernais e da comitiva Rexia.

A sua presenza é o centro do entroido Vigués, toda a festa rodea a este Deus. O cal sempre aparece acompañado do Rei e da Raíña do entroido, e dos paxes reais, os diaños, o que é chamado a Comitiva Rexia; así como dos campesiños do pobo.A festa dura mentres o Deus Momo vive, pero o martes a noite...o Deus Momo sofre un esvaecemento, e despídese de todo o pobo, coas agallas e carácter que os caracterízan; e dando as grazas polo recibimento que a cidade lle ofreceu.
O pobo cunha gran pena e moitas lágrimas, faille un memorial e chora a sua pérdida, recorrendo as rúas de Vigo, para despedir o Deus do entroido e logo enterrar as súas cinzas.
Desta forma, o espírito descansa do Deus Momo descansa tranquilo, ata o entroido seguinte.

QUE É UN MERDEIRO?
Cando chega o Entroido os vigueses transfórmanse en Merdeiros ou cabicheiros. Antigamente, isto facíano os mariñeiros para ridiculizar aos labregos, con quen, ao parecer, tiñan diferenzas. Os mariñeiros asumían a súa identidade imitando as vestimentas dos cabicheiros, persoas do rural que recollían cabiche e baleiraban os pozos negros da cidade para abonar os seus campos. Por iso tentaban imitalos ríndose dos seus comportamentos e das súas roupas: usando o pucho, os símbolos das súas vestimentas e o farol; sempre esaxerando ao máximo o seu comportamento social tremendamente anárquico.
O Merdeiro é maleducado e un pouco violento. Corre, salta e grita co ánimo de asustar á xente, e ademais vai armado dunha vara coa que intenta golpear á xente coa que tropeza. 

Os Merdeiros afacían vagar de xeito improvisado polas rúas da cidade, en solitario ou en pequenos grupos carentes de organización.
 Na actualidade, o Merdeiro é a única figura do entroido urbano en Vigo, e o seu valor antropolóxico é comparable a outras manifestacións moi coñecidas como os Peliqueiros de Laza, as Pantallas da Limia ou os Cigarróns de Verín.


E AGORA DÓUS VÍDEOS SOBRE A RECUPERACIÓN DA FIGURA DO MERDEIRO,NO ENTROIDO DE VIGO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.