O OBXECTIVO DESTE BLOGUE.


ESTE BLOGUE NON PRETENDE SÓ SER UN ESCAPARATE DALGHUNAS ACTIVIDADES QUE SE FAN NA AULA, NIN UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DOS NENOS/AS QUE FORMAN PARTE DESTE BLOGUE,SENON UNHA FERRAMENTA DE TRABALLO DE AULA PARA MELLORAR O NIVEL DOS NOSOS RAPACES/RAPAZAS E OUTRA FERRAMENTA PARA QUE OS PAIS,DENDE AS SÚAS CASAS, POIDAN EDUCAR MILLOR ÓS SEUS FILLOS/AS EN COORDENACIÓN COA ESCOLA E AXUDARLLES A MERGULLARSE NESTE MUNDO APASIOANTE DAS NOVAS TECNOLOXÍAS,"O FUTURO".

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

ESTE BLOGUE,POR DIVERSOS MOTIVOS,PASARÁ A SER UN REPOSITORIO DE RECURSOS PARA TRABALLAR NO AULA E NA CASA,DEIXANDO DE SER ESCAPARATE DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA AULA E NO CENTRO,E REPORTAXES FOTOGRÁFICAS.
SE ALGUNHA DAS FAMILIAS DOS NEN@S QUERE TER TODAS AS FOTOS DAS ACTIVIDADES E DOS SEU FILL@,POÑERASE EN CONTACTO COA PROFE MARICRUZ PARA PODELAS TER SEN SER PUBLICADAS EN INTERNET.
UNHA VEZ SOLVENTADOS OS IMPREVISTOS,VOLTARANSE A FACER PUBLICACIÓNS DE ENTRADAS NESTE BLOGUE.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

XOGA E APRENDE NO NADAL,EN GALEGO,CASTELÁ E INGLÉS.

Se non sabes o significado dalgunha palabra galega...busca no Dicionario da Real Academia Galega

sábado, 11 de febrero de 2012

CONTINUAMOS A PREPARAR O ENTROIDO E O DÍA DOS NAMORADOS.

DURANTE ESTA SEMANA ESTIVEMOS A REMATAR OS NOSOS DISFRACES E A PREPARARNOS PARA AS ORDES DO MECO.
ONTE BAIXAMOS 10 MINUTOS ANTES DA SAÍDA PARA ESCOITAR O MANDATO DESTE PARA O LUNS:
"TEMOS QUE TRAER UNHA CAVEIRA...PINTADA,RECORTADA,PENDURADA,TATUADA..."
COMO QUEIRAMOS,E SE NON OBEDECEMOS...O MECO PODE COBRAR VIDA E A SÚA VENGANZA SERÁ TERRIBLE.
TODOS/AS ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN AS SÚAS ORDES.
NON TE PREOCUPES,MECO,QUE DESPOIS VENGARÉMONOS NÓS DE TÍ POR MANDARICA.
TAMÉN REPARTIMOS O PROGRAMA DE FESTAS ÁS FAMILIAS.
NON ESQUEZADES DE FACER ALGUNHA LARPEIRADA DE ENTROIDO PARA O VENRES, DÍA 17 DE FEBREIRO.

*10:50-BAIXADA AO PATIO PARA FACER AS FOTOS DE GRUPO.
*11:00-SAÍDA EN PASARRRÚAS CARA A ALAMEDA DE BOUZAS.
*12:15-REGRESO AO COLE,ONDE SE FARÁ O XUIZO DO MECO E CONDENA.
*13:00-DEGUSTACIÓN DAS LARPEIRADAS,BAILE E FESTA RACHADA.

OS NENOS/AS DE 5 ANOS,ANTES DO XUIZO,PASARÁN POLA AULA PARA QUITARSE OS DISFRACES E DISFRUTAR DA FESTA MÁIS CÓMODOS/AS.
AS FAMILIAS SE INCORPORARÁN Ó PASARRÚAS FORA DO RECINTO ESCOLAR,AGÁS AS NAIS E PAIS QUE COLABORARON NA CONFECCIÓN DOS DISFRACES ,POIS ESTES AXUDARÁN NA AULA ,A PARTIRES DAS
 10 :00, E VIRÁN VESTIDOS CONNOSCO DENDE O COLE.
SE CHOVE,FARANSE OBRADOIROS DE ENTROIDO NAS AULAS ATA AS 11:30,DESPOIS HABERÁ UN DESFILE POR CURSOS,O XUIZO DO MECO,A MERENDOLA E BAILE NO COMEDOR-SALÓN DE ACTOS,ONDE ,POR DESGRAZA,NON HAI SITIO PARA AS FAMILIAS.

NESTES DÍAS TAMÉN ESTAMOS A PREPARAR O "DÍA DO AMOR".
FIXEMOS UNS BONITOS CORAZÓNS E A FLOR DO AMOR QUE OS NENOS/AS AGASALLARÁN ÁS PERSOAS QUE MÁIS QUEREN NESTE MUNDO.
MIRADE COMO TRABALLAN E QUE CHULAS QUEDARON.

CORAZÓNS E FLORES DO AMOR.
E AGORA UNHA BONITA HISTORIA DE AMOR QUE ENCANTA ÓS NOSOS RAPACES E RAPAZAS.DE SEGURO QUE A VÓS TAMÉN VOS ENTERNECERÁ.


UNA CORAZÓN ENORME,PARA TÓDOLOS NOSOS SEGUIDORES,DE PARTE DE PERECHO E A PROFE MARICRUZ.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

MOITÍSIMAS GRAZAS POLOS VOSOS COMENTARIOS E POR SER SEGUIDORES DO NOSO BLOGUE.UNHA APERTA AFECTUOSA DE PERECHO E OS NENOS/AS DA PROFE MARICRUZ.