O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 18 de febrero de 2012

A NOSA GRAN FESTA DE ENTROIDO.

XA SABEDES TODOS/AS QUE ESTE ANO A NOSA TEMÁTICA FORON AS EMOCIÓNS,E OS NENOS/AS DE 5 ANOS ELIXIRON "A MORRIÑA" COMO SENTIMENTO A TRABALLAR CON MÁIS PROFUNDIDADE.
MIRADE COMO PREPARAMOS O NOSO DISFRAZ DE EMIGRANTES GALEGOS DE PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.

PREPARACIÓN DO NOSO DISFRAZ DE "A MORRIÑA".
E,POR FIN,A GRAN FESTA DA ESCOLA QUE ,GRAZAS O BO TEMPO,FOI ESPECTACULAR.
PASARRÚAS,MERENDA EN BOUZAS DE PAN E CHOCOLATE,XUIZO E QUEIMA DO MECO,LARPEIRADAS DE ENTROIDO E GRAN BAILE.
PASÁMOLO FENOMENAL!
GRAZAS A TÓDOLAS FAMILIAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E ÓS PROFESORES,QUE CO SEU TRABALLO,FIXERON POSIBLE QUE ESTE DÍA FORA INESQUECIBLE PARA TODOS.
ESPERAMOS QUE POR MOR DA CRISE ECONÓMICA NON TERAMOS QUE FACER O MESMO,QUE OS NOSOS ANTERGOS,NESTES TEMPOS TAN MALOS.
TODO ISTO TIVO UNHA FINALIDADE:
QUE OS NOSOS RAPACES E RAPACES VALORARAN O ESFORZO QUE MOITOS DOS SEUS FAMILIARES FIXERON PARA QUE ELES POIDERAN LEVAR UNHA VIDA MILLOR.
GRAZAS ÓS NOSOS ANTERGOS,DE TODO CORAZÓN.
OUTRA FINALIDADE FOI QUE OS PEQUENOS/AS DA NOSA ESCOLA ENTENDERAN MILLOR O SENTIMENTO QUE ABORDA A ALGÚNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS/AS DE OUTROS PAISES,QUE VIÑERON Ó NOSO CO MESMO OBXECTIVO QUE OS GALEGOS E GALEGAS DE ANTES.
FELÍZ ENTROIDO A TODOS/AS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.